Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións no Reino Unido

Os 'tories' volven renegar do euro e prometen unha "lei de soberanía"

"Un goberno conservador nunca o introduciría, prometen os de David Cameron, que se opoñen ademais á federalización da UE.

Redacción - 12:30 14/04/2010
Cameron, co documento este martes

Cameron, co documento este martes

O Partido Conservador de David Cameron fixo público un manifesto electoral de 130 páxinas onde recolle entre outras cousas a súa determinación para que a libra esterlina non sexa substituída polo euro, e outra serie de medidas destinadas a afianzar a soberanía do estado fronte á UE.

"Un goberno conservador nunca introduciría o Reino Unido no euro. A nosa emenda á lei de 1972 evitará que ningún futuro goberno o poida facer sen un referendo", sinalan nun dos apartados do texto presentado este martes.

Os tories consideran que "é máis útil para os intereses británicos formar parte como membro da UE". Isto é, "a través da asociación" e non da progresiva federalización que consideran contempla o Tratado de Lisboa -acordo co que discrepa profundamente o partido.

Soberanía británica

De chegaren ao poder logo das eleccións do 6 de maio, os conservadores británicos -din- aseguraranse de que o episodio "vergoñento" da ratificación do Tratado de Lisboa sen un referendo "non poida volver pasar nunca máis".

Ademais, sinalan que calquera nova transferencia de competencias estará suxeita a consulta popular, e prometen a aprobación dunha "lei de soberanía" que deixe claro que a "autoridade última" reside no parlamento británico.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: