Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO PANORAMA AUDIOVISUAL

Os xornalistas acusan á Xunta de "buscar a blindaxe mediática" do PP coa concesión de licenzas da TDT

Primeiro foi a oposición no Parlamento e agora son os propios xornalistas os que se pronuncian contra dos concursos da TDT e da radio dixital. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia manifesta que a concesión de licenzas neste momento é "un acto antidemocrático de abuso de poder co obxectivo de buscar a blindaxe mediática do partido que goberna". Para o CPXG as présas da Xunta son inxustificadas e ademáis poden "hipotecar" o futuro do escenario mediático galego se non hai garantías democráticas en todo o proceso de concesión dos novos programas de radio e TDT. Entre esas garantías os xornalistas colexiados destacan o aprazamento das concesións ata que o novo parlamento estea constituído e a creación dun Consello Superior do Audiovisual "independente do poder político".

  • A Xunta afirma que o CPXG responde a "descoñecidos intereses políticos"
  • Anteriores:
  • A Xunta apura para controlar a concesión de licenzas da TDT
  • O PP acusa ao PSdeG de adxudicar emisoras de radio "no día de reflexión"
  • Opina ti na nosa enquisa

  • - 16:31 18/05/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)