Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
EN SINAL DE PROTESTA

Os pilotos galegos non participan no Campionato de España de Motocross

Nun comunicado lamentan o recorte nos premios mentres se mantén o pago dos mesmos custes por tomar parte na carreira.

Redacción - 11:01 22/07/2010
Manu Rivas conta con sete Campionatos de España en supercross e un Campionato de Europa de Motocross

Manu Rivas conta con sete Campionatos de España en supercross e un Campionato de Europa de Motocross

Adrián Garrido, Manu Rivas, Máxime Lesage, Álvaro Lozano, Xavi Hernández, Delatorre, Millán, Ricardo Costas, Javier Fernández e Román Pérez. Estes son os pilotos de motocross e supercross galegos que asinan un comunicado no que anuncian que non tomarán parte no Campionato de España das súas disciplinas.

Protestan así contra a redución dos premios, que piden que se manteñan, cando menos, á altura do ano pasado. Se ben apuntan que entenden, pola situación de crise, que non se aumente a cantidade económica coa que se premia os gañadores, denuncian que, pola contra, o pago dos dereitos para poder participar na carreira seguen a ser os mesmos.

Lamentan así que sexan os pilotos os que teñen que afrontar a situación económica pagando o mesmo por participar mais recibindo menos por gañar. Asemade, aseguran que xa non hai marcha atrás e subliñan que en anteriores edicións destas probas chegaron a reunir a máis de 10 mil seareiros, boa proba da afección que esperta o deporte do motor.


4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: