Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA DE 10 COLECTIVOS ECOLOXISTAS

A Xunta autoriza unha mina a ceo aberto ás portas das Fragas do Eume refugando a lexislación ambiental

Aproba o Estudo de Impacto Ambiental para unha explotación de andalucita, un proxecto que fora rexeitado polo bipartito.

Redacción - 14:05 31/03/2010
Fervenza do Pico Vello (As Pontes)

Fervenza do Pico Vello (As Pontes)

A Consellaría de Medio Ambiente concedeu a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) ao proxecto presentado por Picobello Andalucita para a explotación deste mineral que se emprega fundamentalmente na industria metalúrxica nunha zona próxima ás Fragas do Eume, na parroquia de Goente, no Concello das Pontes.

Hai catro anos, este mesmo estudo (con algunhas modificacións) fora desbotado polo goberno bipartito ao entender que tiña unhas graves consecuencias sobre o parque natural. Agora, a Xunta considera que a iniciativa é “ambientalmente viábel”, polo que a empresa só agarda polo permiso de Industria para comezar o proceso de compra de terreos ou expropiacións.

Rexeitamento dos ecoloxistas
Os colectivos Adega, Club de Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Federación Ecoloxista Galga, Fusquenlla, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia manifestaron xa a súa “absoluta oposición” ao proxecto, ao que se se opuxeran en 2007, por “supoñer a destrución do nacemento do Río Belelle e afectar gravemente ao Parque Natural”.

Explican que a DIA “está chea de erros e incongruencias” e non contén modificacións significativas co proxecto rexeitado polo anterior goberno e lamentan que a Xunta “pase agora por riba da lexislación ambiental, tanto autonómica como estatal e comunitaria”.

Afeccións no medio ambiente
Sosteñen que os perigos ambientais “seguen presentes no proxecto” que, de levarse a cabo, suporía a “destrución definitiva e irreversíbel do nacemento do Río Belelle”. Explican que non se cumpren os requisitos legais (Real Decreto 2857/78 que aproba o Regulamento Xeral para o Réxime da Minaría) que dispoñen que non se poden levar a cabo este tipo de actuacións a menos de 100 metros de nacementos de auga, canais ou fontes públicas. En consecuencia, vaticinan graves afeccións sobre a calidade das augas bombeadas do río, que abastecen os concellos de Neda e Ferrol.

Denuncian tamén que a mina a ceo aberta afectara a un refuxio dunha flora e fauna dunha grande riqueza, nalgúns casos como o do felgo macaronésico, especies que están ameazadas en Galiza. Asemade, subliñan que a zona de explotación se sitúa “xusto sobre unha fraga autóctona”, de máis de 25 hectáreas, que tamén desaparecería.

Finalmente, recordan que o Monte Fontardión, ao pé do que se situará a explotación, é o único corredor ecolóxico entre o Parque natural das Fragas do Eume e o Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro e que a aprobación desta DIA entra en conflito coa proteccción, conservación e mellora do río (prevista na Lei 5/2006 de 30 de xuño).


4,84/5 (25 votos)

Comentarios (19)

AntonCorsario #1 31/Marzo/2010 AntonCorsario
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

dalle!!

Tutti #2 31/Marzo/2010 Tutti
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Xa comezan a facerse patentes as consecuencias de unir as consellerías de Medio Ambiente e Territorio e Infraestructuras.
Esta consellería tal e como está, case sempre vai acabar beneficiando ás empresas e nunca ó medio ambiente e á natureza.

naciongalega.blogspot.com

bruno22 #3 31/Marzo/2010 bruno22
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Esto é um escándalo. Encoro na Fonsagrada, valeirado do Sil e agora esta leria!
estamos falando de danos irreversíveis! nom pode ser que esta gente dane tanto e por tanto tempo o territorio.
Imos a arrepentirnos anos despois, como pasou coa lagoa de Antela, có encoro do Jalhas ou do Umia?. Há que fazer algo, há que evitar umha política de feitos consumados.

Xarope #4 1/Abril/2010 Xarope
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#3

BOoooOOUUUUUUMMMMmmmM !!!!

lura #5 1/Abril/2010 lura
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Resistencia activa

Xarope #6 1/Abril/2010 Xarope
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Rega.

(somos todos).

molondron #7 1/Abril/2010 molondron
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ao xulgado, logo, coa denuncia, xa!!! A darlle unhas boas labazadas nos morros á Xunta e á empresa consesionaria!!!

cachamuina #8 1/Abril/2010 cachamuina
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O Concello das Pontes, cando gobernaba o BNG con maioría absoluta e sendo alcalde Vitolo apoiou esa mina de andalucita

Gamela00 #9 1/Abril/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Polo que se ve aquí todos andan metidos en negocios, e sen dúbida aquel berro que tan criticado foi na anterior lexislatura tiña e ten moita verdade: Goberne quen goberne, Galiza non se vende !

Pero algúns xogaron (e siguen xogando) ao dobre raseiro de medir, e lamentablemente só temos UNHA TERRA e non dúas, tres ou catro segundo os intereses de cada quén.

Cando legalizaron a Canteira da Campa-Santa Eufemia (Folgoso do Courel) todo dios mirando cara outro lado... e mesmo tratando de xustificar que O Courel era unha zona deprimida e que precisaba fixar poboación destrozando coas louseiras todo o noso territorio!

Daquela o Pachi Vázquez legalizou o que nin Fraga se atrevera a legalizar... e agora estes sacacuartos seguen o camiño que outros abriron coa puta Lei da Minaría de Galicia (lembrades?).

http://maps.google...

Disque a UNIÓN fai a forza, pero en Galiza seica cada quén anda por "libre" facendo "políticas miserentas" que só benefician aos partidos mentres esmagan o territorio e ás xentes que vivimos nel.

O camiño é Bruxelas, o triste camiño da "emigración xurídica" ante a Comisión Europea e DENUNCIAR (coma fixo SOS COUREL) os delitos contra o Patrimonio Natural que estes "Galegos VISA ORO" pretenden perpetrar co consentimento tácito deses outros "Galego VISA ELECTRÓN".

Goberne quén goberne Galiza Non Se Vende !

Antes, agora e SEMPRE !!!

http://soscourel.blogspot.com

Gamela00 #10 2/Abril/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Por se alguén ten interese en refrescar a súa MEMORIA deixo aquí a "participación cidadá" recollida cando -os que agora rachan as vestiduras- "perpetraron/tramitaron" o denominado eufemísticamente "Proxecto de lei de ordenación da minaría de Galicia".

http://www.parlamentodegalicia...

Rouban a Terra mentres viven coma señoritos !!!

AfonsoDaniel #11 3/Abril/2010 AfonsoDaniel
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Segundo lin na prensa, o malestar dos empresarios involucrados co anterior bipartito viña polo silencio administrativo. O lóxico sería que o Sr.Vázquez, daquela conselleiro de medio ambiente, emitira informes negativos e se desestimara definitivamente a concesión. En vez diso, paralizouse a tramitación ata agora, en vistas de aprobala cando non houbera oposición social ou, como neste caso, cando chegara a alguén ao poder ao que lla trae frouxa que alguén se opoña ou non. Agora pagamos por non deixar as árbores entitoradas (lei do solo, lei de minaría, decreto eólico, lei de normalización, todas do PP e non tocadas mentras se puido).

Gamela00 #12 3/Abril/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cómpre suliñar que o 'artista do funambulismo político' Pachi Vázquez non é que deixara as árbores sen entitorar, senon que aproveitouse da súa Consellería de Medo-Ambiente (sic) para LEGALIZAR vía "informe favorable de impacto ambiental" a Canteira da Campa (ilegal dende os tempos de Fraga!) ¿alguén podería explicar este comportamento?

Agora temos que roer polos seus amaños sentenzas contraditorias sobre os mesmos temas no TSXG - a río revolto...- unha contra do recurso presentado por SOS COUREL e outras sen tanta repercusión medioambiental a favor da Xunta de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/l...

En resumo daqueles polvos, estes LODOS !!!

Gamela00 #13 4/Abril/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Algún experto en informática poderíame explicar o fallo que aparece no enlace ao Parlamento de Galicia ? Ou é só un fallo no meu ordenador?

http://www.parlamentodegalicia...

Desexo comprobar ata onde son capaces de chegar os "censores" nesta cuestión "a ceo aberto".

Grazas.

Cuevillas #14 4/Abril/2010 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aquí todo dios quere un anaco de tarta. Unha boa ración de COMISIÓNS. Así Carlos Negreira ten máis cartos para os restaurantes de luxo.

Gamela00 #15 5/Abril/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#13

Respiro tranquilo ao comprobar que foi un fallo temporal do Servidor do Parlamento de dous días. Nada que estaban de Semana Santa, volve funcionar con normalidade. Amén.

Gamela00 #16 5/Abril/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Máis información sobre o que entenden algúns cumprir coa "lexislación ambiental" na nosa Terra!

http://blogs.rtve.es/escarabaj...

Goberne quén goberne Galiza Non Se Vende !

Antes, agora e SEMPRE !!!

Xarope #17 6/Abril/2010 Xarope
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#12

Traduzo a última frase: "DE AQUELLOS PULPOS, ESTOS BARROS" (????!!)

Caralhudo: salvamos o Meio, escaralhamos a Língua ..

Plasplasplas !!!

marinheiro #18 8/Abril/2010 marinheiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E agora qué? pregúntolle aos ecoloxistas de salón que tanto loitaron contra o bipartito. E agora qué?. Estades mais contentos co goberno neofascista, retrógado e antigalego do Partido Popular? E agora que...

Gamela00 #19 14/Abril/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu tamén me preguntei daquela que facían algúns "ecoloxistas" no salón do conselleiro de medo-ambiente cobrando subvencións... Seica eles sí tiñan as cousas máis claras entón... ¿e agora que facemos co Courel?

Cada pau aguante a súa vela !!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os ecoloxistas consideran que a mina tamén suporá a perda de valores culturais e antropolóxicos, como os que representan muíños, rueiros ou soutos
Os ecoloxistas consideran que a mina tamén suporá a perda de valores culturais e antropolóxicos, como os que representan muíños, rueiros ou soutos
Outro testemuño antropolóxico son os acuedutos ou regadíos
Outro testemuño antropolóxico son os acuedutos ou regadíos
Imaxes: Fusquenlla
Imaxes: Fusquenlla