Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APROVEITANDO A XUNTANZA EN MONTEVIDEO

Lula, Kirchner e Chávez deseñan os próximos pasos de integración económica e social

Na convicción de que unificar posicións e afondar na integración rexional é o factor clave para a solución de moitos dos problemas no continente sudamericano, os líderes de Brasil, Venezuela e Arxentina acordaron varias xuntanzas sectoriais de ministros para as próximas semanas cara o deseño de estratexias comúns. A primeira reunión en Brasilia estaría centrada en temas sociais e loita contra a pobreza, a continuación, en Bos Aires o debate será sobre asuntos económicos, e finalmente, en Caracas tratarán de xeito específico a colaboración no eido enerxético, que levaría á creación dunha petroleira rexional, Petrosur. Asimesmo, consensuarán posicións fronte a organismos internacionais, moi especialmente diante do FMI.

  • Tabaré Vázquez reforza a viraxe á esquerda na rexión
  • Telesur: a construción dunha alternativa informativa para latinoamérica
  • Máis no Diario de Titulares

  • - 07:54 03/03/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)