Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Organízao Vicepresidencia

Nina Pacari, Ken Loach ou James Petras nun ciclo en Compostela

O foro 'Conversacións con' trae conferencias do cineasta Ken Loach, o sociólogo James Petras ou a representante dos pobos indíxenas na ONU, Nina Pacari.

Redacción - 16:25 18/04/2007

A Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta leva adiante esta iniciativa para abordarmos, xunto con destacados persoeiros do panorama internacional, temáticas de ámbito social. Este xoves 19 de abril ás oito, o Salón de Actos da Fundación Araguaney acolle ás 20.00 a primeira destas sesións, na que gozaremos da presenza da representante polos pobos indíxenas do Foro Permanente das Nacións Unidas, a ecuatoriana Nina Pacari. A súa intervención titúlase "Cara unha nova lectura do indixenismo: claves de interpretación dende o primeiro mundo". Ademais de ser deputada nacional polo Movemento de Unidade Plurinacional Pachakutik, desempeñou o cargo de ministra de Relacións Exteriores de Ecuador en 2003 e, actualmente, é membro do Instituto Interamericano de Dereitos Humanos (IIDH).

Outras intervencións serán as do director do instituto Paulo Freire do Brasil, Carlos Alberto Torres; ou o profesor de Socioloxía da universidade de Binghamton (Nova York) e membro da conferencia antiimperialista 'Axis for Peace', James Petras. Unha das visitas máis especiais será tamén a do director de cinema Ken Loach, gañador da Palma de Ouro no Festival de Cannes co seu filme sobre a guerra de independencia en Irlanda, O vento que axita a cebada. É un dos cineastas máis destacados en filmes de temática social: Ladybird, ladybird, Terra e liberdade, A Canción de Carla, Pan e rosas, ou unha das curtas de 11'09''01.


4.5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: