Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Guerra e hipocrisía

'Auga pura no mundo' (agás no Vietnam)

Vítimas vietnamitas do Axente Laranxa critican a campaña promovida polas compañías químicas estadounidenses Dow e Monsanto, fabricantes do tóxico como arma.

Redacción - 10:30 14/04/2010
As vítimas piden xustiza

As vítimas piden xustiza

A Asociación Vietnamita de Vítimas do Axente Laranxa/Dioxina (VAVA) mostrou esta semana o seu rexeitamento á campaña Auga pura no mundo, que promoven as compañías químicas estadounidenses Dow Chemical e Monsanto.

Precisamente son estas dúas empresas que produciron entre 1961 e 1971 o herbicida contaminado con tetraclorodibenzodioxinas (TCDD) para o seu uso como arma química polos EUA durante a Guerra do Vietnam, aínda que coñecían os seus efectos mortais para a saúde humana.

VAVA condenou especialmente a "actitude hipócrita" de Dow por promover a purificación da auga no mundo e, porén, rexeite limpar os sitios contaminados polo Axente Laranxa en Vietnam. Ademais, pediu que a comunidade internacional exixa ás compañías que indemnicen os afectados.

Delegación nos EUA
Neste senso, unha delegación representante das vítimas inicia esta cuarta feira un roteiro por varias cidades dos EUA para promover o apoio público ás vítimas. O programa realízase coa cooperación da asociación de veteranos de guerra estadounidenses Veterans for Peace.


4.33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: