Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Medra intensa e progresiva

O quecemento global acaba cunha disputa territorial de case 30 anos

Unha illa na Baía de Bengala que reclamaban para si India e Bangladesh fica mergullada debido ao incremento do nivel do mar.

Redacción - 11:15 25/03/2010

Imaxes do satélite e patrullas mariñas confirmaron que a pequena illa de New Moore (para os indios) ou Talpatti do Sur (para os bangladesís) ficou completamente mergullada polas augas do Océano Índico. Durante case 30 anos, India e Bangladesh disputáronse o control deste illote rochoso na Baía de Bengala.

"O que os dous países non puideron lograr en anos de conversas foi resolto polo quecemento global", segundo declaracións do oceanógrafo Sugata Hazra, profesor na Universidade Jadavpur en Calcuta, recollidas por medios internacionais.

"Aumento alarmante" na última década

Máis alá da anécdota deste anaco de terra do arquipélago Sunderbans de pouco máis de tres quilómetros cadrados, o preocupante é que a Escola de Estudos Oceanográficos do centro está a constatar un "aumento alarmante" do nivel do mar na Baía desde a última década

Até o ano 2000, os niveis do mar subían uns tres milímetros por ano, mais nos dez seguintes a medra foi de cinco. Unha ducia de illas están en risco de desaparecer, algo que provocará entre outras cousas que haxa un importante número de desprazados.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: