O 'ránking verde' da ONG, que valora o respecto ao medio das empresas de electrónica de consumo, sitúa na cola a Nintendo.
O luns a seguir do Día de Acción de Grazas en Estados Unidos xa non é o que era. Das caras longas post empacho de pavo e festa coas que chegaban os empregados a traballar, pásase a un gran sorriso e gañas de gastar máis máis e máis cartos. É o "Cyber Monday".
A Asociación de funcionarios pola Normalización promociona o consumo de produtos na nosa lingua.
O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu o pasado mes en Galiza un 1,7 por cento, catro décimas máis que a media do Estado.
Fugas e problemas nas redes de distribución fan perder anualmente até 47,5 millóns de metros cúbicos, cifra case similar á auga que a industria do país gasta no mesmo período.
Na actualidade, hai no mundo uns 1.000 millóns de computadores, a maioría persoais, e 27 millóns de servidores. O obxectivo de Google e outras empresas é reducir as emisións de gases e o efecto invernadoiro vencellados a Internet
As tres cuartas partes do mercado están dominadas polas grandes empresas. Unha campaña de sensibilización cidadá avisa da violación dos dereitos laborais.
Aforrar enerxía non implica perder calidade de vida. Lémbrano este luns desde o Instituto Enerxético de Galicia, INEGA, con motivo da celebración do Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Aproveitan para recomendar algunhas boas prácticas neste ámbito, como é a substitución de lámpadas convencionais por outras de baixo consumo.
Maite Fernández a concelleira máis activa da equipa do goberno municipal, tivo onte unha axenda do máis apretada. As 11 da mañán celebrou o "Día da Lectura", ás 12:30 inaugurou a Aula Informática no Centro de Educación Permanente da Adultos, ás 18 participou nunha nova inauguración, neste caso, a da Exposición Itinerante "Escola e Arte" e para rematar ás 20 horas asistiu a inauguración do hotel NH Palacio de Vigo.