Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Asalto israelí á Frota da Liberdade

Perden contacto radiofónico co 'Rachel Corrie', que navega cara a Gaza

"Non sabemos onde se atopa. Supomos que Israel interferiu o sistema" do barco irlandés.

Redacción - 09:35 04/06/2010
O barco irlandés 'Rachel Corrie'

O barco irlandés 'Rachel Corrie'

"Non sabemos onde se atopa. Supomos que Israel interferiu o sistema"."Non sabemos onde se atopa porque perdemos o contacto radiofónico co barco. Supomos que Israel interferiu o sistema", declarou a axencias internacionais Audrey Bomse, avogada de Free Gaza, unha das organizacións que forma parte da expedición.

O goberno israelí ameazou con dar unha resposta similar á vivida pola Frota da Liberdade se os pasaxeiros do Rachel Corrie, entre os que se atopa a premio Nobel da Paz Mairead Maguire e o ex vicesecretario xeral da ONU, Denis Halluday, non acceden a atracar no porto de Ashdod deixando en mans de Israel a súa carga humanitaria.

A pesar de que o diario Haaretz anunciaba na súa edición desta cuarta feira como "inminente" unha solución diplomática, Bomse desmentiu negociacións con Israel e asegurou que só están dispostos a deixar entrar no barco a inspectores da Cruz Vermella ou da ONU, nunca israelís "porque poderían colocar armas no barco".

Aínda que a súa credibilidade vive as súas horas máis baixas, Israel negocia co seu aliado estadounidense para que non se constitúa unha comisión internacional independente para investigar o asalto.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: