Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Proxecto Icono GZ

Castelao é elixido icona máis representativa do país

Internautas e cidadáns pontevedreses votaron entre corenta deseños de Kiko da Silva.

Redacción - 16:38 03/04/2007
A icona gañadora

A icona gañadora

A icona de Castelao foi escollida como a máis representativa da nosa identidade na votación convocada polo proxecto Icono GZ. Estivo composto por corenta pictogramas alusivos a Galiza deseñados por Kiko da Silva. Os deseños puidéronse contemplar durante o mes de marzo pendurados das rúas da cidade vella pontevedresa e mais na web do programa.

A súa intención foi promover un debate sobre a nosa identidade visual, para o que se convocou unha votación paralela na rede e mediante urnas situadas na Casa das Campás e no Pazo de Mugartegui. Despois da xornada de reconto, tanto os internautas coma os cidadáns pontevedreses coincidiron en votar maioritariamente a icona de Castelao adaptada aos novos tempos, é dicir, co cigarro riscado.

Case 400 visitantes depositaron o seu sufraxio nas urnas fisicas, mentres que máis de mil o fixeron na páxina de Icono GZ. Na votación física, quedaron nas posicións segunda a quinta as iconas da lingua galega, o paraugas, o petroglifo e a Peregrina; porén, na web os finalistas foron as gaitas, o queixo de tetilla, a Santa Compaña e a morte.


4,5/5 (12 votos)


Comentarios (4)

Xarope #1 4/Abril/2007 Xarope

Por enquanto nom seja elegido "a-cona" mais representativa do país .. tudo bem !

Xarope #2 4/Abril/2007 Xarope

Arre-icono !!

casdeiro #3 4/Abril/2007 casdeiro

O de tacharlle o pito non creo que lle sentara ben ao _iconagrafado_ ;-D

Barcelos #4 4/Abril/2007 Barcelos

O cara de cona é o que lle puxo a censura ao pitillo. Trátase dunha lei con retroactividad?. É un absurdo. Entón era mellor buscar outro icono onde non este fumando. Ou é que Castelao sempre estaba fumando? Eu, persoalmente prefería outros iconos. Como o do queixo, a gaita, o paraguas, a vaca, a boina... Castelao pérdese nun icono.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: