Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Protexta de primavera

Descarga o suplemento de libros de TEMPOS Novos

Corenta páxinas de crítica literaria con entrevistas, reportaxes, crónicas, pezas de creación e unha ollada ao blogmillo.

TEMPOS Novos - 14:23 14/05/2007
A escritora brasileira Nélida Piñon protagoniza a capa do segundo número de ProTexta, o suplemento de libros da revista TEMPOS Novos.

Ademais desta entrevista coa autora d’A república dos sonhos e doutras conversas con Narciso de Gabriel e o cantante de The Homens, Martin Wu, desta volta a falar sobre as súas querencias como leitor, a publicación que coordina Xabier Cid achega unha ampla reportaxe sobre a proxección da literatura galega no exterior e un cumprido feixe de críticas de narrativa, teatro, poesía ou banda deseñada, dende as últimas entregas de Xavier Queipo, Yolanda Castaño, Camilo Franco ou Uxía Casal, por caso, até as traducións ao galego de Martin Amis ou Bohumil Hrabal.

Entanto o filósofo Francisco Sampedro se ocupa da personalidade intelectual do esloveno Slavoj Zizek, o xornalista Xesús Fraga dá conta do que está a acontecer arestora nas letras británicas e a escritora Marilar Aleixandre comparte cos lectores de ProTexta o seu persoal roteiro da obra de Orhan Pamuk. En total, corenta páxinas adicadas aos libros de aquí e aos libros de fóra.

Novas relacionadas


A volta

Nélida Piñon: "A literatura perfecciona individualmente. Antes que a vida de alguén, debería mellorar a vida do propio creador. Acho que o propio creador debería habitar, para que non haxa máis esquizofrenia, entre o texto e a biografía. Ha de poderse humanizar a medida que crea e inventa, porque lida con forzas humanistas: a linguaxe, a arte, a creación, a defensa do ser humano (...)"

A volta

Narciso de Gabriel: "A evolución histórica da alfabetización en Galicia dependeu máis da demanda dos sectores populares e das fórmulas que os propios sectores populares puñan en marcha para alfabetizarse, ca da oferta estatal e da presión exercida polo Estado"

A volta

Martin Wu: "Porén, o meu libro favorito de todos os tempos, e non sei por que, é un dun tipo que se chama Joseph Mitchell: O segredo de Joe Gould. Está que flipas, literatura sen un gramo de graxa"

4.5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: