Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Memoria histórica?

Para o goberno español, Ferrol segue a ser "do Caudillo"

O BNG pídelle explicacións ao Ministerio de Ciencia e Innovación pola utilización da toponimia "Ferrol do Caudillo" nunha carta dirixida á Universidade da Coruña.

Redacción - 10:30 04/07/2010
Antiga postal (clique para ampliar)

Antiga postal (clique para ampliar)

O BNG pediulle ao Ministerio español de Ciencia e Innovación explicacións pola utilización da toponimia "Ferrol do Caudillo" nunha carta dirixida á Universidade da Coruña, segundo anunciou este domingo a formación frontista.

Nunha iniciativa parlamentaria, o BNG sinala que o Ministerio de Ciencia e Innovación remitiu unha carta datada o pasado 7 de xuño cunha resposta á Vicerreitoría de Ferrol da UDC relativa ao pago duns intereses dun préstamo na que alude á cidade cunha toponimia "ilegal".

"Como é posíbel que a estas alturas o Ministerio utilice unha denominación toponímica acuñada polo réxime ditatorial de Franco?", pregunta o portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera. "Resulta inadmisíbel que a estas alturas, con máis de tres décadas de democracia, o Ministerio de Ciencia e Innovación utilice unha denominación toponímica creada polo réxime franquista para salientar a procedencia do ditador Franco", engade.

A formación nacionalista considera que esa denominación, en lugar da oficial de Ferrol, constitúe unha "falta de respecto", máis debido á "connotación ideolóxico-política antidemocrática", e por iso reclámalle ao goberno español que "corrixa urxentemente este tipo de actitudes".


4.78/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: