Este 30 de abril foi asinado o acordo para garantiren a opción da xornada intensiva en xuño e setembro aos centros públicos que o soliciten para o curso que vén.
Os sindicatos CCOO, FETE-UGT, ANPE, CSI-CSIF e STEG asinaron este luns 30 de abril coa Consellería de Educación o acordo que garante a xornada intensiva ao 100% dos centros que a soliciten o próximo curso. O preacordo estabeleceuse o sábado, co consenso de todos os sindicatos agás a CIG-Ensino.
En virtude do pacto, todos os centros sostidos con fondos públicos terán a opción de aplicar a xornada intensiva durante os meses de xuño e setembro para o curso 2007-2008. Mentres os sindicatos asinantes suspenderon a convocatoria de folga para o día 3 de maio do profesorado de infantil e primaria, a CIG-Ensino mantena. Este sindicato segue a considerar a proposta "insuficiente", e ratifica a convocatoria de folga para este xoves, con saída ás 11.30 da compostelá Praza do Toural.
O acordo recolle a próxima negociación do horario do profesorado de Primaria e a posibilidade de mellorar a orde que facilita que os centros accedan á xornada única, sinala que o comedor escolar se manterá durante todo o ano académico, que se reorganizarán os horarios de transporte dos centros consonte co novo horario e que se manterán as condicións laborais dos profesores. Para a CIG-Ensino, o único obxectivo do acordo é desconvocar a folga, pero non responde ás demandas reais do profesorado: "a concesión desta xornada tería que pasar primeiro polo Consello Escolar e posteriormente a consellaría decidiría en función da dispoñibilidade de transporte escolar se se concede ou non, algo que xa manifestaron que non poden garantir", como afirmou en conferencia de prensa o secretario xeral, Anxo Louzao.
Para unha vez que a consellaría de Educación fai algo con xeito, ao final cede á presión do corporativismo sindical. Que tristeza. O principal inimigo dos sectores públicos son, con diferencia, estes procuradores de prebendas, estes pelexadores de trienios, estes beneficieiros que son os sindicatos.
Afortunadamente existe o sector privado.
si ö!O sector privado, como os bancos,os hospitales, as caixas de aforros',as electricas, ... que bonito sector privado.
Cando paguemos os impostos que pagan nos países escandinavos e sexamos máis civilizados xa non necesitaremos o sector privado. Pero hoxe aínda nos falta...
Sorprendente e indignante, pareceme incríbel e impresentábel, despois á CIG encheselle a boca na defensa do ensino público e na mellora da calidade no ensino, mais como é compatíbel defender o ensino público e amosarse inflexíbeis a medidas coma esta? o único que defenden son uns privilexios laborais corporativistas, seica a mellora do ensino público consiste en traballar menos horas e cobrar máis polo que se ve; cantas horas traballan ao ano os mestres?; debería de regularse a presenza obrigatoria do persoal docente nos centros de ensino as 40 horas semanais, con independenza dos períodos feriados para o alumnado, e que adiquen ese tempo á elaboración de programacións didácticas, ao deseño do proxecto educativo do centro; non pode ficar ensino público de costas a funcionar con criterios de eficacia e de calidade. A programación anual do centro do meu filo da vergoña pola súa pobre calidade, non existe un proxecto educativo de centro, no Consello Escolar a participación amolalles, da normalización do idioma non queren saber ren!!! e aínda sae a CIG a defender uns privilexios laborais inxustificábeis, QUE TRABALLEN AS 40 HORAS !! OU ALOMENOS 35 !!!