Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alimentos transxénicos

Evo Morales descúlpase cos homosexuais

"Ás veces as nosas mensaxes son terxiversadas e, de xeito moi sincero e responsábel, se se entendeu mal pido desculpas", subliñou.

Redacción - 11:00 19/05/2010

O presidente de Bolivia, Evo Morales, pediu desculpas esta cuarta feira aos homosexuais se as súas palabras sobre o consumo de produtos transxénicos se entenderon mal, e considerou que foi "mal interpretado".

En declaracións a RNE, Morales referiuse á polémica xurdida cando vinculou alimentos transxénicos coa homosexualidade e destacou que a súa obriga é "informar, educar e orientar", e, polo tanto, subliñou que os Estados deben "acabar cos produtos transxénicos se fose necesario polo ben da saúde da poboación".

"En relación co tema dos homosexuais, nunca fixen referencia e fun mal interpretado", engadiu, antes de indicar que "hai homosexuais que traballan no Estado, en Palacio (de Goberno)" e salientar que "todos temos os mesmos dereitos". "Ás veces as nosas mensaxes son terxiversadas e, de xeito moi sincero e responsábel, se se entendeu mal pido desculpas", subliñou.


4.53/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: