O club vigués comunicou na noite deste luns o cese do adestrador de Castrofeito.
O Consello de Administración do Celta de Vigo decidiu logo dunha xuntanza ordinaria destituír o adestrador do primeiro equipo, Fernando Vázquez. Mediante un comunicado, o club olívico “agradece” a Vázquez “o traballo realizado" nas case tres tempadas en que dirixiu o conxunto.
Vázquez fíxose cargo do Celta na tempada 2004-05. Acadou o ascenso a Primeira División, categoría que o conxunto galego perdera o ano anterior. Na súa segunda tempada acadou a clasificación para a Copa da Uefa ao rematar sexto, unha das mellores marcas para un equipo recentemente ascendido.
Porén, esta campaña, sobre todo este 2007, está a ser desastrosa no que á competición de liga se refire. Os galegos, con vinte e sete puntos, ocupan actualmente a antepenúltima posición, a dous puntos da permanencia e con só unha vitoria en Balaídos no que vai de tempada.
De momento descoñecese o nome do sucesor de Vázquez no banco celeste aínda que se baralla a posibilidade de que ocupe o cargo o técnico do Celta B, Rafa Sáez, xunto con Moncho Carnero, ou mesmo a incorporación de Sergio Kresic ou Benito Floro.
pois isto a min pareceme unha moi mala nova!!!
porque fernando vazquez parece unha moi grade adestrador para o celta!!!
o problema é q é galego, se fose doutro país duraría até o fin da temporada
o problema do celta este ano é o seu plantel de xogadores que non da para moito máis, e ainda por riba coa mala sorte que están tendo.... e se o celta se salva esta temporada non vai ser grazas o entrenador novo que veña, senón grazas a sorte ou o traballo xa realizado antes por vazquez!!!
A os galegos eiquí non os queren. Nin David Vidal, nin Arsenio Iglesias, nin Fernando Vazquez, nin ninguén. ¡Equipos galegos sen galegos pra Terceira División xa!
Home, Vázquez non é mal adestrador que subiu ao equipo a primeira división dende segunda e chegaron a xogar en Europa. Tendo en conta que quen manda é a directiva, ela será a responsable do que lle pase ao Celta. Non ter xogadores galegos os nosos equipos, non pode condicionar a ningún, xa que non temos unha canteira de futbolistas de elite e se non son adestrados por galegos, é por que istos non fixeron nada importante se analizamos polo miúdo a cadanseu:
Arsenio Iglesias tiña un grande equipo, o Superdepor, pero no Madrid fracasou.
Fernando Vazquez sempre sae pola porta falsa e os equipos que deixa, descenden.
David Vidal non adestrou equipos de elite.
Fernando Castro Santos estivo en Portugal, máis tampouco destacou.