Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Antón Reixa, director, produtor e guionista de 'Hotel Tívoli'

“A situación do galego no cinema é moi europea”

O filme, que se estrea este venres, é unha coprodución entre Galiza, Portugal, Dinamarca e Arxentina e rodouse en castelán.

Modesto del Río - 18:23 03/05/2007
Antón Reixa, durante a rodaxe de 'Hotel Tívoli'

Antón Reixa, durante a rodaxe de 'Hotel Tívoli'

Despois dunha longa espera, o venres chega ás pantallas de todo o Estado Hotel Tívoli, o segundo filme dirixido por Antón Reixa e que conta cunha manchea de actores do país entre o seu elenco. É unha coprodución galega, portuguesa, dinamarquesa e arxentina que trata sobre as vivencias e os sentimentos de moi diversos grupos de persoas, unidos por un chisqueiro que vai cambiando de mans. Despois das súas preestreas o mércores en Barcelona e o xoves na Coruña, o director, coguionista e produtor do filme amosouse sorprendido pola súa acollida, pois nun principio se concibira como un drama.




Vieiros: Como foi o proceso de creación do filme até a súa chegada final ás pantallas?

Antón Reixa: Foi un proceso lento por dous motivos: por unha banda, somos moi rigorosos e temos moito coidado na elaboración da película e, por outra, porque é unha coprodución internacional e resulta moi laboriosa de montar. Participan Galiza, Portugal, Dinamarca e Arxentina. Ademais, estiven enfermo durante a posprodución, o que alongou aínda máis a saída. Penso que é necesario que os proxectos maduren. Foi unha anécdota casual: unha sobriña lembroume que tiña que intervir nun acto de Intermón polo Día Internacional da Infancia. Eu esquecérao e non tivera tempo para preparar o discurso. Lembrei que o repertorio era un pouco obsceno, así que tentei inventar unha historia que remataba cuns nenos da rúa. Foi un desastre. Tiña que elaborala mellor. E aí comezou a evolucionar.

V: Hotel Tívoli rodouse en castelán, pero é posíbel facer cine en galego?

A. R.: É difícil facer cine en galego hoxe en día. Neste caso, porque é unha coprodución, pero tamén porque o financiamento depende en España moito das televisións, e hai o costume de que case todo se faga con son directo. Poderían ser con son directo en galego e dobradas, pero pénsase que sería un problema. Pero non é máis ca un prexuízo, porque se ve cine inglés dobrado. A situación do galego no cinema é moi europea: o idioma de rodaxe é un atranco. Para o mesmo con outras linguas con poucos falantes: o flamengo, as linguas nórdicas...

V: O filme estréase casualmente o mesmo día ca unha superprodución como Spiderman 3. Como pode competir Hotel Tívoli con semellante rival?

A. R.: Non hai un enfrontamento. Nós buscamos un lugar nas pantallas, pero en realidade non hai competencia entre dous filmes tan distintos. Ao final hai que pensar que o público va vai ver Spiderman 3 non vai ver Hotel Tívoli, e viceversa.

V: Como foi a reacción do público nos pases de preestrea, se é que iso nos pode dar unha mostra de como funcionará nas salas?

A. R.: Foi unha experiencia moi agradable. Non eramos conscientes de que o filme, en realidade, era unha comedia. Vimos que hai un efecto cómico moi alto. Nalgunhas escenas había minutos de gargalladas coas que non contabamos.


2/5 (6 votos)

Comentarios (4)

piorno #1 4/Maio/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

«A. R.: É difícil facer cine en galego hoxe en día. Neste caso, porque é unha coprodución, ...»

Nom pudo ter sido feita em galego por ser umha co-produçom? Da Galiza, Portugal, Dinamarca e Argentina. Mais de 50% foi financiado polos argentinos? Porque, caso contrário, é incompreensível o que diz Reixa.

A nom ser que coproduçom venha do grego 'koprós', excremento, esterco.

piorno #2 4/Maio/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais incompreensível ainda é o que afirma a seguir:

«...pero tamén porque o financiamento depende en España moito das televisións, e hai o costume de que case todo se faga con son directo. Poderían ser con son directo en galego e dobradas, pero pénsase que sería un problema.»

Se na co-produçom entrou algumha TV como a TVG ou obtivo algum tipo de financiamento público, como é que nom lhe exigírom a rodagem na nossa língua? E por outro lado ninguém lhe está a perguntar pola dobragem para outras línguas, mas pola possibilidade de se fazer cinema em galego.

A resposta de Reixa à pergunta de Vieiros mais parece umha péssima desculpa do que outra cousa.

Por certo, que o título da notícia é absolutamente confuso, mais ainda se se lê o subtítulo:

«A situación do galego no cinema é moi europea»

«O filme, que se estrea este venres, é unha coprodución entre Galiza, Portugal, Dinamarca e Arxentina e rodouse en castelán.»

LuaNeghra #3 4/Maio/2007 LuaNeghra
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tes razón no que dis, pero os filmes nos que hai unha participación da CRTVG só están obrigados a que sexan dobradas tres copias en galego (non sei se se cumpre neste caso). A verdade é que é moi necesario un apoio forte á produción audiovisual en galego (e unha actitude máis positiva por parte dos produtores).

piorno #4 4/Maio/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se nom existe atitude positiva por parte dos produtores, é o governo o responsável. Porque se dá dinheiro à produçom de filmes onde se despreza a nossa língua? Nem um cêntimo. Que é isso de três cópias em galego? Como se os galegos fôssemos uns índios aos que há que contentar, mas mantê-los na sua reserva. A obriga do governo galego é promover o nosso cinema.

E se querem rodar em espanhol, que vaiam rodar a Madrid ou a Buenos Aires.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete