A editorial Salvat Bruño só publicará en castelán e catalán as últimas aventuras dos galos
O xoves presentouse no Salón da Banda Deseñada de Barcelona Astérix e os seus amigos, edición especial conmemorativa do oitenta aniversario e, á vez, unha merecida homenaxe a un dos seus creadores. Mais, outra vez, non haberá versión en lingua galega. A editorial Salvat Bruño decidiu pór á obra á venda no Estado só nos idiomas castelán e catalán.
A Mocidade da Mesa pola Normalización Lingüística destaca que dende que esta editora se fixo cargo da edición no Estado español non volveu haber edicións na nosa lingua. De feito, o colectivo chegou a dirixirse a Salvat Bruño para pedirlle a incluso do galego e incluso se lle remitiron milleiros de sinaturas para apoiar a iniciativa. Porén, os esforzos foron de balde. A Mesa anuncia que volverá dirixirse á editora e á vez a diferentes departamentos da Xunta para ver de solucionar esta eiva.
Din que contra o vicio de pedir está a virtude de non dar... a este dito pódeselle dar moi facilmente a volta. Contra o vicio de non dar, está a virtude de non mercar.
Ademais hai bos motivos: as últimas edicións de Asterix son vomitivas, o que demostra a importancia do guión por riba dos debuxiños.
Ou de mercar a outra editora e noutra língua, seica mais próxima ao galego que o castelhano. Refiro-me ao mirandês, claro está, que como se sabe o português é tóxico para os galegos.
http://sic.sapo.pt/online/noticias/cartaz/20070406+Asterix+e+os+seus+amigos.htm
No libre mercado as economías de escala contribúen eficazmente á eliminación das linguas con menos usuarios, sobre todo se o poder destas comunidades lingüísticas noutros eidos (científico, cultural, económico, militar,...) tamén é reducido.
A solución a este problema está en considerar patrimonio inatacábel da humanidade a todas as linguas, e a correlativa obriga de todos os integrantes da humanidade, en proporción á súa capacidade económica (progresividade) de salvar os problemas derivados das economías de escala. Acudir ós escasos recursos dunha comunidade lingüística pequena e débil pódea debilitar e reducir aínda máis. É urxente asumir a dimensión universal, internacional, do problema.
Con todo, as autoridades lingüísticas galegas teñen a obriga de tutelaren os dereitos lingüísticos dos membros da Comunidade Lingüística Galega (CLG), informando á editora da proporción de produto que ten que vir en galego e canto pode vir en castelán á Galiza (o de alumnos que teñen dereito á exención da materia de galego no ensino pode servir) para poder distribuír aquí os seus produtos e, chegado o caso, esixíndolle administrativa e xurisdicionalmente respectar eses dereitos por medio desas proporcións.
Tanto ten, temola en portugués. Anida que eu xa teño en portugués a anterior e é moi mala.
Xa sei, outro Asterix que non vou mercar, até que o vexa editado en Portugués. De todos modos a Xunta de Galiza ten que facer algo, non se pode permitir que unha editorial faga o que lle pete, se quere estar no mercado galego.
Temos a versom em português. Apesar de as interjeicções puxarem para o sotaque lisboeta, vai bem. E há tamém umha ediçom em mirandês, especial e com muito boa apresentaçom.
E umha vergonha. A solucom nom e o Mirandes, por Deus, a curto prazo e em Portugues, e a longo q este proxecto de feixistas nom tenha direitos na Galiza.
Dicir q Uderzo e um macaco coma roteirista, dende "A rosa e a espada" habia q adicarlhe um sitio especial no lixo.
Tenho a minha coleccom de Asterix incompleta, dende hai moitisimos anos.
LUITA PELA NOSSA SUPERVIVENCIA.