A recente sentenza do Tribunal Supremo relativa á falla do dereito dos pais a elixiren a lingua de escolarización dos seus fillos nos territorios con lingua propia non fai máis que confirmar unha liña xurisprudencial que lembramos de abondo en anteriores colaboracións. Se ben é certo que supón un novo pau ao españolismo, desmontando de novo a cínica argumentación da vulneración de dereitos fundamentais, considero interesante referirse a outra das falsidades repetidas a fartar polos grupos xenófobos que din defender a liberdade.
Xa comentáramos con anterioridade que a segregación lingüística, a pretensión de que haxa galegos analfabetos na propia lingua, está proscrita legalmente e que a normativa actual impediría unha situación de inferioridade do galego fronte ao castelán no currículo educativo. Coma dou por certo que saben ler, fica evidente a estratexia de intoxicación ruín que temos que aturar cada vez que falan por esas bocas.
Mais cando nos remitimos á protección que a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias outorga, axiña respostan como adoitan de cotío: cunha interpretación maliciosa do texto. Tentarei explicarme. Estes nacionalistas españois esgrimen que a Carta non ampara o dereito dos poderes públicos galegos para impór a obriga do coñecemento da lingua propia do noso país. Vaiamos logo á norma.
O artigo 8 da Carta fai referencia ao ensino estabelecendo unha serie de diferentes niveis de protección das linguas minoritarias e que se apresentan nunha graduación de maior a menor cobertura protectora, consonte o compromiso das partes ratificantes. Esta protección abranguería no ensino primario, secundario e profesional os seguintes chanzos: a) En primeiro lugar un ensino garantido na lingua rexional ou minoritaria. b) En segundo lugar que unha parte deste ensino se garanta nesta lingua. c) En terceiro lugar que esta lingua faga parte do plano de estudos , é dicir que se estude coma asignatura. d) Por último aplicar algunha das medidas anteriores cando un grupo de alumnos ou pais suficientes o soliciten.
Non cómpre ser un gran hermeneuta para se decatar de que a Carta oferta un variado abano de medidas protectoras e que van ordeadas de máis a menos. A adopción dos diferentes niveis de protección ou de garantías dependerá en cada Estado asinante de diferentes circunstancias que non temos espazo para abordar. O que si é fundamental para o tema que nos ocupa é saber o grao asumido polo Estado no Instrumento de ratificación da Carta como Tratado Internacional. Pois ben, para o artigo 8, a aprobación e ratificación da Carta publicada no BOE do 15 de setembro de 2001 supón a asunción do mecanismo máximo de protección para as linguas recoñecidas como oficiais nos Estatutos de Autonomía, no noso caso o galego. Deberían saber que consonte o artigo 96 da Constitución española os Tratados internacionais, unha vez publicados, fan parte do ordenamento xurídico interno. De feito cabe a posibilidade legal de que unha lingua propia teña máis presenza no ámbito educativo que o castelán, tal coma acontece en Cataluña.
Resulta gravemente preocupante non só que a mentira proceda de grupúsculos xenófobos senón que os propios responsábeis políticos da Xunta fagan eco da intoxicación coa fin de rematar co patrimonio e o ser dun pobo.
Demos unha lección de dignidade nas rúas; deamos tamén a batalla da opinión pública e a xurídica, sen tregua. Coma di Celso Álvarez Cáccamo ¡Demite!
O que anda mal "artelhado" é o ordenamento jurídico bourbónico, dominado, aliás, pelo nacionalismo espaÑol radical:
Se, a teor do art. 5.º do EAparaGa conhecer o Galego é só objeto de direito e não de dever, que o art. 3.º da virginal CE de 1978 atribui apenas ao "castellano, lengua espaÑola oficial del estado", cabe inferir, como inferem, que os sujeitos ao ordenamento jurídico bourbónico poderiam liscar-se do conhecimento de Galego, mas não do relativo ao castelhano.
Mas esse art. 5.º estabelece no parágrafo 4 que ninguém pode ser discriminado "por razõn de la lengua", em contradição flagrante (e mesmo cheirante, fedorenta...) com o anterior, pelo menos, para os funcionários. Porque estes, se não quiserem cometer discriminação contra os cidadãos que usarem o Galego nas Administrações do reino na CAG, deverão conhecer o Galego e também usá-lo. Com o qual a exigência de não discriminação "por razón de la lengua" acarreta o conhecimento obrigado da "lengua autonómica", extensível a todo o funcionariado, "de carrera" e "político".
Não obstante, no meu próprio IES, crunhês, a inspetora respondeu noutro sentido, contraditório do exposto, à diretora, de modo que em atos oficiais continuamos a ter em exclusivo o uso de castelhano, corroborado por uma "autoridade incompetente", de modo que os utentes de galego somos discriminados "por razón de la lengua" em claustros e noutros atos...
Como noutro foro deste sítio alguém afirma e bem, o ordenamento bourbónico está orientado ao extermínio de "las demás lenguas espaÑolas". Já é muito alcunhar de "españolas" as três "también oficiales": a Galega, com nome de Português, é bastante mais extensa do que o território da CAG dá de si; a basca é também francesa e a catalã (e valenciana e maiorquina) é também francesa e mesmo italiana... Mas, seja como for, o art. 3.º da imaculada CE contradiz gravemente o art. 14.º e sobretudo o art. 10.º 2, porquanto subtrai à língua a condição de "circunstancia social o personal", reconhecida na Declaração Universal dos Direitos do Homem, assumida como legalidade fundamental do reino bourbónico pelo citado art. 10.2...
Raimundo, Raimundo, não fusiles tão miserentamente o Galego. Eu, como castelhano, não che permitiria (nem tu mesmo te permitirias) tratar tão mal a minha língua, a castelhana. Na realidade escreves numa mixórdia estranha, que nem é Galego nem castelhano, mas curiosa mistura, deturpadora de "ámbalas" línguas:
«Con toda/l: sobra este L/a razón do mundo.
Fagamos a proba do algodón, e levemos o seu razoamento a ¡onde vai ser/e sobra este E, na escrita, ainda que o faças, e bem, na fala/! ¡A CATALUÑA! E apliquÉmolo alí /se usas essa grafia, coloca algum acento.../ cos camb/e, melhor I/os precisos:
Diria: "a segregación lingüística, a pretensión de que haxa CATALANS analfabetos na propia lingua, está proscrita legalmente e que a normativa actual impediría unha situación de inferioridade do CATALÁN fronte ao CASTELÁN no currículo educativo"...
Con toda/l/a razón do mundo...
E s/i, E: se/ aplicÁmolo /ainda que aqui corresponde: «se o aplicamos»/ aos traballadores galegos, sudamericanos de BARCELONA, diria así: "a segregación lingüística, a pretensión de que haxa GALEGOS OU SUDAMERICANOS analfabetos na propia lingua, está proscrita legalmente e que a normativa actual impediría unha situación de inferioridade do CASTELÁN fronte ao CATALÁN no currículo educativo."
Con toda/l/a razón do mundo...
E s/i aplicÁmolo a ¡onde vai ser/e! ¡ A FERROL!... diríache así: "a segregación lingüística, a pretensión de que haxa FERROLANS analfabetos na propia lingua, está proscrita legalmente e que a normativa actual impediría unha situación de inferioridade do CASTELAN fronte ao GALEGO no currículo educativo"
Con toda/l/a razón do mundo... ¿Qué cousas, eh? A do algodon...
::::
Realmente esse algodão teu tanto serve para um roto quanto para um descosido...
Mas estás certo no que acabas de dizer? Poderias explicar um pouco melhor? Porque não entendi aonde nos queres levar, se é que pretendes levar-nos a algum sítio com alguma razão...
Faite a idea Raimundo, xa vexo que telos argumentos dos grupos xenofobos españolistas o intentar terxiversar maliciosa e perniciosamente o contido do primeiro parrafo, con esa estratexia de intoxicacion ruin, e polo visto dai non pasaches (queimoute meu!!).
Mais como sabes ler, veras que foi AZNAR que coas suas maiorias absolutas ratificou no 2001 a Carta Europea de Linguas Rexionais, e pa mais dicir, cunha protección maxima pa ditas linguas.
Co que as tuas falsidades sobre o goberno catalá se desmontan, eles, ESTAN LEXITIMADOS A REALIZAR UNHA INMERSION LINGUISTICA EN CATALAN, E TAMEN O ESTAMOS NOS, A FACELO EN GALEGO.
E mira ti por donde o bipartito tentou facer un decreto de normalización po ensino co 50% en galego, todo isto con consenso.
Pero... e agora que vai pasar??
As falsidades de decidir os pais a lingua do curriculum educativo dos fillos é contrario a dereito, e sentase XURISPRUDENCIA sobre iso.
Que pasará enton co novo DECRETO DE NORMALIZACIÓN LINGUISTICA, sin consenso nin pluralidade. Ai che queda.
RAI( TV italiana) MUNDO.
As mesmas babosadas que o Berlusconi.
Falabarato, fai 100 anos serías un bo sacamoas!
Raimundo (sei que non hai pesca?)as linguas impóñense, que eu saiba ninguén naceu falando, o normal é que se aprenda a fala da sociedade na que naciches e que na escola apréndanche a escribila e a non maltratala. Só nas sociedades colonizadas isto non pasa, chámese Galicia ou Angola. E só nestas mesmas sociedades pode haber xente que presuma da súa ignorancia.
Se aos rapaces cataláns non lle aprenden a escribir o castelán, por que a media en selectividade vén sendo máis alta en castelán ca en catalán?
Unha breve ollada, pretendidamente desapaixoada, sobre o problema da lingua
Vaia por diante que sendo como son completamente lego en materia filolóxica e sociolingüística este comentario non ten máis valor que a opinión dun cidadán común deste país. Espero saiban disimular o atrevemento.
Anticipo tamén que comparto tódalas accións e movementos en defensa do galego. Sen embargo, aínda entendendo que este tema ten un evidente interese político-electoral, a min particularmente, non me interesa esta vertente. En moitas ocasións teño a impresión que, tamén neste asunto, o debate social formúlase ao nivel das paixóns máis primarias e, polo tanto, máis irracionais.
O goberno ten que exercer unha discriminación positiva a prol do galego que debe reflectirse na administración e especialmente na educación -totalmente en contra, pois, da modificación do decreto-. Non é de recibo, entón, a actitude hostil que amosan algúns -bastantes- membros do goberno. Nin que se patrocinen iniciativas socioculturais que desprecen o idioma, como se publicaba hoxe que ocorreu cunha páxina web de cociña patrocinada pola Consellería de Cultura.
Penso, porén, que deberíamos impornos o esforzo de analizar o problema cunha perspectiva de máis longo prazo para tratar de identificar as verdadeiras causas do retroceso no número de falantes.
Porque, non nos enganemos, o esforzo que se leva feito a prol do galego dende a instauración do goberno autónomo é obxectivamente moi importante. Educación, administración, tvg, investigación, mundo editorial, audiovisual, musical, etc. Sen embargo, o número de galegofalantes diminúe de xeito constante dende hai vinte e cinco anos.
Semella pois que o verdadeiro problema está nos criterios de elección individual que cada un de nos temos a respecto do idioma a utilizar.
E aquí coido que hai dous asuntos clave. O primeiro ten que ver coa presión que o idioma dominante exerce sobre o minoritario. E isto que ocorre tamén co inglés a respecto do español, incluso co español en relación ao portugués, con moita máis forza o sofre o galego nunha nación sen estado e sometido polo tanto ao influxo enorme de todo o español -medios de comunicación, administración, educación e relacións sociais-. Teño exemplos moi próximos de rapaces criados en galego que a medida que se van socializando -escola, amigos- pásanse ao español.
O segundo asunto, o fundamental, ten que ver coa autoidentificación que fai a maioría da poboación, que sente que pertence a España e non a Galicia. Falaba eu no post anterior -caixas de aforros e conciencia de país- que boa parte da cidadanía séntese cómoda coa homologación de Galicia como unha región autonómica española máis, alonxándose, nos últimos anos semella que definitivamente, da consideración de nación que manteñen Cataluña e Euskadi. Xa sei que isto ten a súa orixe en moi profundas razóns históricas nas que non é o momento de entrar agora. Mais, en tanto non se modifique este sentido de pertenza, avanzaremos cara a un estatus de reduto étnico folclórico para o galego. Eu non quero un idioma de museo.
Trátase, pois, en último extremo dun problema de elección política. Mentres o nacionalismo represente en Galicia só o 15% dos votos, e baixando, o galego como idioma vai camiño do ghetto.
http://afuradadotrasno.blogspo...
"Resulta gravemente preocupante non só que a mentira proceda de grupúsculos xenófobos senón que os propios responsábeis políticos da Xunta fagan eco da intoxicación coa fin de rematar co patrimonio e o ser dun pobo"
O goberno galego ten que distanciarse dunha vez dunha serie de grupos que o queren manipular ao seu antollo para impoñer a súa política lingüística e cultural na nosa terra.
Reimundo linche moitas "cousas" (nótase que a pesca "tal cual") pero a lección da historia Sudafricana que acabo de ver é para enmarcar. Un saúdo campeón.
#14, ou sexa, que os mestres que "saltan" a inversión lingüística son os que fan que esta sexa constitucional e conforme ao Estado de Dereito segundo avalan sucesivas sentencias do TC e o TS. Máis enrevesado non podía ser o argumento!
Raimundete, majete, escribete en españolete, que es tu idiomete amadete. A que no te atrevetes a escribirlete como lo hacetes en tu ferrolanete?
(Hasta puede que te entendamos mejor y te demos puntuación positiva...)
Henrique Xesús del Bosque Zapata naceu en Ourense en 1959. Profesor de ensino secundario, tamén é licenciado en Dereito. É autor de “Lexislación para o profesorado. Toda a normativa do sistema educativo galego non universitario” Edicións Xerais. “Guía dos dereitos do profesorado” CIG-Ensino. Cadernos de lexislación. »