O mítico ex xogador búlgaro é a primeira opción para os vigueses malia adestrar actualmente a selección do seu país.
O ex xogador do FC Barcelona Hristo Stoitchkov é o elixido pola directiva do Celta de Vigo para substituír a Fernando Vázquez. O club celeste está á espera de conseguir o permiso federativo que lle permita ao búlgaro deixar os mandos da súa selección.
Segundo adiantou a Televisión de Galicia, o acordo xa está pechado. O Celta teríalle ofrecido a Stoichkov un contrato polo que resta de tempada mais outro se salva a categoría, aínda que é probábel a súa continuidade aínda que o club vigués descenda á Segunda División.
Carácter revulsivo
A dirección deportiva do Celta aposta polo carácter de Stoichkov como revulsivo fundamental no troco de mentalidade do equipo, actualmente en postos de descenso.
O ex xogador do F.C. Barcelona posúe un amplo palmarés na súa etapa como futbolista profesional. Gañou o Balón de Ouro en 1994 e a Bota de Ouro na tempada 89-90. Co Barcelona acadou unha Copa de Europa, unha Recopa, catro ligas e unha copa. Coa selección de Bulgaria foi cuarto no mundial dos EUA, cita na que foi o máximo goleador con seis goles, xunto co ruso Salenko.
Síntocho bem por Fernandinho Vázquez (um patriota) mais o Stoichkov e muito Stoichkov de Dios. Ogalhá salte jogar ao campo!
Oxalá que o Celta teña sorte no campo, porque "de película" non lle vai ir. Mirade que actores lle gustan a Stoichkov:
http://www.cmgww.com/sports/stoitchkov/about/facts.html
Que teña ollo a "parroquia" de balaídos de non lle asubiar moito.
Iste non vai tan manso coma Fernandiño.
Ogallá faga algo polo Celta.
joder q tralla!!!
o certo e q non me parece o máis adecuado,sen esperiencia algunha na liga, non se leva especialmente ben cos árbitros,Villar e cía...
Non sei...
o mellor ata lles sae ben, por "caracter" non creo q sexa...
a máis é mediático, q é o q lle gusta a "mou"...
manda carallo! Que experiencia adestrando ten este fulano? Seica ten o título de adestrador? Con Fernando íanos mal, agora xa con este....