Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Moción a prol do galego

Unha delegación do BNG participa en Venecia na Asemblea Xeral da ALE

Na xuntanza, que se organiza cada tres anos, elixirase unha nova Presidencia e a composición da Executiva da formación de nacionalistas europeos.

Redacción - 13:30 25/03/2010

O partido socio da Alianza Libre Europea (ALE) Liga Veneta Repubblica é o encargado de organizar a sétima Asemblea Xeral desta organización política, que agrupa varias formacións nacionalistas da UE, entre outras, o BNG. Na xuntanza, que se organiza cada tres anos, elixirase unha nova Presidencia -que actualmente ocupa a flamenga Nelly Maes- e a composición da Executiva da formación de nacionalistas europeos.

Unha delegación frontista participa na Asemblea, que se desenvolve na cidade de Venecia. Confórmana Ana Miranda, voceira do BNG en Bruxelas e membro da Executiva da ALE; Gonzalo Constenla, responsábel de Exteriores e Migración da Executiva Nacional do BNG; Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova; Xabier Macías, director xerente da Fundación Galiza Sempre; e Camilo Nogueira, ex eurodeputado do BNG.

Intervencións
Entre outras intervencións, Miranda presentará ante o plenario -na que van estar presentes máis dunha trintena de organizacións políticas de toda Europa- unha moción en defensa do galego, pedindo a solidariedade dos partidos da ALE. Tamén Macías, presidente do Centro Maurits Coppieters (fundación da ALE), informará da traxectoria e proxectos desta institución política europea que agrupa dez entidades de diversas nacións sen estado de Europa.


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: