Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Escritores, catedráticos, músicos...

Un cento de intelectuais apoian a manifestación contra a desfeita urbanística

Ás máis de 50 organizacións sociais que sustentan a protesta do vindeiro domingo en Compostela, súmanse diversos persoeiros da vida pública.

Redacción - 13:21 02/05/2007
Cartaz da manifestación

Cartaz da manifestación

A manifestación contra a degradación do territorio que percorrerá as rúas da capital de Galiza o vindeiro domingo, ademais de ter o apoio dun medio cento de asociacións e organizacións culturais do país, conta tamén co respaldo explícito do mundo da intelectualidade e a cultura.

Un cento de persoas, entre as que se atopan importantes músicos, escritores, xornalistas, deseñadores e artistas plásticos xa botaron a súa sinatura sobre o manifesto Galiza non se vende, Terra viva e digna para tod@s.

"Depredación da terra"

"Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!", reclámase no manifesto. A mobilización partirá ás 12.00 horas desde a Alameda compostelá.


Ligazóns

4,38/5 (21 votos)

Comentarios (3)

xoca #1 3/Maio/2007 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O autentico problema do país é facer unha boa ordenación do território: onde se pode construir, onde implantar fabricas, onde forestar, onde se poden montar piscifactorias, por onde pasan as infraestruturas, onde hai atividades agricolas gandeiras, onde conservar os rios, onde se poden montar muiños eólicos e placas solares, onde esta reservado para mineiria,... eso é o primeiro que se teria que facer, pero claro os governantes esperan os resultados da sua xestión a catro anos e isto é a longo prazo, é dicer que non se fará o que se ten e deve facer.

CANDI #2 3/Maio/2007 CANDI
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Certo. Estamos ante o verdadeiro reto do País, e a ordenación do territorio terá que ser a política mais responsável ou non será. Quen pode ollar às rías como à de Vigo e non imaxinar o futuro como simbiose do medio natural e do desenvolvimento humanizado? Cómo non reaccionar ante a incoherencia dun dos litorais mariños máis ricos do mundo co expectacular depósito automobilístico ou os ainda mais expectaculares despropósitos urbanísticos pasados e presentes.Dependendo do que queramos ter no futuro, así teremos que actuar agora, ou o progreso é sustentável ou non será. Estarei en Compostela eu tamben.

Barcelos #3 3/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se en Marbella xa caeron cen, no resto deberían caer miles. En Galicia tamén. Que investiguen ben os concellos. Especialmente os costeiros: Sanxenxo, Vilagarcía, Sada, Oleiros, Panxón, Cabanas, Cedeira, Viveiro...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: