Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións na Universidade de Vigo

'Eu X Tano Mato'

O equipo de Salustiano Mato, candidato a reitor, lanza unha campaña baseada no humor e orientada á internet. A empresa Rei Zentolo encargouse do deseño gráfico.

Redacción - 18:00 10/05/2010
'Somos quen', lema de campaña

'Somos quen', lema de campaña

O equipo de Salustiano Mato, catedrático de Zooloxía na Universidade de Vigo e candidato a reitor, acaba de lanzar unha campaña cando menos orixinal. Centrada arredor da web euxtanomato.com ('Eu por Tano -como é coñecido familiarmente- Mato'), procura o contacto co estudantado a través da internet, utilizando a linguaxe audiovisual e baseándose no humor.

Alternativa Universitaria, candidatura de Mato, encargou o deseño gráfico da campaña á empresa pontevedresa Rei Zentolo, coñecida polos seus deseños de camisolas baseados na arte popular. A web xoga coa idea dun club de fans virtual, que irá recollendo en vídeo os testemuños de persoas (de ficción) que senten admiración polo candidato.

As pezas audiovisuais, un total de cinco, foron elaboradas por estudantes da licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo. O primeiro xa se pode consultar e representa unha amante de Mato que asegura que o candidato, alá onde vai, deixa satisfeito a todo o mundo.

A campaña, informan desde o equipo de campaña, completarase coa edición de camisetas, chapas e autocolantes coa imaxe que acompaña esta información e que serán distribuídas entre os estudantes durante o transcurso da campaña.


3.3/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: