Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Humillación" de Obama a Netanyahu

A Liga Arabe doará 375 millóns de euros para os palestinos de Xerusalén

O acordo chega para contrarrestar a construción de novos asentamentos por parte de Israel, e será ratificado esta fin de semana na xuntanza que se organiza en Libia.

Redacción - 10:35 26/03/2010
A Liga Árabe reúnese sábado e domingo

A Liga Árabe reúnese sábado e domingo

Os ministros de exteriores dos países árabes reunidos na cidade de Sirte, en Libia, acordaron esta quinta feira unha doazón de 500 millóns de dólares (uns 375 millóns de euros) aos palestinos de Xerusalén, co fin de contrarrestar a construción de novos asentamentos por parte de Israel.

A decisión será ratificada polos líderes destes países na xuntanza da Liga Árabe que se desenvolve este sábado e domingo. O conflito en Palestina está previsto que capitalice boa parte do debate. Os medios destacan o efecto de unión que provoca este asunto, máis aínda após as últimas decisións do goberno israelí.


Respecto a esta cuestión, os xornais israelís destacan que a xuntanza desta cuarta feira entre o primeiro ministro Benjamin Netanyahu e o presidente dos EUA, Barack Obama, na Casa Branca supuxo unha "humillación" do segundo cara ao primeiro.

A prensa recolle información filtrada sobre esta reunión, onde supostamente Obama enumerou 13 exixencias ao respecto da política cara aos palestinos, especialmente respecto á construción de novos asentamentos, e reclamou ao seu interlocutor decisións "prácticas", e por escrito, inmediatas.


No entanto, desde o goberno israelí aseguran que, malia existir algunhas diferenzas, chegouse a acordos. En concreto unha "listaxe de entendementos", segundo declarou este venres o portavoz de Netanyahu, Nir Hefez, nunha entrevista na radio Galei Tzahal (que xestiona o Exército).


4.25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: