Vieiros

Vieiros de meu Perfil


2/Outubro/2007 /

A fiscalía desestima a demanda contra o historiador Dionisio Pereira

A xuíza debe ditar sentenza sobre se o autor atentou contra a honra dun ex-alcalde franquista, como reclamaba a familia.


Cartel do Día da Galiza Mártir
29/Xullo/2007 /

O II Día da Galiza Mártir, para Dionisio Pereira

“Polo seu labor investigador e divulgador da represión franquista”, por dar a coñecer feitos, lugares e nomes, e organizar actos de reparación e rehabilitación da memoria das vítimas.


12/Xuño/2007 /

A asociación Verbo Xido e o historiador Dionisio Pereira gañan o premio 'Roberto Vidal Bolaño'

O acto de entrega será o vindeiro día 23 no municipio de Cerdedo.


11/Xuño/2007 /

Esixen que se desestime a causa civil contra Dionisio Pereira

O historiador asegura que ten probas documentais que referendan o seu traballo sobre a represión na Terra de Montes.


15/Febreiro/2007 /

Fracasa o acto de conciliación entre a familia dun ex falanxista e o historiador Dionisio Pereira

O acordo entre o historiador Dionisio Pereira e a familia dun ex alcalde falanxista de Cerdedo non foi posíbel este xoves no Xulgado de Paz desta localidade. A familia decidirá agora se continúa coa denuncia pola vía civil. O investigador estivo acompañado ás portas do xulgado por medio cento de persoas. O único incidente protagonizárono varias veciñas que deron vivas a Franco e menosprezaron aos que acompañaban a Pereira. Mentres tanto, ao historiador non lle paran de chegar mostras de solidariedade, entre elas a do recoñecido historiador Paul Preston.



Buscador