Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Posíbel anuncio este verán

Novo cesamento de fogo da ETA a curto prazo?

A recente detención do líder da ETA supostamente reticente á vía política, facilitaría un proceso liderado por referentes abertzales como Usabiaga.

Redacción - 10:30 04/06/2010

O recente debate entre as bases da esquerda abertzale, co apoio masivo á chamada proposta de Alsasua ou o compromiso en Bruxelas de catro premios Nobel da paz en favor da resolución do conflito, daría froito en breve prazo nun posíbel cesamento do fogo da ETA, segundo informa esta sexta feira o diario El País.

Os reproches da esquerda abertzale á ETA censurando que actúe como obstáculo para a loita en favor dos obxectivos políticos tería un novo chanzo esta mesma fin de semana cun acto do sindicato LAB en Pamplona. Segundo o diario madrileño, neste acto convocado en protesta pola reforma laboral, os líderes sindicais do contorno abertzale aproveitarían para subliñar a necesidade de que o traballo do independentismo non se vexa afectado pola ETA. As mesmas fontes aluden a pronunciamentos posteriores da esquerda abertzale nas próximas semanas coa meta de conseguir este verán unha declaración de cesamento do fogo por parte da ETA. O mesmo xornal xa se referira en días pasados á detención de Mikel Carrera, suposto último líder da ETA, como chanzo clave en favor do proceso deseñado pola esquerda abertzale.


5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: