Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A entidade organizará encontros para promover o xénero

Nace Espoesía, rede poética en todas as linguas do Estado

O grupo de autores quere rematar coa imaxe minoritaria da lírica e abrirlle novas fronteiras.

Redacción - 19:03 22/03/2007
De esquerda a dereita, Ruiz Marcellán, Rodríguez Cañada, Fernán-Vello, Bará, Droogenbroodt e Virallonga

De esquerda a dereita, Ruiz Marcellán, Rodríguez Cañada, Fernán-Vello, Bará, Droogenbroodt e Virallonga

Espoesía pretende promover a poesía en todos os eidos, fomentar o seu ensino e coñecemento, reivindicala como xénero de expresión e crear redes de intercambio entre as diferentes linguas do Estado. Unha das primeiras actividades que vai organizar a rede poética será o festival de poesía de Madrid, do 18 ao 24 de xuño, que contará con importante presenza galega e catalá. Neste tipo de encontros aspírase a impulsar o xénero dende a oralidade.

A rede ten entre os seus obxectivos romper as barreiras dun xénero considerado minoritario, para que chegue a acadar un espazo de liberdade. De feito, o nome Espoesía fai referencia ao espazo e ao xénero lírico e é común ás linguas romances do Estado.

Outra das iniciativas xurdidas dende Espoesía será a posta en marcha de casas dos poetas por todo o territorio estatal, para que os creadores conten nun lugar onde escribir. Ademais, os participantes na iniciativa organizarán un directorio internacional de actividades poéticas con representantes doutros países estabelecidos en Madrid.

Finalmente, Galiza foi escollida como lugar de presentación da rede, que se deu a coñecer o xoves no Consello da Cultura. No acto participaron o poeta e editor Miguel Anxo Fernán-Vello; a directora do festival internacional de poesía de Moncayo (Zaragoza), Trinidad Ruiz Marcellán; o presidente da aula de poesía de Barcelona, Jordi Villaronga; o presidente do Pen Club de España, Basilio Rodríguez Cañada, e o promotor internacional de actividades poéticas Germain Droogenbroodt, ademais do director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, para simbolizar o apoio que Cultura lle prestará a esta iniciativa.


2,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: