Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conferencia en Nova York

O Dalai Lama declárase marxista, mais valora o capitalismo chinés

"O marxismo ten principios morais, mentres que o capitalismo só procura como facer beneficios", sinalou.

Redacción - 11:30 22/05/2010
O Dalai Lama, de 74 anos

O Dalai Lama, de 74 anos

O Dalai Lama afirmou que, a pesar de acreditar nos beneficios que o capitalismo trouxo a China, o país comunista que o exiliou, segue a se considerar a si mesmo marxista. "O marxismo ten principios morais, mentres que o capitalismo só procura como facer beneficios", sinalou o líder espiritual tibetano nunha das conferencias que está a dar esta semana en Nova York.

Por outra banda, segundo informan os medios estadounidenses, os discursos do Dalai Lama estiveron tinguidos dun espírito optimista en xeral. Así, por exemplo, afirmou que cría que o mundo se estaba a converter pouco a pouco nun lugar máis amábel e unido.

Os movementos contrarios as guerras, os esforzos da comunidade internacional para axudar os damnificados polo terremoto de Haiti ou a elección de Barack Obama como o primeiro presidente negro nun país até hai pouco profundamente racista son "claros signos de que os seres humanos se están a tornar máis maduros", argumentou.


3.83/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: