Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis aló das 200 millas estabelecidas

O Estado avala na ONU a estensión da plataforma continental fronte a Galiza

Unha delegación presenta un informe técnico que ampara a reclamación efectuada en 2009 sobre os fondos mariños galegos.

Redacción - 11:30 08/04/2010
Reclamacións de 2009 (ampliar)

Reclamacións de 2009 (ampliar)

Unha delegación do goberno español presentou esta cuarta feira na sede da ONU, en Nova York, un informe técnico que avala a reclamación efectuada en 2009 sobre os fondos mariños galegos máis aló das 200 millas recoñecidas até o de agora como zona exclusiva.

A misión explicou nun comunicado que a presentación ante a Comisión de Límites da Plataforma Continental consistiu en mostrar os resultados das investigacións científicas iniciadas en 2005 a bordo do buque oceanográfico Hespérides, entre Galiza e Irlanda, en profundidades de até 5.300 metros.

Os 24 expertos internacionais que integran a Comisión determinarán os pasos posteriores que se adoptarán para analizar a proposta. Máis de medio cento de países presentaron solicitudes para ampliar as súas plataformas continentais, en conformidade coa Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar.

Normativa internacional

O tratado dispón que un estado con ampla marxe continental pode estabelecer o límite da súa plataforma continental máis aló das 200 millas sempre que, a partir de estudos técnicos e científicos, demostre que esa extensión é prolongación natural do seu territorio baixo o mar.

Varias institucións estatais colaboraron na elaboración do informe: entre outros, o Ministerio de Asuntos Exteriores, o Instituto Xeolóxico e Mineiro, o Instituto Español de Oceanografía e a Comisión de Coordinación e Seguimento das Actividades dos Buques Oceanográficos.


4.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: