Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
17-M

Na rede, tamén queremos galego

O blogomillo recolle vídeos, fotografías e opinións sobre a manifestación no Día das Letras a prol da nosa lingua.

Redacción - 14:00 18/05/2010


Unha vez máis, a rede demostrou estar ao carón da actualidade no Día das Letras. Ao fío da manifestación que en Compostela reuniu a milleiros de persoas rexeitando novamente o decreto do “plurilingüismo” e reivindicando a Uxío Novoneyra, o blogomillo súmase á defensa do galego recollendo imaxes, vídeos e análises sobre a xornada.

O levantador de minas, por exemplo, achéganos unhas pezas de vídeo que amosan o concorrido das rúas compostelás: 100 mil corazóns na defensa do galego, titula a súa crónica audiovisual. Tamén a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística se fai eco da noticia e, en concreto, a equipa do Instituto de Foz súmase cunha nova montaxe audiovisual no seu blog xameentendes. Unha recompilación das imaxes publicadas na prensa ofrécenos a equipa de Ferrolterra, Mil primaveras máis para a nosa lingua.

No blog de Flores Versadas podemos ler a Letanía de Galiza, unha das pezas de Novoneyra máis reivindicadas neste día: “De tanto calar, xa falo solo”. Ao tempo, en Iniciarte toman man do Carrabouxo para reivindicar a galeguidade ao 100%, Galizauberalles2 reflexiona sobre unha necesaria mudanza de estratexia no seu blog sobre política e lingua e Milprimaveras achega unha novidosa Mensaxe institucional para o Día das Letras. Tamén podemos ler en echeoquehai unha análise da nota de prensa que este martes enviou o PPdeG ao respecto da manifestación, chea de grallas.

O Día das Letras tamén tivo presencia alén dos medios de comunicación galegos. Así, por exemplo, o xornal catalán Nationalia reflicte a información co titular: Nova multitudinària jornada de reivindicacions a favor de la llengua a Galícia.


4.85/5 (27 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: