Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Blog


Redacción - 12:00 07/05/2007

O exilio suramericano en imaxes

En breve vaise presentar formalmente o volume Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela. Unha ollada fotográfica. Recén saído do forno temos xa na redacción un par de exemplares.

A obra é un espectacular traballo, sete anos de traballo, sobre os galegos no exilio, e foi realizado por Xurxo Martínez Crespo, colaborador de Vieiros, onde mantén a edición de Venezuela. O prólogo vai asinado por Farruco Sesto, ministro venezuelano de Cultura, de quen citamos a frase final: "Após contemplarmos esas fotos e fixármolas para sempre na conciencia, habémonos coñecer mellor a nós propios porque, ao cabo, todos facemos parte irremediábel daqueles avesedos e daquelas luces".

Contarémosvos máis polo miúdo durante esta semana.

0 comentarios


Redacción - 13:18 04/05/2007

Viraventos á intemperie

Brillante coma sempre, Suso de Toro. Velaí o manifesto que argallou para este 3 de maio, Día Mundial da Liberdade de Prensa, e que el mesmo leu en Lugo esta quinta feira:

" (...) E sen liberdade de expresión non hai liberdade. A liberdade non ten corpo e é alegre, áxil e grácil, pero pesa. Porque a liberdade de ser, a liberdade de expresión persoal depende da liberdade de expresión social, e iso é o xornalismo libre.

(...)

O xornalismo exponse á vida, como un viraventos.

O viraventos ten mala fama, fama de voluble, nada máis falso. O xornalista, como o viraventos, asenta sobre un punto moi reducido, a liberdade persoal e a ética da profesión, e plantado aí firmemente afronta os ventos e a chuvia. Ás veces caen raios. Pero o viraventos é o que nos informa de onde vén o vento, por iso a buscamos e desexamos que siga aí firme, á intemperie.

Que sería do noso mundo sen viraventos e sen xornalismo. Que sería das nosas vidas sen liberdade de prensa, que é a liberdade de expresión"


O texto completo na web do Colexio de Xornalistas

0 comentarios


Redacción - 12:39 04/05/2007

И?абель Пантoха

La Pantoja invadiu as nosas vidas. É imposíbel facer a dixestión vendo a tele. Os xornais "galegos" abren as súas edicións coa noticia. E a praga esténdese. En Rusia tamén a padecen, alá chámana И?абель Пантоха. Aínda que pensándoo ben, é lóxico, dada a importante presenza da comunidade rusa en Marbella ... Por certo, para cando unha entrevista con Gayoso no Luar?
Vieiros, malia a fervenza de petición recibidas na redacción dente todos os recunchos do Planeta, decidiu non cubrir a información. Mais se teñen moito interese poden ampliar na prensa rusa: Kommersant ou o portal Blotter non están mal para comezar.

1 comentarios


R. Vilar - 15:08 02/05/2007

A culpa lévana os cans

O voceiro do PPdeG no Parlamento, Xosé Manuel Barreiro, visitou a redacción de Vieiros. Días antes pasaran por aquí o do BNG, Carlos Aymerich, e o do PSdeG, Ismael Rego. Cada un ten o seu aquel, que diría o outro, e hai impresións que, comprenderán, teñen que quedar pechadas entre estas catro paredes. Mais hoxe leo nunha noticia de Europa Press unha expresión que non ten prezo e que lle escoitamos a Barreiro unha semana antes: "A Touriño mexoulle un can no camiño". O deputado conservador referíase ao candidato socialista de Bande, propietario á súa vez de sete inmobiliarias. Non lle faltaba razón. Mais os cans son teimudos para todos. Hai poucos días unha compañeira de filas de Barreiro acusaba a Cacharro Pardo de meterlle cambadelas ao partido e de apoiar por atrás as candidaturas de Terra Galega. De confirmarse a teoría, para chegar á Deputación de Lugo, a Xosé Manuel Barreiro tamén lle tería saído algo pouco agradábel ao camiño.

0 comentarios


Redacción - 13:30 02/05/2007

As xentes do mar

 De momento é unha maqueta, pero en breve será un monumento en homenaxe "ás xentes do mar". O deseño é de Isaac Díaz Pardo. Presentouse esta semana en Rianxo, ao tempo que se lembraba o medio cento de mariñeiros da vila falecidos no traballo.

0 comentarios


Redacción - 14:00 26/04/2007

A gala homenaxe ao Zeca Afonso

Na caixa de correo atopamos esta mensaxe que asina Malfalada:

"Estimados señores e señoras:
Paréceme indignante que un servizo público como ese considere aos seus telespectadores ignorantes, analfabetos ou, simplemente, parvos.

A que veu iso de SUBTITULAR aos interlocutores dos vídeos da "gala" cando falaban en portugués?
Acaso non saben que o galego e o portugués son variedades dun mesmo diasistema lingüístico? Acaso na TVE subtitulan aos andaluces ou ás arxentinas?

E, o que é aínda máis grave, por que utilizaron PÉSIMAS (cando non directamente FALSEADAS) traducións ao galego para eses subtítulos?
Por exemplo:
- PT (Zeca Afonso): "às 7 horas" (hora aprox. do inicio da "Revolução dos cravos")> GL: "contra as 3" (???!!!)
- PT: "deve-se"; GL: "débelo"
- E o colmo, xa directamente en castelán, o título de unha das pezas interpretadas: "Entre Sodoma y Gomorra".

Como galega e como contribuínte agradecería unha explicación.

POR OUTRA BANDA: parabéns polo programa e pola iniciativa!

Saúdos
".

7 comentarios


Lara Rozados - 14:25 25/04/2007

25 de abril, sempre!

Así dá gusto. Tal día como hoxe, recibimos esta mensaxe no correo cultura@vieiros.com:

"Sou Portugues do Minho, sou anti-fascista de sempre, sou de Afife onde Salazar nunca venceu, onde Zeca Afonso era conhecido e tinha amigos, terra em que a Pide tentou apanhar Zeca e nao conseguiu. Mas isto só para poder dizer, que eu José S.Antunes, venho dar os sinceros parabèns á TV GALIZA pela sua homenagem a Zeca Afonso em horarios nobres , o que nem sempre acontece na RTP -televisão portuguesa . Por mim, o meu muito obrigado e Viva a Revoluçao de Abril de 1974. Gracias Povo Galego".

Muito obrigados/a desde Vieiros!

0 comentarios


Lara Rozados - 13:59 17/04/2007

A Cow Parade compostelá

Contabamos cunha mobilización agraria con vacas e todo, como cómpre, e preparamos o noso despregamento de medios audiovisuais... Pero cando chegamos, as vacas eran de cartón, e nin sequera imitaban ás do país. Que decepción!

0 comentarios


Preocupado - 13:12 13/04/2007

A modiño

Pregunta: Irá o AVE galego a tanta velocidade coma o fulano ao que lle van quitar 113 puntos do carné de conducir?

0 comentarios


Vieiros.com - 16:28 10/04/2007

Queres currar en vieiros?

Vieiros ofréceche un posto de traballo como analista-programador/a desenvolvendo e mantendo aplicacións web.

0 comentarios



Flickr

Mustafa Abdülcemil, líder do tártaros de Crimea Igrexa en Foros, ao sur de Crimea / Autor: HungryForester Koktobel, ao sur de Crimea / Autor: Ruslik Kefe / Autor: dlia_4erez_v Crimea / Autor: sergey.ring Crimea / Autor: sergey.ring2 Haspra / Autor: Argenberg Antiga cidade de Chersonesos, en Akyar/Sevastopol / Autor: Argenberg Balaklava / Autor: Lyncis

Del.icio.us