Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EDITORIAL

Un país normal

A crise que se está a vivir revela a febleza do noso sistema mediático (o que aposta polo uso normal do idioma), a pesar dos titánicos esfozos dos seus editores.

Os medios en galego viviron e viven fundamentalmente da publicidade e convenios institucionais e en moita menor medida do escaso mais valioso apoio privado. A aposta pola publicidade en galego e en medios en galego ainda non callou nas nosas empresas. A situación na prensa noutras linguas non é moi diferente, e en maior ou menor grao, o apoio das administracións é decisivo para a súa supervivencia. Pero os nosos medios son máis novos, con menos capacidade empresarial e máis febles ca outros sistemas mediáticos que acumulan décadas (cando non séculos) de experiencia ás súas costas.

Se a lingua é o principal eixo sobre o que vira a nosa identidade, o apoio aos medios que intentan que sexa unha ferramenta cotián debería ser unha cuestión estratéxica de calquera poder público, chámese este Xunta, Deputacións ou Concellos. A realidade, cando xa logo van tres décadas da nosa Autonomía, foi e é ben outra.

Nin os primeiros executivos propios, nin a longa etapa Fraga, nin o bipartito, nin aínda menos o actual Goberno amosaron interese en favorecer un espazo real para o florecemento dos medios privados en galego. Mais tamén é certo que de todos é a responsabilidade última. Non sermos quen de construír medios fortes que sexan o espello dun país máis dono e orgulloso do seu, non é máis que o reflexo no cristal da nosa realidade como sociedade.

Houbo e hai iniciativas que intentan facer normal o que é anormal. Sen dúbida o mellor exemplo son os xornais e publicacións que comparten a Asociación de Medios en Galego. Constituída en 2004, esta entidade procura consolidar un espazo comunicativo empresarial e profesionalizado na nosa lingua. Eis o pulso case heroico que seguen a manter medios imprescindíbeis como A Nosa Terra, Terra Cha Xa, A Peneira, Galicia Hoxe, O Sil, De Luns a Venres ou Tempos Novos. Tarefa de todos é soprar para que esta agra sexa cada vez máis vizosa, un alicerce fundamental para conseguir a arela de sermos un país normal.

Vieiros - 00:00 24/07/2010
Tags:


4,88/5 (98 votos)


Comentarios (138)

Dani-Alvarez #1 24/Xullo/2010 Dani-Alvarez
[Valora este comentario Positivo +16 Negativo]

É, sen dúbida, a nova máis triste que me atopo en meses. E agora que fago eu sen vós?

Xamais terei na memoria a oportunidade que me brindáchedes de opinar libremente e de estar en contacto coas lectoras e os lectores.

Agardo que este peche sexa unha vareada para que a sociedade civil de Galiza sexa capaz de abrir novos Vieiros.

Apertas para todos/as

Dani-Alvarez #2 24/Xullo/2010 Dani-Alvarez
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Eup, onde di xamais tiña que dicir "Sempre". Sempre na memoria.

rugido #3 24/Xullo/2010 rugido
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

Obrigado, Vieiros! O vosso trabalho não será esquecido.

aprofa #4 24/Xullo/2010 aprofa
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

O peche de Vieiros é un luxo que non nos podemos permitir, algún día valoraremos na xusta medida o que hoxe perdemos pero logo xa non ha valer de nada.
Para min tamén é a peor noticia en meses, porque Vieiros era todos os días tamén unha ventá á esperanza.
Grazas a tod@s @s que ao longo destes anos cubristes estas páxinas día a día, grazas polos vosos especiais, polas felicitacións de nadal, polo por conto alleo, polas canles, polo buscador, pol@s comentaristas... grazas por tanto a cambio de nada.

Xeonllo #5 24/Xullo/2010 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Di o editorial de Vieiros algo que quero destacar: "Nin os primeiros executivos propios, nin a longa etapa Fraga, nin o bipartito, nin aínda menos o actual Goberno amosaron interese en favorecer un espazo real para o florecemento dos medios privados en galego".

O BIPARTITO tampouco. Da rabia pensar na ocasión perdida por ese bipartito para ponher fin á hexemonía da dereita reaccionaria e centralista en Galiza.

Celso #6 24/Xullo/2010 Celso
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

Uma muito má notícia, sem dúvida. Muito má.

Obrigado à equipa, às diferentes equipas, polo vosso trabalho, a vossa independência, e a vossa generosidade. Espero que podades retomar o trabalho na forma de qualquer outro foro e projeto. Um grande abraço!

-celso

Raimundo #7 24/Xullo/2010 Raimundo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Moitas gracias

Flor-Maceiras #8 24/Xullo/2010 Flor-Maceiras
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Grazas por estes anos de normalidade. Vémonos no camiño, compañei@s.

Celso #9 24/Xullo/2010 Celso
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Muito obrigado também por terdes acolhido as minhas palavras, Vieiros. E muito obrigado a todas as pessoas que contribuíram para um longo debate coletivo, ainda por terminar. Espero que continuemos a ver-nos polos lugares da Rede. Deveria dar para pensar que não nos podemos permitir que algo semelhante volte a acontecer.

lixeiro #10 24/Xullo/2010 lixeiro
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

Graciñas Vieiros. Non perdo a esperanza de que volvades.

-Xavier #11 24/Xullo/2010 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

São demasiadas as palavras que se deveriam escrever/dizer para agradecer o vosso trabalho, a vossa defesa de uma informação em liberdade, a vossa defesa da veracidade, da reflexão, da Galiza, de um jornalismo diferente e fiel à Galiza.

Mas eu só posso dizer "Muito obrigado, VIEIROS".

Um abraço a toda a equipa. Saúde e reflexão para toda ela, seja onde for que continueis.

teresa #12 24/Xullo/2010 teresa
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Xa que en Nota do Editor non poido deixar un comentario, quero facelo aquí, e dicirlle a Lois, que co seu traballo e o seu esforzo, vieiros e moitos outro proxectos saíron adiante, que vieiros e outros moitos proxectos fixeron que en galego estivesemos no mundo, que en galego fose de xustiza, que no teu concello se usa o galego e como sempre poderás dicir, en galego o que ti queiras.

Estou segura que seguirás facendo moito por Galicia e que a partir de aquí verás mil primaveras máis!

Bicos e moito máis

-Xavier #13 24/Xullo/2010 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

#5 Xeonllo:

Justo logo disso que comentas também se diz "Mais tamén é certo que de todos é a responsabilidade última. Non sermos quen de construír medios fortes que sexan o espello dun país máis dono e orgulloso do seu, non é máis que o reflexo no cristal da nosa realidade como sociedade."

A sociedade galega, todos e todas nós, devemos é superar a estratégia da crítica do que outros/as não fazem e arregaçarmos as mangas para nós empreendermos aquelas iniciativas que possam ajudar o país, a língua do país, etc. Lembremos que há iniciativas - se bem nenhuma como VIEIROS - parecidas a VIEIROS, ou projetos que lutam pola defesa do país, e muitas vezes perdemos demasiado tempo em criticar o que outros/as não fazem, quando nós, seja o nós que se quiser, tampouco o fazemos.

A crítica é positiva, como também o é exigir que as administrações cumpram as suas funções, mas devemos é superar o esquema "attendracioniste" desta sociedade em que sempre esperamos que outros/as façam algo. Além disso, em numerosas ocasiões esperamos que faça algo positivo para o país quem precisamente não lhe interessa o país.

Um abraço, saúde e reflexão.

xavo #14 24/Xullo/2010 xavo
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Grazas, Vieiros. Son lector dende o principio, cando a Internet estaba case nacendo, e dende o estranxeiro para min era unha porta aberta para manter o contacto co país.
Espero e confío en que Vieiros saia adiante.
Grazas, Lois, e a todos os que fixestes Vieiros todos estes anos.

Xeonllo #15 24/Xullo/2010 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Resulta lamentable o feche, e tal vez nos vexamos noutros foros relacionados co galeguismo.

Werl #16 24/Xullo/2010 Werl
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Oxalá volvades coa forza dun País orgulloso de selo. Unha aperta.

petopitopato #17 24/Xullo/2010 petopitopato
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

estou moi triste... ainda non podo cree-lo...

ronpaulo #18 24/Xullo/2010 ronpaulo
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Adiro-me ao mensagem do Celso. Graças a vieiros polo grande trabalho,emquadrado na tradiçom tolerante e aberta do galeguismo. Divergendo de parte da linha editorial, nom podo negar a profissionalidade da equipa e o seu compromiso ca liberdade de expresom e o bom fazer, como mostra o respeitarem tâo ampla variedade de opiniôes. Assím mesmo agradeço a oportunidade de apreender tanto de muitos comentadores e opinadores, quase todos com comentarios a cima,niste mesmo texto. Até sempre

peisano #19 24/Xullo/2010 peisano
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Aquí un galego en Barcelona que se queda sen Vieiros. Só podo decir que esta páxina web ( e esta cabeceira) forman parte da melhor historia do país e estou convencido de que voltaredes. Muitos ánimos porque suponho que o momento é difícil e muitas grazas!!!

O-APALPADOR #20 24/Xullo/2010 O-APALPADOR
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

Se non houber motivos serios, non tomariades esta decisión.
Doe moito. Dóeme. Hoxe o Pais Galego fica sen unha vea pola cal circulaba bo sangue. E, ao, secar unha vea,morre unha parte do corpo comunicativo galego.
Galicia está chea de medios españois.Esa é a realidade.
Agardo que para o ano poidamos ter,crear,impulsar,axudar...a botar a andar ou resucitar outro Vieiros. Váleme o estilo noutras nacións sen Estado, poñendo cartos do noso peto moita xente.
Merco o Xornal de Galicia e lia Vieiros na rede. Iso no día a día.
Xa non podo ler Vieiros. O noso Pais gobernado polos seus inimigos. Galicia!! Que triste!! Non temos sangue, nin compromiso, nin autoestima, nin políticos, nin ren...
Lois,parabéns polo empeño até hoxe. E a todo o equipo, parabéns polo traballo realizado. Temos que reflexionar moito.

carlinhos21287 #21 24/Xullo/2010 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

teño case gañas de chorar....

asinado un galego en bos aires

carlinhos21287 #22 24/Xullo/2010 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

pd: moitas grazas por todo.... unha aperta grande e sorte

Albert #23 24/Xullo/2010 Albert
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Vieiros é historia galega en internet. Vieiros é historia en galego en internet. Vieiros é a miña historia coma interneteiro. Dende que emprego a rede até hoxe, Vieiros era a primeira páxina na que entraba ó me conectar. É unha inmensa perda.

Até máis ver, que estou seguro que ha ser cedo.

ANGR #24 24/Xullo/2010 ANGR
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

É tristíssimo. Vieiros era esfera pública galega, um médio imprescindível para que a sociedade galega pudesse exercer e articular-se como tal. O seu feche, produzido ademais num momento de especial urgência democrática, é simplesmente desolador.

Terrível notícia para a Galiza, para nós.

Muito obrigado polo vosso imenso labor. O vosso serviço faz já parte da História da Galiza. E muitíssimo obrigado também por me dardes a oportunidade de publicar os meus textos.

Muito obrigado também a tod@s os foreir@s. Entre tod@s fizemos DEBATE e isso não é pouco fazer (sobretudo tendo em conta o contexto deste bendito maldito país).

Abraço e até sempre,

Arturo de Nieves

P.S.: Não permitamos que a energia coletiva gerada arredor de Vieiros esmoreça. É demasiado valiosa.

Soberanista #25 24/Xullo/2010 Soberanista
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A minha opiniom, no meu blogue: http://novagaliza.blogspot.com...

Uma imensa perda, sim, mas o resultado dum modelo errado.

mandacaralho #26 24/Xullo/2010 mandacaralho
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Obrigado, é para chorar.

ferreira #27 24/Xullo/2010 ferreira
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Como hei vivir mañá sen a luz túa...

Aloquete #28 24/Xullo/2010 Aloquete
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Li a notícia há umas horas, mas custa-me a vê-la como realidade. Vieiros é (era) uma companhia diária de informação e reflexão e, nos dois casos, uma janela sobre a Galiza.

Obrigado a todos quantos fizeram Vieiros, à custa (nem o imaginamos) de quanta abnegação própria.

Ficai bem. Até ao vosso regresso.


Um português em Amsterdam

Gamela00 #29 24/Xullo/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Non é xusto que un medio democrático e aberto á cidadanía coma é VIEIROS remate así a súa andaina, xusto cando os partidos maioritarios chegaron a acordos para INTERVIR nas TV Privadas de cara a consolidar aínda máis o bipartidismo paralizante que secuestra a liberdade de expresión e manipula canto medio informativo chega a ver a luz.

VIEIROS foi para min unha raiola de LIBERDADE e sinto que coa súa desaparición vólvese cercenar a Liberdade de tódolos cidadáns teñan as ideas que teñan e defendan o proxecto de país que defendan.

VIEIROS é LIBERDADE !!!

¿Non hai nada que podamos facer para evitar esta nova mutilación aos dereitos civís de todolos galegos?

Este é o 25 de Xullo máis triste da nosa recente historia:
Dende O Courel ao Mar, Galicia enteira sinte a morte de VIEIROS coma unha morte propia.

Sen Terra non hai Nación, e sen voz non poderemos construila xamáis !!!

VIEIROS é algo máis cunha web, é a LIBERDADE DE EXPRESIÓN DUN POBO !!!

ecoe #30 24/Xullo/2010 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Há duas cousas que quixera expresar fora do agradecemento polo esforzo persoal ás equipas e xentes que exprimiron os seus esforzos no que foi este diario.

Ún é sobre o modelo, diría, sobre o abano ideolóxico, que debera abranguer maiores amplitudes como plataforma popular galega de esquerda (moitos eidos ideolóxicos quedaron apenas insinuados, sen profundidade, amplitude de abano ou mesmo permaneceron no escuro e sin a debida e necesaria presenza).

Outra. Ese mesmo abano ideolóxico amplo que reseño, tería o deber de manter económicamente no básico, axuntando as suas respectivas e individuais aportacións para a criación do medio (egin, gara). mas coido que os maioritarios institucionais de ese abano popular de esquerda, ESTARÍAN CLARA E ROTUNDAMENTE EN CONTRA de tal medio!!

Haberá que proxectala sin ese sector que ven e vai a menos.! Levámola clara.

Saúde e sorte ós esforzados travalladores.
Saúde compañeir*s comentaristas.

Xandre #31 24/Xullo/2010 Xandre
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Dende Girona vos mando unha aperta moi forte ó que é o xornal co que sigo a actualidade do país.E remato cunhas verbas que escribia Celso Emilio Ferreiro e que cantaba Batallán:

Pode o corpo ser vencido,
pode o dereito ser torto´
pero o lume que alumea
xamáis o veredes morto.

Unha aperta e obrigado.

bobo #32 24/Xullo/2010 bobo
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

grazas por todo... espero ansioso o voso retorno

FROUXEIRA #33 24/Xullo/2010 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Primeiramente os meus parabéns polo traballo feito até hoxe víspera da Patria Galega.
Supoño que ten que ser así e tod@s somos responsables da desaparición de Vieiros, e efectivamente é un indicador do moito que falla na Galiza o respeto ás nosas sinais de identidade.
Vieiros foi un fío conductor daqueles que temos referentes Galegos, máis non abondou para conquerir un espazo común entre nós.Pode que ainda pendure sobre nós o minifundismo, mesmo en termos sociais e defensa dos valores inequívocos que defendeu até hoxe Vieiros.
Remato con emoción, mesmo agromanme lágrimas escribindo estas letras.
Unha aperta moi sentidiña a tod@s @s que fixeron durante 15 anos de Vieiros un espazo de liberdade.

Eirexado #34 24/Xullo/2010 Eirexado
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Síntome triste. Fun unha parte pequena deste proxecto durante anos e agora penso no que puido ser e non foi. Quédame a satisfacción do traballo ben feito, do traballo pioneiro en moitos casos, da xente sá coa que pasei horas, da liberdade de creación que sempre tiven e do sentimento de pertencer a unha familia que rebordaba as paredes da redacción, da cidade e mesmo de Galiza. Nada me satisfaría máis -e espero que así sexa- que ver Vieiros de novo en activo. Ese Vieiros que ía por libre, debéndose só ao País, á verdade e á xustiza. Ese Vieiros que cabreaba ás veces case por igual aos da dereita e aos da esquerda. Ese Vieiros que por ter unha liña editorial propia e independente nunca foi do completo agrado de ningún político. Por suposto, tamén me sentiría satisfeito se quen se recoñeceu responsable da desfeita económica que nos abocou ao peche case inmediato -o sr. Óscar Martínez Vázquez- pague pola súa neglixencia... porque os traballiños que tivemos e temos que pasar por causa del xa non hai quen nolos quite do lombo.

Un saúdo e grazas por estes anos de xornalismo serio e diferente. Grazas por terme permitido aprender e ensaiar novos xeitos de comunicar. Grazas a os que estivestes até agora e aos que pasastes deixando a vosa pegada na Internet e, máis que en ningún outro lugar, en Galiza.

xardon #35 24/Xullo/2010 xardon
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

moi agradecido polo voso percurso, por todo o que lle destes ao pobo a cambio de moi pouco. a ver cando paus coma este serven neste país realmente pra coller impulso.

xabinho #36 24/Xullo/2010 xabinho
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Sinto unha verdadeira tristura, a minha ialma rota
Moi mala nova, este espaço significa dignidade e esperança, nom mo podo crer, é un mal sonho, nom é verdade
V o l t a r e d e s seguro, e com mais força.
Pertas e obrigado

Abilio #37 24/Xullo/2010 Abilio
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu tinha Vieiros como página de Início. Pensei muitas vezes em muda-la, por desacordos, por estar farto, especialmente nos comentários, de que estivesse a se converter numa atracção de féria de lusopatas (eu sou lusófilo, que é bem diferente), para provar com outros jornais... Mas nunca o fiz. Por algo seria. Fico triste. Saúde e agradecimento a todos/as. Quem recolherá a semente que deixa Vieiros? Quem a fará frutificar noutro projecto ilusionante? Quem fará rabear a partir de agora a “Cabodomundos”, “Gavioteros” e toda essa fauna? Que já se sabe, “quien se pica...”. Um abraço.

Xos #38 24/Xullo/2010 Xos
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Non mo pode crer, menuda nova.

Saudadinha #39 24/Xullo/2010 Saudadinha
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Estou a ponto de chorar.. Aprendi tanto sobre a Galiza com Vieiros! Tanto!! Vai fazer-me tanta falta! Não sei o que dizer. É uma grande perda. Muito, MUITO obrigada a toda a equipa!! O vosso trabalho não será esquecido. Obrigada também a tod@s @s que comentavam os artigos e debatiam... Também convosco aprendi imensa coisa, ao ler-vos diariamente.

Unha aperta a tod@s e MOITA SORTE!

unha portuguesa

xmpb #40 24/Xullo/2010 xmpb
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Quero agradezervos os vosos esforzos a prol de Galiza, de normalizar e modernizar o pais. Moita forza para o futuro xa nestes ou noutros proxectos que seguro que habera.

Saude e terra

Xm Pacho

PD.- Por certo, patetico que a nosa sociedade e os seus politicos tomasen unha postura tan vergoñenta, de todas as cores e sensibilidades. Asi vai o pais.

Gacepo #41 24/Xullo/2010 Gacepo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A vangarda do xornalismo dixital, da independencia editorial, da construción de país desde a posta en común da pluralidade, da negación ao planfetario e á agudización da diferenza nimia, da iniciativa empresarial comprometida e xenerosa con moito máis que o beneficio económico... en fin, un furacán de autoestima nun pre-país.
Mágoa, súmome á mágoa desta fermosa comunidade de Vieiros. A todos e todas e, especialmente a Lois, grazas, moitas grazas.
Coma en calquera pasamento, agora toca velorio, para sorrir diante de tanta hipocresía e chorar xunto a tantos/as compañeiros/as. Feliz 25 de xullo, aínda que eu non vaia por falla de folgos.

loladecosta #42 24/Xullo/2010 loladecosta
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

vaisevos botar en falta!! hai moita diferencia entre vos e outros medios escritos en galego.

peroxa #43 24/Xullo/2010 peroxa
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Até un novo proxecto que, necesariamente se pretendemos continuar como povo, deberá ser referente en construir a información e a opinión en Galiza para non ter que acudir ao cronista do imperio.

A (i)rresponsabilidade dos políticos non é nova, mais xa vai sendo hora de mirar polo compromiso de cada un de nós. A continuidade é posible, se queremos (e iso semella despois de ler os comentarios que preceden). Con corenta vimbios non se fai un cesto, pero da para ir tecendo a base...

Obrigado

pucelano #44 24/Xullo/2010 pucelano
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Estareivos agradecidos pola vosa informacion por sempre. Até sempre Vieiros!

DanielErreCe #45 24/Xullo/2010 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Non teño palabras. Quizás moitos de nós puidemos facer máis, pero seguramente fixemos o que puidemos. Como moi atinadamente apunta Gacepo, este tipo de acontecementos son propios da historia dun pre-país.

Sorte a todos os que deixades este baleiro tan profundo no país. Lois, espero que non perdas o espírito emprendendor que sempre te caracterizou. Espero de corazón que este pasamento sexa o preludio dun novo proxecto que nos faga sentir de novo ben orgullosos.

Unha aperta.

Vituco #46 24/Xullo/2010 Vituco
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

A nosa vida non será igual sen Vieiros.

XMC #47 24/Xullo/2010 XMC
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Xurxo Martínez Crespo, Vieiros-Venezuela.

Souben da fin deste xornal cando abrín Vieiros o día 24. Moitas críticas choveron sobre Vieiros-Venezuela porque non dicía de Venezuela o que din (repiten)o 100% dos media internacionais.
Pero eu quero agradecer as críticas construtivas. Quero agradecer sobre todos os anteriores responsábeis de Vieiros, a Moncho, a Fernando e a Roberto, sempre atentos, amábeis e colaboradores. Galiza é un país grande porque nace destas pequenas empresas levadas por grandes homes. Eu quedo ferido despois de tantos anos, preocupado e ocupado. O meu único pagamento foi acender o ordenador e poder consultar as páxinas do noso Vieiros... agora, quedo en débeda comigo mesmo. Saúde e Terra!

rasgulkje #48 24/Xullo/2010 rasgulkje
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Non teño palabras... é todo tan triste neste noso país.

Unha aperta de corazón para tódolos traballadores e, como non, para tódolos membros desta comunidade virtual cos que tan bos momentos pasei.

Os galegos quedamos hoxe un pouco máis orfos. ¿Volveremos encontrarnos no futuro?

curras #49 24/Xullo/2010 curras
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O meu xornal...

quicoll #50 24/Xullo/2010 quicoll
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

¡Que fermosura de pais, pero que carallo de xente!. Outro esforzo vanguardista que se nos vai das mans. Vieiros ten alumeado o mundo da comunicación dende que practicamente empezamos a descubrir os medios dixitais. Sempre foi unha xanela aberta, e agora... ¿onde imos asomar?. Grazas Vierios.

KdL #51 24/Xullo/2010 KdL
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Eu non mo podo crer...

opiloto #52 24/Xullo/2010 opiloto
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Eu sou um leitor relativamente novo en Vieiros e não tinha nem idéia dos problemas que tinha.Está manhã quando me enterei do peche entroume magoa e raiva que ainda me dura, agardo poder desfogarme manhã na manifa de Compostela.Obrigado a tod@s e até pronto ¡¡¡VIVA VIEIROS E VIVA GALIZA!!!

craroquenon #53 24/Xullo/2010 craroquenon
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

E unha magoa ler iso hoxe. Perdo un dos meus pontes entre Galiza e eu. Case todolos dias podia saber un pouco dos meus irmans e irmas. As loitas mais tamen as creacions, a vida deste pobo.

Grazas para todos, até logo.
Un galego da Galiza exterior.

Rebordelo #54 24/Xullo/2010 Rebordelo
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Pois é unha triste sorpresa...quedei calado cando vexo o titular. Pobre país que deixa morrer un medio independente na lingua propia...agora que estamos coas novas tecnoloxías seguen facendo falta os corazóns...apertas e ATA A VITORIA, SEMPRE!

barravaite #55 24/Xullo/2010 barravaite
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

foreiros de Vieiros, haberá que quedar noutro portal, non?
cal pode ser? Xornal? Galiciae? A nosa terra?
admítense propostas.

flanoscopio #56 24/Xullo/2010 flanoscopio
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Eu, coma craroquenon, tamén perdin unha ponte (no meu caso de 1000 km) con Galiza. Un dia moi triste.
Ante todo gracias e ata sempre.

pelacho #57 24/Xullo/2010 pelacho
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

parabéns polo traballo realizado.
aperta grande

Carlinhos #58 24/Xullo/2010 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cae Chuza... Pola causa contrária... foi plataforma para negócios mais lucrativos...
Enfim, eis a vossa economia de mercado.

Celso #59 24/Xullo/2010 Celso
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Barravaite #55, conheces MundoGaliza?, http://www.mundogaliza.com . Podemos ir visitando-o, a ver se vamos caindo.

Celso #60 24/Xullo/2010 Celso
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

"Tempo de silenzo", um editoral de Beatriz Guiance, editora de MundoGaliza, sobre o feche de Vieiros:

http://www.mundogaliza...

Carlinhos #61 24/Xullo/2010 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Bom, já soltei o fel, agora creio que vou chorar um pouco.
Parabéns e muito obrigado, gracinhas, Vieiros

omoscon #62 24/Xullo/2010 omoscon
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Un día inesperadamente triste.

Fúchedes a miña páxna de cabeceira moitos anos. Moitas grazas por existires todos e cada un deles.

Botareivos de menos.

Sr_J #63 24/Xullo/2010 Sr_J
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Que desastre, rapazes... decerto um dia triste, e uma notícia para mim inesperada e bem desagradável. Quão importante era este portal! E que faremos agora...

Enfim, parabéns de coração a tod@s os que faziades desta web a minha referência diária. Apertas, graças, e muita sorte para o futuro!

Eduard #64 24/Xullo/2010 Eduard
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Eu sigo entrando para ver se é unha broma... mais vexo que non, hoxe non é 1 de abril. Levo 9 anos lendo Vieiros todos os días. Moitas grazas.

Gamela00 #65 24/Xullo/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Fagamos algo máis para defender a Liberdade de Expresión dun pobo !!!

http://www.vieiros.com/open/am...

monchovilla #66 24/Xullo/2010 monchovilla
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

tamen e mala sorte hai 8 dias que me rexistrei e vades e pechades de todas formas moitas grazas espero volvervos a encontrar,eu tamen digo en galego o que qeiras,un salodo.

Cachaldora #67 24/Xullo/2010 Cachaldora
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Dende logo unha fonda mágoa; e debo dicir que a partires d'hoxe, os galegos somos menos libres, menos visíbeis e máis febles ante a constante agresión que sufrimos dende séculos polos anormais que queren seguir loitando porque desapareza a humanidade no seu senso máis básico.
Eu so quero que reconsideredes a vosa opinión, e se temos que pagar por lervos eu fareino. Non me deixedes neste mar inmundo, pois sodes a miña única táboa de salvación.
Propoño mercar entre todos este proxecto. Alguén con iniciativa empresarial?
Unha forte aperta.

acarondosil #68 24/Xullo/2010 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Moitas grazas Vieiros.

joseantonio #69 25/Xullo/2010 joseantonio
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Unha tristura inmensa impideme dicir máis cousas. Grazas por voso traballo tan digno e responsable con os vosos amigos galegos. Non podo creelo ainda.

Roi_Ourense #70 25/Xullo/2010 Roi_Ourense
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Non dou creto... canto o sinto... Grazas e parabéns por todo.

Pallarego #71 25/Xullo/2010 Pallarego
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Os baleiros existen para ser tapados, non teñen outra función. Ás veces ninguén se decata deles porque, precisamente, non son doados de percibir. Trátase en realidade dunha cuestión de sentimento, sentirmos ou non esa falta. Unha perda nótase máis facilmente.

Cando naceu Vieiros, nin sequera sabiamos que o necesitabamos. Foi Lois, un tipo capaz de ver onde os demais seguimos cegos, quen albiscou o burato no esqueleto do País. Precisabamos un proxecto que nos identificase en Internet e así mesmo demandabamos un medio de información LIBRE, independente, construído e desenvolvido por, dende e para GALICIA. Iso é Vieiros, a estrela dixital que sinala a localización do noso País no universo da Internet. Apágase a estrela, xorde o buraco negro, o baleiro total que dalgunha maneira haberemos encher.

Ata sempre dende a miña infinita admiración.
Marcelino Fernández Mallo

XabierCordal #72 25/Xullo/2010 XabierCordal
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Vieiros deunos a moit@s un espazo para falar, sempre en plena liberdade e cun trato exquisito. O meu agradecemento para Anxo Quintela, Lois Rodríguez, e Ramón Vilar; tamén para os redactores e para os compañeiros de opinión. Grazas tamén a cada un dos lectores e lectoras que me brindaron un chisco do seu tempo.

Galicia perde unha das máis importantes referencias desta época. O adeus de Vieiros e o de Chuza pechan unha xornada nefasta para a nación informativa.


Unha grande aperta.

Mearius #73 25/Xullo/2010 Mearius
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Nooooooooooooooooooooooooooooonnnnnnn!!!!!!!

Gamela00 #74 25/Xullo/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

@72 Mesturar churras e merinas non é doado! Especialmente cando a morte de VIEIROS é un golpe capital á Liberdade de Expresión no periodismo 2.0 de Galicia. Mentres a desaparición de Chuza cada poderíamos considerala un ALIVIO...!

Comparar o traballo ben feito e o respecto absoluto á liberdade de opinión de tódolos seus usuarios é o que leva facendo VIEIROS ó longo de 15 anos... mentres CHUZA foi sempre unha cova de intoleráncia informativa e lugar SECTARIO onde os haxa... O Karma Negativo é a mellor definición para ese lugar arribista que non botarei de menos.

Especialmente porque só coa liberdade de expresión poderá Galicia conseguir o seu lugar no mundo e este foi o traballo que sempre realizou VIEIROS e non sei de ningún outro medio en Galicia que se lle poda comparar NIN DE LONXE !!!

Saúde e Boa Fortuna ;)

http://www.vieiros.com/open/am...

Carlinhos #75 25/Xullo/2010 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

http://www.diarioliberdade...

petopitopato #76 25/Xullo/2010 petopitopato
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#74 diso nada... esta vostede completamente equivocado con chuza... é moi probábel que vostede mesmo peque desa intolerancia e sectarismo que quere vostede ver nesa rede social onde sempre houbo, como na mesma sociedade, persoas e opinions libres e con moito sentido do humor, con perspectivas refrescantes e iso non quita que tamén as houbese máis ou menos extremistas ou intolerantes (as menos con diferenza). Vieiros e chuza morreron... ¡¡Vivan Vieiros e chuza!! a vía segue aberta...

Senior #77 25/Xullo/2010 Senior
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Obrigado, Lois e demais persoas que traballastes en Vieiros!
O peche é unha perda enorme. Para min, que tiña Vieiros como páxina de inicio des que botou a andar e como referente obrigado na actividade cotiá. Mais tamén para Galicia, que perde unha cabeceira independente, plural e chea de vida. Vieiros foi un digno continuador do "Vieiros" do exilio e unha fiestra que acabou por se nos facer imprescindible. Desexo, como tantas persoas, que volva con novos azos, pois é imprescindible nestes tempos en que os poderosos tentan afogarnos de vez. Non o han conseguir, nunca.

Gelo #78 25/Xullo/2010 Gelo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#74 Concordo com petopitopato. É certo que em Chuza! participava muito gente virada à esquerda política mas os chuceiros abertamente liberais lá estavam com os demais: aqueles que acreditávamos em que ler novas em galego era possível e necessário. Eu estava em minoria em Chuza!, poucas notícias das que mandava chegavam à capa, mas isso é porque pessoas diferentes temos interesses diferentes. O bom humor imperava em Chuza! muito mais do que noutros meios e a defesa da língua sempre estava aí. Quero mais do mesmo a abrir-se a mais pluralismo e possibilidades para a Nossa Terra :|

alboiando #79 25/Xullo/2010 alboiando
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Obrigado a Vieiros e a todas as persoas dos comentarios. Perdemos um espazo de liberdade e gañamos mais unha experiencia para a reflexión e a acción futura...

mansdodemo #80 25/Xullo/2010 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

¡Castellanos de Castilla,
tendes corazón de aceiro,
alma como as penas dura,
e sin entrañas ó peito!

Que Castilla e castellanos
todos nun montón a eito,
non valen o que unha herbiña
destes nosos campos frescos.

¡Castellanos de Castilla,
tratade ben ós galegos:
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros!.

Rosalía de Castro

Unha aperta moi forte a todas e todos.

Etrangere #81 25/Xullo/2010 Etrangere
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Ich habe nichts, wovon ich sagen möchte, es sey mein eigen.
Fern und tod sind meine Geliebten,
und ich vernehme durch keine Stimme von ihnen nichts mehr.
Mein Geschäft auf Erden ist aus.
Ich bin voll Willens an die Arbeit gegangen, habe geblutet darüber,
und die Welt um keinen Pfenning reicher gemacht.

Tschüss, Freunde

koroshiya_itchy #82 25/Xullo/2010 koroshiya_itchy
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

http://koroshiyaitchy.wordpres...

AGIL #83 25/Xullo/2010 AGIL
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Lamento-o deveras. Nao poderia, entre todos, tirar para a frente estes Vieiros? Seja como for, agradeço imenso o vosso trabalho. E, no possivel, continuemos!

Gamela00 #84 25/Xullo/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#76 #78 Non é iste o mellor lugar para discutir sobre CHUZA pero non deberamos confundir á xente: VIEIROS leva 15 anos traballando e ABRINDOSE á sociedade galega...

Chuza nin sequera leva 4 anos á sombra das subvencións que pillou do bipartito e así lle foi, que morreu de enchente á máis do SECTARISMO reinante e contumaz dos seus usuarios habituais; as disculpas de Berto non son válidas pois moitos fomos os que AVISAMOS do que sucedía en Chuza... el apostou polo sectarismo e perdeu...

VIEIROS NUNCA CENSUROU A NIGUÉN !!!
Velaí o seu VALOR e a súa Fortaleza!!!

Nota Bene:
http://www.galiciaconfidencial...
http://www.meneame.net/story/c...

Cada pau que aguante a súa vela !!!

XurxoMG #85 25/Xullo/2010 XurxoMG
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Era un rapaz, un ninguén, e Vieiros quixo abrirme a xanela para colaborar. Foron xa catro anos dende aquelas. O seu trato sempre foi cordial, achegado. Gardo amigos nesa redacción. A todos eles moitas gracias. A amiza pervivirá e abofé que de novo aparecerá outro xornal dixital en galego e plural.
Agradezo tamén a toda a xente que lía e comentaba nos meus artigos, que me animaba e sobre todo, gardarei agarimosamente todos os comentarios ao artigo "Son neofalante".Foi un auténtico gusto poder colaborar en Vieiros e poder compartir coa xente as reflexións que consideraramos.
Moita forza e adiante! Non caiamos no derrotismo. Oxalá florezan mil Vieiros máis!
Obrigado a tod@s. Unha fonda aperta a todos os trballadores, traballadoras de Vieiros e á xente anónima que coas súas visitas, comentarios e achegas fixeron dste xornal o máis visto en galego da internet.

petopitopato #86 25/Xullo/2010 petopitopato
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

gamela é vostede un cenizo... como se permite o luxo de chamarnos sectarios a nosa cara aos que participamos en chuza? Cómo se permite facer acusacións infundadas e sen probas? Subvencions, enchente do bipartito... onde se viu... por iso, de cheos, os media netamente galegos caen un tras outro... de enchente...
De onde saiu tanta prepotencia? Magoa daqueles que non saben gardar as formas nin nos momentos máis tristes e, triste, mesmo por ter que entrar nestas estériles polémicas nestas alturas...

Arroas #87 25/Xullo/2010 Arroas
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Obrigado port todo e boa proa xente de VIeiros.
Que lastima...q
Acabamos de ler hoxe a mala nova, fora do pais.
Esperamos que en breve podades-podamos ter este voso maravilloso medio galego, en galego, unha xanela aberta ao mundo desde a Terra.
Saude e que os ventos sexan ventureiros

XanCarrizo #88 25/Xullo/2010 XanCarrizo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

É ben triste que desapareza o que foi o referente da información auténticamente galega para os que vivimos aquí e para os que están lonxe, que para moitos emigrantes era o vínculo informativo con Galicia.
http://dai.ly/ac28KQ

monchovilla #89 25/Xullo/2010 monchovilla
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

algen me pode explicar por que se pecha vieiros motivos politicos,grazas.

sferreiro #90 25/Xullo/2010 sferreiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Aínda non podo crer que feche Vieiros.
Ten de xurdir outra iniciativa similar. Necesitámola!!

sferreiro #91 25/Xullo/2010 sferreiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O sentimento é de grande TRISTEZA...

Gamela00 #92 25/Xullo/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#89 Segundo a versión oficial por problemas financieiros e de liquidez..
http://www.galiciaconfidencial...

Outra cousa sería rastrexar con calma cómo se chegou ata aquí...?

zarrulheiro #93 26/Xullo/2010 zarrulheiro
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Obrigado a Vieiros por todos estes anos ao serviço da Galiza. Agora toda a gente deve reorganizar-se, recuperar-se deste soco nos fuzinhos, não ser derrotista e saber que a Rede continua a brindar-nos, a tod@s os que estamos contra a hegemonia espanhola na nossa nação, um instrumento formidável.

Derriba Espanha.

Gamela00 #94 26/Xullo/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Por máis NORMAL que poda ser un país... sempre hai algúns que buscan o poder a calquera prezo e cando non poden mercar directamente ós medios basta con tirar de LEXISLACIÓN para SILENCIALOS !

As cousas estanse complicando moito ultimamente só negocios por baixo da mesa e prebendas electorais para os que están na liña dos gobernos!

http://www.elpais.com/articulo...

cocerelho #95 26/Xullo/2010 cocerelho
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Hoje no jornal El Progreso de Lugo, a dia 25 de Julho, Dia da Pátria, Santiago Apóstolo e em pleno Ano Santo, a fotografia da capa era para a victoria numha etapa de um ciclista espanhol. Eles vivem e Vieiros morre.

Cada vez estou mais certo de que os, galegos (nom os nascidos na Galiza) temos de nos afazer a pagar pola nossa cultura, pola nossa indústria, polo nosso país. A soltar a pita. E a nom dar um patacom a quem vá na nossa contra. A Galiza tem um preço, e infelizmente esse preço é em euros.

Obrigado polo vosso mui preçado trabalho. A partir de agora, cada manhã, nom sei que merda vou lêr.

Lead_bocas #96 26/Xullo/2010 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Unha mágoa grande !
Os medios de expresión galega son moi necesarios... e neste e noutros terreos non podemos xogar sempre a sobrevivir.

O nacionalismo hexemónico vén de demostrar nas instituciós (da mao do partido protoestatalista español) a incapacidade que xa demostrou na rúa para conectar co espíritu dos tempos e coas necesidades reais deste povo. En primeiro lugar hai que afrontar a responsabilidade de ser consecuentemente radical na denuncia e combate da corrupción que sostén a dominación da terra e das xentes de Galiza. Mentres non mude este plantexamento de colaboracionismo inxenuo, este quiste político levemente progre que hoxe é o BNG, estaremos e seguiremos en crise, inermes baixo a bota colonial da imposición estranxeira (o capitalismo avanzado).

Saúde

lisardo #97 26/Xullo/2010 lisardo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Que vai ser de nós?

asdf #98 26/Xullo/2010 asdf
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

alguén sabe se a Real Academia Galega, o Consello da Cultura, A Mesa pola Normalización ou similares fixeron algún pronunciamento público sobre o peche do medio de referencia en lingua galega durante os últimos quince anos?

Carlinhos #99 26/Xullo/2010 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

http://www.youtube.com/watch?v...

semoncho #100 26/Xullo/2010 semoncho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Remata a sua andaina o meio mais livre e digno da rede galega. Triste, muito triste. Coitados de nós que ficamos orfaos.

Obrigadissimo polo vosso trabalho.

Morrazo #101 26/Xullo/2010 Morrazo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Moitas cousas moi boas fixo vieiros. Tanta xente seguindo a súa andaina e non poder seguir!!??!!. Grazas polas vosas grazas. Xa tiña moitos anos e seguía fresca. Reflectía as contradiccións e acertos de Aliza e o seu país das maravillas. Magoa, confío en que agrome algunha das moitas sementes que espallou.

isabelrei #102 26/Xullo/2010 isabelrei
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Muito obrigada a Vieiros pelo trabalho que realizou até o último dia. Deixa um espaço valeiro que precisamos retomar aginha. Não é esta uma boa notícia, nem tampouco a de Chuza... Escurece-se um pouco a rede pela da falta destes referentes mas muit@s confiamos na recuperação, senão por este meio, através de outros projetos também ambiciosos e abertos à participação.

pjrngw #103 26/Xullo/2010 pjrngw
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Ave María purísima.

Hermanos:

R.I.P. Vieiros, que ha sido un foro de un galleguismo bien entendido, siempre dentro de la unidad de España, tal como nuestro admirado Don Manuel Fraga Iribarne, ministro de Información y Turismo del Caudillo, siempre dice.

Hemos de promover un regionalismo sano, lejos del separatismo filoterrorista y ateo que los enemigos de Dios y de España tratan de imponernos en connivencia con la masonería y el marxismo internacional.

No olvidemos que también el Caudillo fue un gran gallego, presidente honorario de la R.A.G., que nunca olvidó su procedencia del Noroeste, la región de Breogán y monseñor Rouco Varela, y siempre nuestro Salvador de la Patria promovió los coros y danzas regionales, tan enxebres ellos reflejando los cánticos y modos de vida de nuestros rústicos labriegos, así como su religiosidad, con San Benitiño de Lérez y demás muestras de nuestro folclore que cada primero de mayo se exhibía en las demostraciones sindicales en el estadio Santiago Bernabeu de Madrid.

Así pues, este obispo de Constantinopla imparte los últimos sacramentos a Vieiros, ruega por él al Señor y le envía su bendición apostólica.

Palabra de Dios.

luisfoz #104 26/Xullo/2010 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Adeus, Vieiros, muito obrigado pelo teu labor. Haverá uma possibilidade de reencontro? Oxalá!!

elrr #105 26/Xullo/2010 elrr
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

E agora que faremos? Cal será a miña páxina de inicio?

Desde o 96, se mal non lembro, levaba lendo Vieiros.

Grazas e saúde a tod@s.

molondron #106 26/Xullo/2010 molondron
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Unha moi mala noticia para os galegos en xeral, e para os medios de comunicación, en particular.
PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO E ENTREGA!! durante todo este tempo e que sexa pronto cando se abra un novo VIEIROS.
Os internautas galegos, pero que residimos fóra do país, quedamos, certamente orfos. Vieiros era, sen dúbida, unha aposta diaria por facer país e un referente constante. Mágoa!!

Indixenanoapartheid #107 27/Xullo/2010 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Veño de chegar a casa logo de tres días de descanso e de estar onte en Compostela... e atopo esta nova. Sinto moita mágoa e un inmenso agradecemento por ter recibido de Vieiros nestes últimos anos uns grolos de liberdade no meio da terrible seca dela que padecemos.
Apertas a todos os irmáns galegos bos e xenerosos. Adiante sempre.

Gaviotero #108 27/Xullo/2010 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



davidelc #109 27/Xullo/2010 davidelc
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Sen dúbida, unha grande perda, unha mala nova....

Obrigado polo voso labor, de verdade...

Carlinhos #110 27/Xullo/2010 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

http://www.youtube.com/watch?v...

arume #111 27/Xullo/2010 arume
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Unha mágoa o peche de Vieiros, sen dúbida. Unha mágoa polos incansables e loitadores traballadores, que quixeron mirar con optimismo a un horizonte que se lles presentaba escuro. Ánimo para todos eles, para esa redacción que era unha festa en si mesma, nestes momentos difíciles.

Con todo, xa que non é posible comentar a carta do editor de Vieiros, Lois Rodríguez, quixera dicir aquí que é unha lástima que lle coste tanto pronunciar (ou escribir) o nome de Acordar. Aquela "empresa do mesmo accionariado" cuxo nome non quere lembrar. Aquela empresa que pechou aló por decembro de 2009, en vísperas do Nadal. Aquela na que día a día moitos traballadores e traballadoras se esforzaban por xerar novos ingresos, por saír da situación de crise.

Aqueles traballadores de Acordar contribuíron en parte ao que foi Vieiros. Pero eles saíron pola porta de atrás, sen cartas de despedida (aínda que sí de despido), recoñecementos públicos nin loubanzas.

Unha aperta forte a todos eles, dende a distancia. Aos que marcharon antes de que estoupara a bomba, aos se viron na obriga de deixar o barco en xuño de 2009 e aos que seguiron tocando os violíns ata decembro, cando xa estaban coa auga ao pescozo, aínda sabendo que para o capitán non eran máis que pasaxeiros de terceira clase.

xoselado #112 27/Xullo/2010 xoselado
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Mágoa bem grande!.Unha referencia diaria que se perde.Parabéns polo trabalho feito a todos os que fixestes posibel este diario.

ecoe #113 27/Xullo/2010 ecoe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Tamén para o fascismo de novo cuño: un lugar a menos onde se permite certo insultante esplaiamento!

Carlinhos #114 27/Xullo/2010 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

http://www.youtube...

chpg #115 27/Xullo/2010 chpg
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#28
apreciado Aloquete

podemos le-lo a vostede noutros foruns?

um sáudo

Carlinhos #116 27/Xullo/2010 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

http://www.youtube.com/watch?v...

chpg #117 27/Xullo/2010 chpg
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

felicitacións polo traballo a toda a gran familia de vieiros

Inxel #118 28/Xullo/2010 Inxel
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Unha noticia triste e preocupante. Cando unha voz como a de Vieiros se apaga, norren ao seu redor moitas cousas: un estilo de presentar a noticia, unha tolerancia exemplar, unha amplitude de miras dignas de emulación, un espírito de servizo a principios e valores, orixinalidade, profesionalidade, sentido do que é prioritario, sacrificio, solidariedade, crítica construtiva, etc. Sempre vos considerei como amigos que procuraban comigo buscar a "verdade" que nos é dado alcanzar os humanos. Unha aperta cordial para vós, os responsábeis de Vieiros, e saúdos non menos cordiais aos magníficos contertulios de "Comentarios". A todos, grazas.

Carlinhos #119 28/Xullo/2010 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

http://www.youtube.com/watch?v...

Aloquete #121 28/Xullo/2010 Aloquete
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Caro chpg,

Durante muito tempo participei em longas discussões no fórum do PGL, tanto no "velho" como no novo.

Também mantive e estimulei, num blogue português colectivo, temas galegos, como poderá ver no arquivo

http://aspirinab.com/arquivo/v...

Um abraço.

Dani_Meralho #122 28/Xullo/2010 Dani_Meralho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Rematou a liberdade informativa na Galiza.

Antom #123 28/Xullo/2010 Antom
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

onte todo era máis fermoso
a música nas árbores
o vento no meu cabelo
e nas túas mans tendidas
o sol

edelrc #124 28/Xullo/2010 edelrc
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Levastesme diariamente Galicia a Detroit e logo a Barcelona e finalmente a Manila... fostes dende mais dun tercio da miña vida a mellor referencia á miña terra.
Non deveches deixarme tan só nestes lares tan lonxanos.
Unha forte aperta.

Gamela00 #125 29/Xullo/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Por se acaso servira de algo RECORDAR

http://www.vieiros.com/open/am...

MiguelGZ #126 29/Xullo/2010 MiguelGZ
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Unha verdadeira mágoa.
Pra un xornal independente, serio e en língua galega que temos e remata por pechar.
Moita sorte ao equipo de Vieiros no seu próximo traballo.
Agardarei con esperanza que alguén poida cubrir este oco que nos deixa Vieiros.
Un saudo, unha aperta e mil gracias por estos anos de información.
Ate sempre

baltar69 #127 29/Xullo/2010 baltar69
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

nos últimos tempos a cousa andaba floxa: as informacións eran moi esquemáticas e o debate razoado escaso ( quizás a raiz da baixada da burra de quintana e demais comensais de maseira o que máis me asombrou foi o cainismo belixerante entre lusistas e partidarios do binomio rag/ilg, un debate ás veces cuasi histérico e a todas luces escesivo e nada vertebrador). botei de menos un máis concreto sobre a situación real de galicia dende planos económicos, sociais e políticos, pero dalgunha forma tamén ahí o bipartito significou un lastre para todos aqueles que o votamos e apoiamos e xa soio quedaba espazo político para a mesa, a fala, fwwwrando e o infame apolohit. en fín, esta senda baquiana non daba para máis pero, con todo, botareivos en falla; ate tamunange/coutoven, ao que tiña xa piadosamente no olvido, me ven a memoria e terei que buscalo en castro na cantina do mancho. qué será de nos sen os séus denodados esforzos por convencernos da maldade intrínseca de chávez e da peligrosidade das súas babas nas que se prenden os kichner, os correa, os ortegas, os morales da vida ca súa carrada diaria de datos xurados por llutuve?
en fín, a peroxa penso velo un día de estes por chantada para tomar unhas cervexas no café da chus e, ó resto dos máis ou menos anónimos, envíolles os meus saúdos e os meus respetos por ter donado tanto a cambio de tan pouco.
ate outra.

sitiodistinto #128 29/Xullo/2010 sitiodistinto
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Moita grazas por todo.

BonKarallan #129 29/Xullo/2010 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Entereime hoxe. Botareivos de menos.

agremon #130 30/Xullo/2010 agremon
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Síntoo. Mentras, tentarei seguir na liña que marcáchedes ó nacer e que debuxáchedes co voso traballo diario.
Grazas? tamén, pero non só se da as grazas a un compañeiro de viaxe que fai as veces de irmán maior, de mestre, ... e Vieiros ademáis é xa dende hai tempo historia de Galicia.

agremon #131 30/Xullo/2010 agremon
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non sei como artellalo, pero unha acción en positivo sería o poder manter o dominio e o material acumulado, e convertelo así nunha especie de museo vivo destes tres quinquenios galegos. Quizáis a consello da Cultura Galega podería facerse cargo? A Academia da lingua?
Coido que non se debera perder.
Deixo unha entrada no meu blog: http://ribadeando.blogspot.com...

morouteira #132 30/Xullo/2010 morouteira
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Seremos quen de despertar? De dármonos conta do que perdemos? Visitar Vieiros era un ritual diario. Levaba uns días de vacacións, desconectada e abro e atopo isto. Aínda non pechei a boca.
Onde imos ler os enfoques que non convén divulgar? Darmos un paso adiante cústanos un mundo, dálo para atrás é máis rápido ca un foguete.
Sinto unha inmensa dor.Non teño palabras.

Barcelos #133 3/Agosto/2010 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O peche de Vieiros é unha mala noticia para os nacionalistas. Ata se me apurades ata é unha mala noticia para Gaviotero, que terá un sitio menos para insultarnos.

Parabén a Vieiros polos anos ao servizo do nacionalismo galego e da liberdade. Foi un pracer poder participar cos nosos comentarios nas noticias e nos artigos.

Ata sempre

galicecos #134 7/Agosto/2010 galicecos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

As miñas opinións eran exporádicas neste xonal, mais votareino de menos pois tíñao coma un xornal imprescindible neste noso país para podermos opinar dun xeito libre e democrático, ainda que houbese individuos con pouco tino. Isto non é bo para Galiza e os que sentimos país estamos tristes e non albiscamos nada que mellore a nosa situación coma Nazón de Breogén. Mágoa.

petopitopato #135 9/Agosto/2010 petopitopato
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

VIEIROS, POR TUTATIS.... VOLTA!!! ISTO NON HÁ QUEN O ATURE!

Gamela00 #136 11/Agosto/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

En quince días os MEDIOS galegos desaparecen coma fume (?)

Non creo nas 'casualidades'...

O silencio da rede é demasiado ESPESO como para non agochar ALGO...?

http://gamela00.blogspot.com/2...

mansdodemo #137 14/Agosto/2010 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A democracia nesta nosa terra, vai camiño monte abaixo. O que non o vexa é que está cego.
Control, control........ata no aire que respiramos. E o aire que respiramos está moi contaminado, e vai apodrecer os nosos pulmóns.
Tempo ao tempo.

Gamela00 #138 20/Agosto/2010 Gamela00
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Poderíamos entre TODOS REFUNDAR VIEIROS ?

http://www.galiciaconfidencial...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: