No limiar da edición facsimilar do Vieiros de México (1959-1968), publicada por Edicións A Nosa Terra, Margarita Ledo principiaba: “Estás tocando galego, como decisión de sermos independentes, criativos e esplendorosos”. A histórica publicación da que collemos o nome procurou unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita desde o exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos no mundo. Esa foi a arela que tiveron aqueles visionarios (Luís Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado...). É unha forma de entender Galiza, de pensar o país dun xeito moderno, ecléctico e desacomplexado. Foi a base editorial do actual Vieiros.
Manter esa liña e o noso labor informativo diario consolidounos como referente. O seguimento da crise do Prestige pode ser un exemplo paradigmático, Vieiros, espremendo ao máximo os seus limitados recursos abriu unha fenda nun contexto de forte presión censora. Esa forma de facer, aplicable a moitos máis casos, foi o espirito do que nunca desfalecemos.
Dedicámonos asimesmo a abrir o campo de xogo, demos voz a todas as sensibilidades dunha sociedade plural que compartía a arela de defender e facer avanzar o país. Nel sempre estivemos centrados, tanto editorial como formalmente, pensando o mundo desde aquí.
Vieiros optou desde os seus comezos por converterse no medio de comunicación dunha sociedade que estaba por vir, pero que un día chegaremos a ser. Camiñar cara a realidade na que nos gustaría vivir implica non deixarse controlar. A nosa radical independencia trouxo custos. Vivimos nun país cun escaso nivel de cultura democrática, cun quefacer informativo moi centrado en persoas no canto de ideas ou procesos. Informar desde esa postura independente e poñer ideas enriba da mesa provocou problemas, incomprensións e mesmo ataques desde todas as opcións ideolóxicas.
Pero tamén é xusto dicir que neste camiño gañamos moitos amigos e moitos parabéns. Aquí sempre atoparon abeiro todas aquelas persoas e entidades que buscasen un espazo aberto, plural, normalizador, independente e en galego. Sempre cremos que entre todos, sexan de quen sexan, con repecto e esforzos compartidos, é como vai avanzar o país.
Ao longo destes quince anos, o editor e todos os que aquí traballaron, especialmente os directores Daniel, Rocío, Anxo, María e Ramón, así como Roberto, o xefe de redacción, e os xornalistas que até aquí chegamos, compartimos a idea de que este medio se tiña que ir facendo en colaboración con opinadores e lectores. E así foi, mesmo contando con personalidades tan plurais, demos conseguido manter unha liña editorial clara ao longo do tempo e realizar un xornal que moito máis que dunha ou outra persoa foi un logro colectivo. Esa foi a nosa máis rendíbel aposta pola creatividade.
A maiores desta, esplendor e independencia, foi o que intentamos achegar a uns lectores que coma ti son creativos, respectuosos, ilusionados, críticos e solidarios, en definitiva, esplendorosos e independentes, e agardamos ter aberto novas rutas para que o país, algún día, tamén o sexa.
Hai que ser ben MISERABLE para alegrarse da morte dun medio de comunicación social coma VIEIROS. Os que chamas 'profesionais' só atenden a leis de mercado puro e duro.
VIEIROS era a única raiola de LIBERDADE que quedaba en GALICIA !!!
Só os escravos poden alegrarse desta morte triste !!!
Con todas as pexas que se poidan obxectar... só direi que Vieiros era a miña páxina de inicio. Botareivos de menos.
Vieiros, e o seu editor, Lois Rodríguez, deben figurar na Historia de Galicia. Como lectores foi Vieiros quen nos iniciou a moitísimos de nós neste novo mundo dixital. Foron pioneiros.
INMENSAMENTE AGRADECIDOS.
Grazas Moncho, grazas Fernando, grazas Isabel, grazas Rober, grazas Pablo e grazas Lois. Por soñar unha Galicia mellor e intentar construíla! Unha moi forte aperta. Xa non quedaremos na redacción pero seguiremos adiante!!!
Paulo Casal
ORFOS.
Esa eche a palabra que define os sentimentos dos lectores de Vieiros. Porque este xornal significaba algo mais que periodismo na internet; foi unha canle de expresión e opinion para todos e entre todos, en donde soubestedes desenvolver periodismo en clave nacionalista e internacionalista galega, coa difusión da nosa cultura e a nosa lingua, e tan só por iso, xa formabades parte do Patrimonio Identitario Galego, de verdade que ese é o meu sentimento.
Fixestedes sempre un traballo titanico por acubillar todalas expresións politicas do galeguismo o nacionalismo e o independentismo, o que representa un logro de imparcialidade nestes ventos furacanados de ideoloxias semellantes, nas que non sempre fustedes gratificados.
Agardo como moitos outros leitores que, mais cedo ca tarde, recuperedes os folgos economicos deste camiño, deste vieiro, e poidades asi seguir a acompañarnos a todos nesta construcción da nosa información, da nosa opinión e da nosa reflexión.
A todolos lectores, agradecerlles os seus comentarios, como manifestación da opinión critica e, a meirande parte das veces reflexiva, coa que construín e compartin un maxín ideoloxico mais aberto a todo o abano nacionalista. Cantas veces abrin este xornal so para ollar os vosos comentarios...
Nada mais, ata pronto, con magoa volo digo..
VIVA VIEROS, VIVA GALIZA CEIVE!!!
Eu também tinha Vieiros como página de Início. Pensei muitas vezes em muda-la, por desacordos, por estar farto, especialmente nos comentários, de que estivesse a se converter numa atracção de féria de lusomanos e lusopatas (eu sou lusófilo, que é bem diferente), para provar com outros jornais... Mas nunca o fiz. Por algo seria. Fico triste. Saúde e agradecimento a todos. Quem recolherá a semente que deixa Vieiros? Quem a fará frutificar noutro projecto ilusionante? Quem fará rabear a partir de agora a “Cabodomundos”, “Gavioteros” e demais fauna? Que já se sabe, “quien se pica...”. Um abraço a todos/as.
Vierios tamén era a miña páxina de inicio. ¿Poderá alguén cubrir ese currinchiño orfo?.
Xurxo Martínez Crespo, Vieiros-Venezuela
"Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares." Alba de Gloria, Castelao.
¿Deixarás morrer a liberdade de expresión en Galicia?
http://www.vieiros.com/open/am...
Moitas grazas Vieiros por deixarme dar a miña opinión nas vosas páxínas. Ata pronto.
Agardo de verdade que isto sexa un pesadelo e que axinha volvades / volvamos...
Grazas por estes 15 anos de independencia xornalística!
Voltade axiña!
#1 mira si vieiros é grande e perdurara sempre na historia que pese as barbaridades que dixeches o teu comentario aparece no tablon e non houbo censura algunha.... a ver que xornal en activo che permite facer cousa tal....
Vieiros na memoria e na accion.... estou moi triste mais sei que nos voltaremos ver....
Non é un adeus... é un deica logo VIEIROS.... un aperta grande e grazas por todo
Este editorial tan lúcido ha pasar á historia do xornalismo. Grazas por todos estes anos!
Tinha Vieiros num Tab permanente do meu browser o que me permitiu redescobrir a Galiza de forma diária e constante. Não acredito na morte de Vieiros, o exemplo foi demasiado bom para que possa ser desaproveitado. Tal como existiu um antes e um depois de Vieiros em relação ao seu nascimento, existirá um antes e um depois de Vieiros em relação ao seu fim. Qualquer projecto que queira preencher este vazio com sucesso terá que ter uma qualidade excepcional. Assim, de forma garantida o futuro é risonho, pese embora a felicidade temporária da morralha de serviço.
Vieiros:
Moitas grazas e moitos parabéns.
Pola liberdade e pola transparencia. Polo amor á lingua galega.
Polo amor ao pobo galego. Polo enriquecemento, pola madureza e polo progreso.
Por iso todo que foi un pracer lervos e seguirvos.
Con tristeza e coa satisfacción de ter visto un soño feito realidade,
até sempre.
Levo desde que começou lendo Vieiros e vou botar muito em falta este jornal. Fostes os primeiros, a referencia a seguir, e nunca vos esqueceremos. Pode que nos últimos anos a estrela brilhara com menos força, máis é porque aparecerom outros que continuarom por onde vós começastes. O trabalho que fixestes polo país está ahí e ficará sempre na nossa memoria.
Esta despedida emocióna-me. No futuro, nom se poderá enterder a origem da rede galega sem vós.
Até sempre, Vieiros.
Vieiros é para mib unha consulta diaria obrigada. Sentirei que falta algo importante no panomara do xornalismo de Galicia. A miña solidariedade e afecto cos traballadores e traballadoras de Vieiros
Grazas aos traballadores de Vieiros, pero grazas tamén e, moi especialmente, aos traballadores desa empresa á que refere (sen nombrala) o editor: ACORDAR. Eles foron, como ben di o derradeiro editorial de Vieiros, quen mantiveron con vida este xornal dixital. Eles foron, tamén,os primeiros en pagar as consecuencias da mala xestión, non só do xerente ao que se nomea senón e, por riba de todo, ao director e administrador da empresa.
Por certo, ambos os dous son activos axentes do nacionalismo galego, e non dos represores castellanos aos que algúns parecen querer culpar.
Vieiros foi o único medio que non ocultou o expolio que se estaba a cometer en Galicia e o maior pelotazo económico da época democratica: REGANOSA.
Grazas por todos estes anos no que permitístedes que a participación dos galegos fose ampla e comprometida cos temas principais que interesan na Galiza. Soportamos os comentarios negativos, españolistas e retortos pois eran moitísimos máis os que aportabamos un gran de ideias e colaboración. Moitas grazas por permitir expresarse á emigración.
Que tristura, vaise unha parte nosa, un medio do que formábamos parte ou así nolo facíades sentir, un medio enriquecedor porque sempre o poidemos dar a nosa opinión, compartila e debatila. Grazas a todos os que fixéchedes posible Vieiros, espero que por ese vieiro que é a vida, volvamos a atoparnos cun novo proxecto como Vieiros. Ata sempre.
E eu continuarei a esperar por vós. Discrepei, quero pensar que sãmente quando havia de discrepar, mas concordei no básico, na ideia de uma outra Galiza, orgulhosa de si própria. Obrigado, imensamente obrigado!! :(
Un día triste para a nosa historia. Vieiros foi un espíritu libre que voou con forza por riba de censores e presións de todas castes.
Unha xanela aberta á cultura e ao patrimonio, á actualidade e tamén oao futuro.
Sempre co patrimonio cultural galego-portugués, coa lusofonía, coa nosa cultura máis vangardista.
Agardamos unha nova inicitiva que conte coa vosa experiencia e bo facer.
A todo o equipo de Vieiros inmenso agradecemento!
Sigo, em permanência e ininterruptamente, o "nosso" Vieiros desde 2005. Fiquei estupefacto, perdido, com a notícia do encerramento. Como pode um meio de liberdade, independência e rigor fechar assim? Seguia o Vieiros várias vezes ao dia, através dos Feeds RSS. Ao morrer o Vieiros, morre também um pouco de mim. Espero também que, com esta morte, muitas sementes sejam lançadas, e mil Vieiros novos surjam na rede. Abraço e Obrigado!
Insisto: mala nova para o País
Eu tamén tiña Vieiros de entrada. Non creo que haxa ninguén ao que obriguen a ler un xornal. Este é un comentario para esa persoa que se autodenomina cabodomundo. En calquera caso, supoño que os seus preferidos non van pechar nunca porque hai moito capital detrás, interesado na súa publicación. Curioso que se sitúe no cabo do mundo. Teña coidado de non precipitarse ao baleiro, contaxiado pola baixeza e falta de delicadeza dos seus desexos.
Moitos galegos e galegas estamos hoxe tristes por esta perda. Non se trata de coincidir con todo o que se publica nun xornal, mais si é interesante para calquera lector de actualidade observar os diferentes enfoques dun acontecemento. Perdemos pluralidade, perdemos tamén un dos escasos medios na nosa lingua. Aínda non dou creto.
Menos mal que EL MUNDO decide falar do peche de VIEIROS.
Pois os medios locais parece que non o consideran noticia (?)
http://www.elmundo.es/elmundo/...
Sempre igual...!