Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: usc

hai 4 dias /

Dende este curso, só se poderá matricular na USC por internet

A inscrición presencial ou postal queda limitada, residualmente, ao estudantado de primeiro ano.


3/Xuño/2008 /

Os galegos pagarían para evitar a extinción das cigalas, pero non a das aves mariñas

O estudo de Elena Ojea tenta averiguar o valoración das especies ameazadas, que se identifica co seu valor de uso.


29/Maio/2008 /

A USC publica o código fonte de tres ferramentas lingüísticas

O software, desenvolvido polo departamento de Gramática do Español, pódese empregar para cinco linguas, incluído o galego.


26/Maio/2008 /

O teatro universitario galego, a escena

Doce compañías teatrais formadas nas tres universidades galegas participan na Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que se desenvolve en Compostela.


24/Abril/2008 /

Unha empresa galega deseña as aulas do futuro da USC con pizarras dixitais

A empresa galega Pronor Enxeñeiros presentou a preto dunha trintena de docentes da Universidade de Santiago solucións tecnolóxicas para deseñar as aulas universitarias do futuro, ...


1/Abril/2008 /

Volve a multiculturalidade do Festival Internacional de Teatro Universitario

Dez compañías procedentes de todo o mundo subirán ás táboas en Compostela e Lugo nunha mostra que xa vai pola súa XIV edición.


26/Marzo/2008 /

Verdegaia, a USC e a Consellería de Medio Ambiente presentan o Programa de Préstamo de bicicletas

Verdegaia, a coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificacióna e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, poñen conxuntamente en marcha por segundo ano consecutivo un Programa de préstamo de bicicletas dirixido aos membros da comunidade universitaria tanto no campus de Lugo coma no de Santiago.


10/Marzo/2008 /

Un sistema desenvolvido pola USC ensinará a lingua de xordos na internet

A diferenza doutros cursos, potenciarase a interactividade entre alumnos e profesores.


29/Febreiro/2008 /

O 68 comezou en Compostela

Unha mostra no Colexio de Fonseca lembra o 'maio' galego, que se anticipou dous meses ás protestas nas rúas de París.


19/Febreiro/2008 /

A policía prende un estudante de Historia que participou na protesta contra San Gil

C.C.P é o cuarto alumno da Universidade de Santiago que pasa pola comisaría santiaguesa logo dos incidentes.


16/Febreiro/2008 /

300 mozos piden a liberdade dos estudantes detidos

Os manifestantes concentráronse diante dos locais da policía en Compostela. Para este sábado está convocada unha nova protesta.


14/Febreiro/2008 /

Identificados sete alumnos que participaron na protesta contra a conferencia de María San Gil

Segundo a decana da Facultade de Económicas e Empresariais, Maite Cancelo, só tres fan parte da organización estudantil Agir.


24/Febreiro/2008 /

Cando a historia tamén se reflicte no viño

Xavier Castro e Cristina Alcalá serán os encargados de impartir os dous módulos do taller que afondará no valor deste produto como símbolo identitario do noso país.


13/Febreiro/2008 /

Económicas pide que a USC expulse os estudantes que participaron na protesta contra San Gil

A decana desta facultade presentou denuncia na comisaría e criticou que o reitor non permitise a entrada dos antidisturbios para protexer a presidenta do PP vasco.


29/Xaneiro/2008 /

Astrónomos da USC proban a existencia dun novo planeta extrasolar

Sería a primeira vez na historia que se constata de xeito astrométrico, segundo o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.


19/Xaneiro/2008 /

Organizan o primeiro curso de xornalismo especializado no ambiente

Desenvolverase en Compostela, todos os sábados do 2 de febreiro ao 26 de abril.


4/Decembro/2007 /

A Asemblea Xeral de Estudantes maniféstase contra a privatización da USC

Convocaron unha manifestación que percorreu as rúas da zona vella Compostela, contra a privatización da universidade e a súa introdución no sistema europeo.


20/Setembro/2007 /

Novidades nas axudas aos universitarios para comprar portátiles

Por vez primeira, os alumnos poderán escoller a tenda e o modelo que van mercar coa subvención da Xunta


12/Setembro/2007 /

Un curso de verán céntrase no compositor do noso himno

'Visións de Galiza no centenario de Pascual Veiga (1842-1906)' é o título das xornadas que terán lugar na Facultade de Xeografía e Historia da USC.


6/Setembro/2007 /

En marcha un proxecto para conectarse á rede con enerxías renovábeis

O relatorio sobre o proxecto Belenus é unha das grandes atraccións das Xornadas De Software Ceibe da Universidade de Santiago