Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMO MÍNIMO

Dez mortos no ataque de Israel á frota humanitaria de axuda a Gaza

Membros do convoi aseguraron que os soldados israelís abordaron os seus barcos dende helicópteros e lanzaron disparos malia amosar bandeiras brancas.

Redacción - 10:00 31/05/2010
Cartaz da iniciativa humanitaria

Cartaz da iniciativa humanitaria

Polo menos dez persoas morreron e 30 resultaron feridas na madrugada do luns nun asalto israelí contra un dos barcos que forman parte da chamada “Frota da Liberdade”, un convoi humanitario integrado por seis barcos con 10 mil toneladas de axuda humanitaria para Gaza. O propio exército de Israel xa confirmou a cifra de dez mortos, porén outros medios xa falan de que o número de vítimas mortais podería ser maior.

Membros da frota humanitaria aseguraron que os soldados israelís abordaron os seus barcos dende helicópteros e lanzaron disparos para reprimir os tripulantes, se ben estes amosaban bandeiras brancas. Con todo, a versión israelí di que os comandos comezaron os disparos despois de seren atacados. O movemento palestino de Hamas denunciou que a armada israelí interceptou a frota en augas internacionais a máis de 150 quilómetros da costa de Gaza, unha versión que non foi confirmada polo goberno israelí.


4.57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: