Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÉXITO DA CONVOCATORIA

Fóra a roupa e arriba as bicis!

Unhas 30 persoas percorreron espidas e en bicicleta varias rúas da Coruña para propoñer un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo.

Redacción - 18:20 12/06/2010

“Porque a bici é un medio de transporte que nos libera, liberémonos tamén das nosas roupas!”. Así berraron unha trintena de persoas na Praza de María Pita, na que deron lectura ao manifesto da cuarta edición da Marcha Ciclonudista da Coruña. Espidas e montadas en bicicleta percorreron despois varías rúas do centro, reclamando unha cidade máis ecolóxica e máis respectuosa co nudismo.

“Propoñemos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces”, di o manifesto deste ano. Esta mobilización coincide coa sétima manifestación ciclonudista mundial e celebrouse en diferentes cidades de todo o mundo.


4.91/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: