Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AGRÁVASE A SAÚDE DO LÍDER PALESTINO

Arafat entra en coma profundo

O voceiro do Ministerio de Defensa francés anunciou que Iaser Arafat entrou esta noite en coma profundo. O encargado de emitir os comunicados médicos, co permiso da dona do líder palestino, Suha Arafat, advertiu que "isto marca un paso máis na evolución do seu estado de saúde que non pode ser determinado". Con todo, está previsto que esta tarde o primeiro ministro palestino Ahmed Qurei (Abu Ala), o secretario xeral da OLP, Mahmud Abbas (Abu Mazen), o ministro de Asuntos Exteriores palestino e o presidente do parlamento visiten a Arafat no hospital militar de Percy onde está ingresado desde o 29 de outubro.

  • Anteriores: Palestina e Israel prepáranse para unha nova era sen Arafat
  • Biografía de Iaser Arafat
  • Palestina sen Arafat, un artigo de Roberto Mansilla no canal Mundo
  • Apartheid, un artigo de Camilo Nogueira sobre o conflicto palestino-israelí e a situación nos territorios ocupados
  • Última hora: Axencia de Prensa Palestina, Haaretz e Al Iasira

  • - 12:19 09/11/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)