A pouco máis dun mes da celebración dos comicios municipais, o debate arredor do voto da emigración galega acrecentase en intensidade e mesmo en profundidade. Non é casual, xa que estamos a falar dun voto, o da diáspora, con peso específico no cenario político e electoral do país, con máis de 300.000 electoras/es, o que representa arredor do 12% do censo electoral total de Galiza. A relevancia do voto emigrante significase inda con máis forza se cabe, en concellos onde representa o 30% do eleitorado.
A falta de garantías no exercicio democrático do voto, denunciadas sistemáticamente polo BNG, e intermitentemente (segundo quen ocupe o governo central, é dicer, segundo quen controle toda a maquinaria diplomática e consular) por PSdG-PSOE e PP, define esta cuesitón como un asunto crucial.
O "paradoxo" electoral ao que con atino referiuse recentemente nunha entrevista neste medo Carlos Aymerich, voceiro do Grupo Parlamentar do BNG no Parlamento de Galiza, produce disfuncións inasumíbeis: mentras que máis de 15.000 mariñeiros da pesca de altura, ou da mariña mercante, vense impedidos, de facto, para executar o seu direito ao voto, e mentras calquer galega/o da emigración intraestatal (onde hai relevantes colonias galegas afincadas en Canarias, Madrid ou Barcelona) perde non só o seu direito como elector/a senon que ademáis perde calquer vinculazón administrativa con Galiza no momento mesmo de empadroarse noutro concello (requisito sine qua non para cuestións tan fundamentais como a escolarización de fillas/os, o uso de servizos municipais...), os 312.000 galegas/os residentes no exterior, segundo o CERA, teñen garantido o seu direito ao voto.
Fique claro, que non estou a cuestionar o dereito a voto da diáspora. No caso da comunidade emigrante galega,pola súa estreita e intensa relación coa terra nai, e inda máis,pola súa demostrada intención proactiva de participaren da vida política do país, negarlle ese direito, ao meu ver sería un exercicio de grave irresponsabilidade. Se por algo se distingue á emigración galega é polo seu firme mantemento no relativo á identidade, e na súa afirmación constante da galeguidade.Obviamente non se trata de darlles de lado, nen moito menos, porén é necesario regulamentar a súa participación electoral en base a un duplo obxectivo básico.
En primeiro lugar, o voto do exterior debe ter as mesmas garantías que o voto interior, iso é garantir que o voto sexa persoal, libre e segredo e en urna, cuestión que actualmente non só non fica garantida senon que ofrece fundadas dúbidas arredor da limpeza dun proceso claramente manipulábel.
E en segundo lugar, debemos ponderar, dandolle unha proporción máis equilibrada ao voto da emigración. Non é razoábel que un 30% de electores nun concello no que hai moito tempo que non viven, detemrine o resultado da elección dun governo municipal que xestionará a vida municipal do restante 70% os 365 días do ano.
Existen fórmulas no presente que noutros países compatibilizan a necesaria participación da comunidade nacional residente no exterior cun sistema de estrictas garantías democráticas e de proporcionalidade. Como apuntaba Aymerich no Portugal por exemplo non poden participar nas Autarquicas, mais sí nas lexislativas. En Italia, cunha importante emigración, establecen unha especie de circunscrición específica para o voto exterior, asignandolle 6 senadoras/es e 12 deputadas/os. Son fórmulas a ter en conta, non para importalas miméticamente, pero si para coñecermos outros cenarios e respostas a situacións semellantes, de cara a atopar unha solución de noso.
Os grupos parlamentares do BNG e do PSdG, a inicitativa dos nacionalistas, acaban de manifestar publicamente a súa intención de acometer a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREX).É un primeiro paso en positivo, pero o que debe ficar claro, inda que ao PSOE lle doa ter que renunciar á vantaxe que supón controlar o governo central, é que non podemos permitirnos nen un só retraso máis neste asunto, que xa é unha cuestión de hixiene e garantía democráctica. Non é asumíbel en termos democráticos que se celebre nen unha soa convocatoria electoral máis, após das municipais, nesta situación.
Na misa liña do artigo unha voz da diáspora fai unha reflexión semellante. No link:
http://invavagalumes.blogspot.com/2007/03/dispora-saquia-de-votos.html
Saúdos dende a diáspora manipulada.
Suso Mon.
"Non é razoábel que un 30% de electores nun concello no que hai moito tempo que non viven, detemrine o resultado da elección dun governo municipal"
Non é que sexa razoábel ou non... é que é imposible que o 30% determine o resultado! Seica sempre se nos esquecen as matemáticas básicas cando falamos dos emigrantes, ou?
Abonda xa de manipulacións!! >:-(
en Fillos estamos a favor desa circunscrición de noso, como hai uns días defendemos nun debate en RadioVoz e podedes ler en PlanetaGalego.info:
http://www.degalicia.org/planeta-galego/index.php?name=News&file=article&sid=294
Pois mira, casdeiro, é perfectamente posíbel que o 30% determine o resultado, ademais de matemáticas cómpre saberse a lei d'Hont, para os emigrantes e máis para os da casa. Así que pensemos ben o que facemos con este tema, polo momento, asegurarnos de que o seu voto sexa realmente democrático, ou sexa, en urna e co carné na man, como todo o mundo.
Xabier Pérez Igrexas (Vigo, 07/08/1984) é ex-secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e foi Responsábel Nacional de Ensino Meio da Dirección Nacional de Galiza Nova (organización xuvenil do BNG). Foi membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Pertenceu ao Consello Local e Comarcal do BNG de Vigo.