Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: protexta

7/Decembro/2007 /

De balde en Vieiros: ProTexta, suplemento de libros de Tempos Novos

Corenta páxinas de crítica literaria con entrevistas, reportaxes, crónicas, pezas de creación e unha ollada ao blogmillo.


5/Decembro/2007 /

"Eu non fago literatura galega, fago textos de Xurxo Borrazás"

Xurxo Borrazás naceu en Carballo en 1963 pero hai tempo que vive en Vigo, cidade acaída para o seu discurso estremeiro, o lugar no que se puxo a escribir. Na procura dunha cartografía persoal de urxencia, propóñolle que pense nun recanto para a conversa e acordamos un encontro no bar Hipólito, no barrio das Travesas. Unha entrevista de Iago Martínez con fotografías de Tamara de la Fuente.


31/Agosto/2007 /

"Ser muller, ser escritora e ser exiliada son tres formas de marxinación"

Na adolescencia, Cristina Peri Rossi (Montevideo, 1941) tiña un soño ben preciso, quería ser poeta. Unha entrevista de Iago Martínez con fotografías de Tamara de la Fuente.


22/Agosto/2007 /

"A tenrura é un valor profundamente revolucionario"

A escritora Teresa Moure protagoniza o novo número de ProTexta, o suplemento de libros da revista TEMPOS Novos, cunha entrevista de Xabier Cid ilustrada por Tamara de la Fuente.


11/Maio/2007 /

"Homero é unha constitución"

Acha na Odisea o tempo do humano todo e no sal do Sinbad a proba de que a vida só pode ser vivida polo home. Trabada ben nova polo verme da literatura, acredita na imaxinación e no erotismo coma antídotos contra a tiranía. Escritora central no Brasil, conferenciante inesgotábel e académica de altura no seu país, Nélida Piñon é sobre todo unha desas narradoras convencidas de que a novela é a xanela que dá para o celme, a máis fértil pescuda, o lugar onde a xeoloxía do humano é posíbel. Unha entrevista de Iago Martínez con fotografías de Marcos Soneira.


27/Abril/2007 /

Coidado: é fráxil

A literatura expórtase, e as editoras dos máis cativos sábeno ben. Hai produto de calidade e máis dun pioneiro en Galicia. Cómpre procurar intermediarios competentes, escoller o albo axeitado e artellar unha estratexia colectiva. Libros en tránsito, unha reportaxe de Iago Martínez que abre o segundo número de ProTexta, suplemento de libros da revista TEMPOS Novos.