Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"ABRIR A BOCA Á ESCURIDADE PARA ENCONTRAR O DÍA"

Ata sempre, Luísa

A poeta coruñesa Luísa Villalta faleceu na cidade herculina aos 46 anos. A autora, que compaxinaba a súa faceta de escritora coa música (intérprete de violín), era unha das voces máis representativas da poesía dos anos noventa. Tamén cultivou a narrativa, o teatro e o ensaio literario. En xaneiro fóralle concedido o XII Premio Espiral Maior de Poesía á súa obra 'En concreto', que se publicará nas vindeiras semanas. Foi a directiva da Asocación de Escritores en Lingua Galega, que suspendeu a súa asemblea anual ao coñecer a noticia. O enterro será hoxe á 1 do mediodía no cemiterio de San Amaro, na Coruña, e o funeral ás 8 e media da tarde en San Pedro de Mezonzo.
Unha reflexión sobre a poesía e a música
Anteproxecto dun manifesto político-literario, un texto de Luisa Villalta sobre a literatura e o país
Luísa Villalta, na Biblioteca Virtual.

- 08:25 08/03/2004
Tags:

Luísa Villalta era licenciada en filoloxía hispánica e galegoportuguesa, e daba clases no ensino secundario.

Algúns títulos da súa obra poética son "Música Reservada" (1991), "Ruído" (1995), "Rota ao interior do ollo" (1995) e o inédito "En concerto", Premio Espiral Maior de poesía en 2004. Na narrativa, destacan libros como "Silencio, ensaiamos" (1992), as novelas "Teoría de xogos" (1997) e "As chaves do tempo" (2001) e en teatro "Concerto para un home só" (1989), "O representante" (1990), "O paseo das Esfinxes" (1991) e "As certezas de Ofelia" (1999).

O BNG, do que era militante, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística enviaron comunicados de dó.


0/5 (0 votos)