O ex presidente de Estados Unidos e Premio Nobel de Paz, Jimmy Carter, declarou nunha entrevista co xornal bogotano El Tiempo sentirse "decepcionado" co rumbo que adoptou o goberno do presidente de Venezuela, Hugo Chávez, e expresou a súa preocupación polo seu carácter cada vez máis "autoritario". Na entrevista recoñeceu a "implicación directa" do Goberno de EUA no golpe de Estado contra Chávez o 11 de abril de 2002.