Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ABÚ MAZEN, NOMEADO XEFE DA OLP

Palestina recibe a Arafat con concentracións multitudinarias en todo o país

Unha gran cerimonia, con honras de xefe do estado, na que participou o primeiro ministro francés Jean Pierre Raffarin, despediu o cadáver do presidente palestino Iaser Arafat do aeroporto militar francés de Villacoublay. Hoxe á mañá celebráronse os seus funerais na mezquita do Rei Faisal do Cairo, e posteriormente o cadáver do líder palestino foi transladado ata Ramala (Cisxordania) para o seu soterramento. Os funerais realizáronse coa presenza dalgúns ministros de exteriores europeos, entre eles Moratinos, Barnier ou Bot, pero non estará nin Prodi nin Durão Barroso. Mentres, oficialízanse as sucesións no goberno palestino. Rauhi Fatuh, líder veterano de Al Fatah que ocupaba o cargo de presidente do Parlamento palestino, estará á fronte da ANP durante 60 días, momento no que se convocarán eleccións presidenciais. Tamén hoxe Abú Mazen, do chamado sector moderado será escollido presidente da Organización para a Liberación de Palestina, OLP. E no movemento Al Fatah, fundado por Arafat, elexían para a cabeza a Farouk Cadoumi, de quen se di que está na liña dura e máis oposta ao diálogo con Israel.

  • Anteriores: Morre Arafat
  • Biografía de Iaser Arafat
  • Palestina sen Arafat, un artigo de Roberto Mansilla no canal Mundo e Apartheid, un artigo de Camilo Nogueira sobre o conflicto palestino-israelí e a situación nos territorios ocupados
  • Última hora: Axencia de Prensa Palestina, Haaretz e Al Iasira

  • - 12:47 12/11/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)