Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CINCO MESES DESPOIS DO PRIMEIRO AUTO

A Audiencia de Pontevedra ratifica o peche da web de AMI

O tribunal confirma a sentenza anterior que consideraba que o vídeo 'Vilingüismo', denunciado por Galicia Bilingüe, podía constituír un delito.

Redacción - 13:59 26/06/2010
Tags: AMI peche web
Imaxe do vídeo da polémica

Imaxe do vídeo da polémica

O pasado 5 de febreiro o Xulgado de Instrucción número sete de Vigo ordenou o peche da web da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) e a retirada inmediata do vídeo de debuxos animados 'Vilingüismo', onde se narraba a historia dunha vila que era invadida por un grupo de alieníxenas que tiñan como misión acabar co galego e impoñer o castelán. Agora, a Audiencia Provincial de Pontevedra vén de desestimar un recurso de apelación e confirmar a sentenza do xulgado vigués.

O vídeo chegou diante dos tribunais despois de que o colectivo Galicia Bilingüe denunciase que o traballo de animación incitaba a violencia e a atacar a membros da mesma asociación. O xulgado fixo caso da denuncia e sinalou nun auto que o vídeo podía ser “constitutivo dun delito relativo ao exercicio dos dereitos fundamentais e liberdades públicas e de delito de ameazas e de coaccións".

Ao non poderse establecer a autoría do polémico vídeo nin os responsábeis últimos da páxina, os tribunais decretaron a retirada do traballo da rede e a clausura da páxina independentista.


3.08/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: