"Nas comunidades autónomas con lingua propia non se pode aprender o español nas escolas", sinala Gregorio Salvador.
O vicedirector da Real Academia Española, RAE, Gregorio Salvador, criticou que "nas comunidades autónomas con lingua propia non se pode aprender o español nas escolas". Ademais, sinalou que esta situación "é máis grave" que a imposición que houbo durante o franquismo do ensino exclusivo en español.
"Impor, como se fixo na ditadura, unha lingua que falan 400 millóns de persoas, é menos grave para as vítimas do atropelo que imporlles, como se fai agora, unha lingua dun millón e medio ou de tres millóns de falantes", engadiu.
"As linguas non son iguais"
Gregorio Salvador fixo estas declaración na presentación dun seu libro, acompañado polo escritor e académico español Arturo Pérez-Reverte. "Parece mentira que non se lle poña remedio a esta situación, porque é un atentado contra os dereitos humanos", dixo.
Na súa opinión, impor a ensinanza das linguas cooficiais aos que non as teñen como idioma materno sería "volver aos tempos pasados", e engadiu que "as linguas non son iguais; serven fundamentalmente para se comunicar, e non é o mesmo unha que permita facelo con tres millóns de persoas que outra que serve para falar con 400 millóns".
Acompanhado do pseudoescritor e insultador oficial do espanholismo Perez Reverte...
Espanha cada dia dá mais nojo...
Considero moi positivo este tipo de comentarios. Verbalizar os nosos pensamentos e crenzas, compartidas ademáis por unha porcentaxe da poboación do estado moi ampla, aforra unha cantidade incrible de traumas. Dende a nosa posición de pobo cunha lingua e cultura minorizada xa sabemos ó que se hai que ater coas institucións do estado. Supoño que o PP na Galiza compartirá punto por punto esta tese.
Pero si ya vos lo diju la reina Sofia, no fue una ditadura, en todu caso seria una ditablanda. El senor Salvador, tiene, como su propio nombre nus lindica, toda la razon. To vos es lo mismo imponer un valor universal como la miseria, compartida por la mayuria de la gente del mundo mundial, que imponer el lujo, que vos es privilegio duna minoria.
Moi ben, todas e todos alporizados!! que malos que che son os españois!!! Mais... u-la resposta do noso goberno?? U-las intervencións dos nosos representantes en Madrid?? U-los escritos de protesta dos nosos científicos diante destas afirmacións??E por último... Non haberá un español que lle diga a estes dous individuos que son dous cacho ignorantes da hostia????
Se hai coloquio á fin, quero saber cando veñen os deste circo botar destes parrafeos pola Galiza. Obrigado.
Dubido moito que Perez Reverte dixese: "Parece mentira que non se lle poña remedio a esta situación, porque é un atentado contra os dereitos humanos", mais ben diría:
"Parece mentira que no se le ponga remedio a esta situación del carajo, porque es un puto atentado contra los derechos humanos"
Así fala el de ben. Por iso é académico. Desde que a Cela (Don Camilo) nomeárono académico hai que falar "bien de cojones" para que che nomeen.
Pois esa xente que fala do perigo que corre o español ou castelán nas nacionalidades con lingua propia (Galiza, Euskadi, Cataluña-Valencia-Baleares, incluso Asturias) o que quere é facernos crer un conto de fantasía, que, porén, pode ser crido por demasiada xente, sobre todo fóra destes territorios ou países que forman ese estado plurinacional -guste ou non- que é o español.
En Galiza, o que está realmente en perigo sen a menor dúbida é o galego, precisamente por culpa do castelán, da súa histórica implantación aquí.
Probas diso témolas a montóns. Eu teño agora ganas de referirme á maneira de falar o galego de moitos representantes de asociacións de viciños, políticos, xornalistas, sindicalistas...
En primeiro lugar, falan "galego" (ou eso pretenden) con entoación, con acento castelán. E a partir de aí, todo o que se poida imaxinar. Dende diciren cousas como "hemos feito", que produce riso (por non chorar) ata xamais usaren o infinitivo en forma persoal, tan característico do galego e do portugués, e pasando por infinidade de cousas. De verdade, eu coido -e xa sei que en contra do que pensan moitos defensores do galego- que para falar así un o mellor que pode facer é non utilizar o galego. E iso por non falar dos atrancos que ás veces poñen nas propias institucións públicas, onde falas en galego e respóndenche en castelán, a pesar de que teñen cursiños obrigatorios aos que asisten para coñecer o galego.
En fin, prefiro non continuar.
Lodares, Lapesa, Múgica, Salvador,Savater, Muñoz-Molina, Jardón...toda unha enxurrada ideolóxico lingüístico mediática que guinda as súas seudocientíficas afirmacións sen coñecemento das realidades que paternalista e frivolamente adxectivan mais nunca visitan nen se interesan para alén de afirmar máis unha vez o mesmo retrouso sabedores de que teñen público fidel e poder que os acobille malia a súa invisibilidade, como é sabido acontece co nacionalismo hexemónico.Barís cabaleiros estes valedores dos dereitos humanos... dalgúns.
A este home podémoslle chamar "demócrata-franquista".- Daquela había moita dignidade, .... o que falaba galego era un "paleto"; e democraticamente e con educación(con un par de ostias se facía falta) ordenábaselle que falara no "idioma de Cervantes".
Unha vez máis, a RAE mostra o seu caracter casposo e facha, un verdadeiro niño de nostalxicos franquistas que fraco favor lle fan a súa lingoa.
De todalas maneiras os seus comentarios mostran o descoñecemento da realidade dos idiomas peninsuais, pois co galego podémonos comunicar con toda a comunidade lusófona... menos mal que aínda nos queda Portugal, e Brasil, e Angola, e Cabo Verde...
Para fachas todos a los que os da miedo la libertad de elegir el idioma. Todos los que queréis evitar que los padres podamos elegir libremente en Galicia la lengua en la que nuestros hijos, tan gallegos como vosotros, aprenderán en la escuela. Todos los que en definitiva, queréis revivir las políticas franquistas de represión e imposición.
Pandilla de fachas...
Para quen lle queira mandar froles a estes simpáticos defensores dunha grande libre.
REAL ACADEMIA ESPAÑOLA
Felipe IV, 4
28014 Madrid
Teléfono: (34) 91 420 14 78
Fax: (34) 91 420 00 79
Directorio departamental
* Gerencia: gerencia@rae.es
* Gabinete de Dirección: direccion@rae.es
É moi lamentábel que alguén que se di académico non sexa sensíbel con algo tan preciado como é a cultura, xa sei vai acompañado do tipo ese que se cre merecedor do Nobel e que vai de salvavidas polo mundo, pero é un tipo miserábel, pobre paria! el querenos a todos de uniforme e coa camisa azul. Teno fodido ese imbecil.
O discurso é antigo, leva reproducíndose ciclicamente des que as demais linguas españolas comezaron a acadar posicións até daquela hexemónicas do castelán. O problema non é o que pensan os "españois", senón o que pensan os galegos sobre a súa cultura. Intúo que a lingua dun millón e medio de falantes é o galego, mais é o que pasa por desvincular a nosa variedade do portugués, que no canto de termos unha lingua universal como dixo Castelao, temos unha faliña rexional.
Por maiorías, como as moscas: Hai que comer m... son tantas que non poden estar enganadas.
Coido, que esta xentiña disfrazase de "académicos" para dar renda solta a súa ideoloxía fascistoide. Posto que, se as linguas só serven para comunicarse, por que non trunfa dunha vez o esperanto?. DIJO!
Gregorio Salvador e já um velho conhecido que nom se limita a apresentar livros alheios, também escreve livros próprios com curiosos catálogos lingüísticos onde chega a dizer que o euskara nom é umha língua; nom é que o envie à categoria dialectal como faziam os seus ancestros, simplesmente divide-o convertendo em já nom sei quantas línguas diferentes. Nom há que se preocupar por esta caste de "cientistas": o seu nom é apenas ciência, trata-se de defender umha política já bem conhecida. Pode ter máscara fascista ou democrata mas o resultado é parecido. Nós ao nosso e que ladrem (porque será que o fam?)
«Desde el punto de vista de la integridad de la conciencia nacional, me parece un dislate la elección de una canción titulada en inglés». Gregorio Salvador, sobre Europe is living a celebration en Eurovisión.
Juas, juas, que cousas din estes nazionalistas, eh Gaviotero.
Durante quarenta anos, a Espanha vivia sob um regime fascista, inzado de fascistas e onde os fascistas controlavam tudo e gozavam de todos os privilégios na política, na economia, na administração, na educação, no exército, na polícia, no sistema judicial, etc, etc, etc...
Para onde foram todos esses fascistas após da morte do ditador? Foram destituídos dos seus postos? Perderam o controlo das empresas? Os que cometeram crimes, compareceram diante da justiça?
Não. Todos continuaram nos seus postos de poder e privilégio, a maioria mesmo medraram, intentando, com considerável sucesso, perpetuar a estrutura de poderes herdada do fascismo. E ai seguem ainda, repartindo cargos, prémios e prebendas entre os seus, afortalando a estrutura, repartindo a gostosa torta do neoimperialismo (aznarista) espanhol, propiciada pela acumulação de capitais (felipista) em muito poucas mãos (as de sempre). Agora simplesmente estão a “sair do armário” com a agressividade e a parafernália de sempre. Nada novo sob o céu...
Dicir q en galiza está pisado ou "en perigo" o castelán, é dunha incultura, e dun descoñecemento que da risa...
Do nivel dalgúns paxaros que van po-lo foro dicindo o mesmo.
Aqui o único idioma que foi po-lo mundo adiante pisando todo o que pillou foi o castelán.
E Gaviotiña, o unico que se impuxo po-lo medo, na galiza, foi o CASTELAN...e xa che digo...
Onde estábades todo-los castelano-falantes cando os galegos non tíñamos máis que unha asignatura en galego? xa non falo de que non nos escolarizaran en galego...e qeu TIÑAMOS TANTAS ASIGNATURAS EN GALEGO COMA EN INGLES!!!...e iso que é a lingua máis falada do pais.
Onde estábades?, todos estes "liberais" que queren qeu todos poidan educarse no idioma que quere? -pero q simplemente queren que sexa toda en castelán, e os galego-falantes que nos metan un cabozo po-lo cu!-
Moi sinxelo...todo é demagoxia...a liberdade lles importa unha merda...soamente que todo sexa en castelán, por iso ante esas inxustizas tan gordas (xa non as comparo coas actuais pq non teñen comparación), miraban pra outro lado...e non axudaron senon que disfrutaron daque-la situación, e agora choran por que a educación xa non é tan maioritariamente en castelán, agora soamente é maioritaria...e nos lugares máis positivos pra nos...iguais...
un saúdo
Bon, o Sr. Salvador non achega moitas novidades no pensamento teórico nacionalista español. Excepto iso de que tén máis sentido "impoñer" linguas con máis falantes. Quere dicir que a escola debe de ser só en inglés? se cadra eu asino, sabendo que o coñecemento do galego e castelán están garantidos se se usan na vida cotiá (galego) e se se ve TV en Galicia(no caso do castelán). Non sei que faríamos co 95% dos profesores galegos e españois(calculo)que non saben dar unha clase en inglés..talvez o Sr Reverté Malaleche e Sr, Salvador teñan algunha idea. Sobre escoller a lingua na escola pública, primeiro a programación a decide a Consellería, de acordo con liñas xerais do Estado. Segundo, a ver qué facemos coas prazas de profesores que non saben dar clase en galego. Como a maior demanda do galego será en áreas urbanas e periurbanas (sociolóxicamente o rural galegófono é españolista) se callar boa parte dos profesores castelán-falantes irían dar clase ao rural (co horror que lle teñen á bosta no coche non creo que sobrevirían). Bon, se cadra o que quere o Sr. Salvador e Reverté é a proscrición do galego na escola. Moi ben, tomamos nota e sóganse queixando
Claro, homem, é a nostalgia dos bons tempos. Si es que con Franco se vivia mejor.
O feito tan socorrido e que se repite invariablemente de que hai que ter un "bilingüismo harmónico" é sen lugar a dúbidas facer que se manteña a situación que condena o galego á súa lenta -ou xa non tan lenta- desaparición. Porque o castelán, lingua historicamente imposta dende fóra, xoga con vantaxe fronte ao galego.
Non é posible ningún biligüismo harmónico. O bilingüismo vai contra a economía da linguaxe, que é unha lei natural, e, por tanto, a xente elixe unha das dúas linguas, aínda que entenda as dúas.
O galego debería ser a única lingua oficial en Galicia.
Todos os vellos botan de menos os tempos nos que eran novos.
Nin puto caso.
Vosotros sí que sois nostálgicos de Franco pretendiendo hacer la misma política que él.
Comprendo que no seáis capaces de entender correctamente las declaraciones de un intelectual, pero él en sus declaraciones se refiere a lo hecho por Franco como un "atropello".
El gallego se muere, el gallego se muere...¡Que viene el lobo! ¡Que viene el lobo! si después de casi 40 años de dictadura franquista no ha muerto, no os preocupéis que no será ahora cuando lo haga.
Aquí lo único que tiene un verdadero peligro de desaparecer es la libertad de los gallegos a elegir por culpa de un grupo de nacis liberticidas.
El gallego no debería ser la única lengua oficial de Galicia. Al fin y al cabo se trata hoy en día de una lengua impuesta a buena parte de la población por parte de un grupúsculo político.
Non, o galego hoxe en día segue a ser a lingua máis falada de Galiza, a pesar de séculos de castelanización, e a pesar de que o galego vai en retroceso. Fálase hoxe en día menos e peor galego que en época de Franco. Isto é un feito.
E digo que o galego é o idioma máis falado en Galiza porque, aínda que nas cidades non o é, non debemos perder de vista que é o que se fala no rural, nas aldeas e pobos pequenos. E o rural en Galicia é aínda maioritario sobre o urbano.
Onde estabas ti cando non fai tantos anos se nos quitaba a liberdade a TODOS os galegofalantes na educación, na administración...etc???
Non veo que entón tiveras queixa por moitisimos dereitos que se nos quitaran. PQ A TI OS DEREITOS DANTE =!!!!...Ti queres o teu e os demais e a sua cultura dante =.
Mira, o galego foi SEMPRE, dende FAI SECULOS A LINGUA MAIS FALADA DE GALIZA!!! A VER SI TE ENTERAS!!!...E INDA O É CON DIFERENZA!!! E ISO SIN QUE EXISTIRA O BNG O PP OU A MADRE QUE OS PARIU!!!
Asi que non digas parvadas...pq outra cousa non dis rapaz.
E se sigo a teoria de "non fago nada pq agora mesmo non vai morrer"...pois contaminemos todo o que queiramos pq o problema será de otros no futuro...etc...(con todo-los temas que queras se pode facer o mesmo razoamento, pero coido que abonda pra ver que é unha locura, e é de parvos pensar así).
galiza ten preto de 2.5mill habitantes...
Nas cidades maioritariamente castelán e no rural totalmente galego.
menos de 1mill habitantes viven na cidade
máis de 1.5mill viven no rural
Chégate iso???
Os datos din qeu falamos galego -mellor ou peor falado- un 63% de galegos...
...se iso é desprezable é que estás tolo...e se iso é imposto por un grupo q ten tan poucos anos de vida...é que estás máis tolo...
Ladra o que queiras...pero onde estabas ti cando fai poucos anos non te atendian en ningunha admon en galego?, e o galego nas escolas era = que un idioma estranxeiro? (como o inglés).
Insisto na pregunta...Que facias???...REGODEARTE no 100% castelán e calar!!!, e o que ves de represión é que pra ti o normal é a represión ó galego!!!!!
Esa é a única verdade.
Ah, e pra mais matizar...
o BNG soamente ten 13 parlamentarios...así que sendo a 3ª forza política se soamente fora o BNG o que quixera impor o galego (coma ti dis), non podería facer NADA...entendes?...NADA.
A MAIORIA da Galiza quere o Galego, inda que ti penses que o teu pensamento é o único e maioritario...nótase que non coñeces galiza...
Ningunha forza política, aínda que fose a primeira e tivese maioría absoluta, por moi galeguista que fose, ningunha podería impor o galego á poboación se esta non o tivese como lingua propia e cunhas raíces de séculos por ser o verdadeiro idioma de Galicia. Por iso se fala galego, que nas aldeas e pequenos pobos de Galicia é a única lingua, aínda que tamén alí chega a castelanización e deturpación do idioma nativo, natural, propio deste país.
O que se impuxo hai séculos y desde fóra é o castelán, e non por medio de partidos políticos formalmente establecidos, que dende logo non había, senón pola forza dos feitos, da inclusión de Galiza no reino de Castela sen pediren permiso aos seus habitantes, aos galegos.
Do que se trata é de que as cidades recuperen a lingua e non sexan como un país estranxeiro con respecto ao campo. Romper coa idea de que falar galego é falar pailán, e coa idea de que non coñecer o galego é sinal de cultura, porque moita xente presume diso. Considera que así ascendeu socialmente, quere imitar á burguesía castelán-parlante. En realidade é ao revés: coñecer o galego é de elemental cultura para calquera galego.
estou dacordo contigo xeonllo.
Pero eu matizaría outra cousa máis...
...todo ese proceso que dis, que históricamente comezou cos Reis Católicos, non tivo moito peso na XENTE, pero si na nobreza...e iso xerou o que dis qeu se considerara o castelán como "poder"...pero agora falando de xente, a comezos do século XX, antes da guerra civil, algo máis dun 90% falaba galego como primeira língua, a maioría como UNICA língua. A metade de século, sobre o ano 55-60, este porcentaxe baixou ata un 80...e agora un 63...
Con isto demostrase clarísimamente o tremendamente FORANEO que é o castelán en galiza...
...estes datos son esclarecedores pra os poucos que poden pensar coma Gaviota....
Galiza é Galego sempre foron a mesma cousa...e castelán como o seu nome indica é foráneo...de Castela...e por moitos séculos que pasamos unidos a castela (pq "ESPAÑA" naceu arredor de 1833), o castelán apenas tivo incidencia na poboación. Razóns?, moitas...o caracter tremendamente rural e espallado dos galegos, o cal facía moi compricado impoñer un idioma, pq terías que ir casa a casa...e aldea a aldea ---en galiza temos máis "núcleos poboacionais" que o resto de espanha xunta!!!---
E o máis importante (que se complementa co anterior), AS COMUNICACIÓNS!!!, tanto internas da Galiza como Externas...de Madrid a Galiza a Santiago por Exemplo eran 17 días na época de Felipe V...-e ata a chegada do coche e ferrocarril non cambiaría, pois sempre se usou o cabalo-
As malas comunicacións (Santiago era a cidade PENINSULAR máis "distante" en tempo de madrid!!! e resalto CIDADE, non aldea.)
protexeron galiza e fixeron que o galego chegara ata nos...pq de non ser así, tede por seguro que non houbera chegado...e xa sen haber precisado a Franco (que a dia de hoxe foi o que máis fixo po-la desaparición da nosa língua).
Entre Isabel a Católica e Franco...xa fixeron moito...SORTE TIVEMOS DO NOSO ISOLAMENTO!!!!.
saúdos
El castellano es tan foráneo en Galicia que por eso la mayor parte de los medios de comunicación gallegos se expresan en castellano.
Es tan foráneo, que por eso la mayor parte de los gallegos eligen la opción castellano cuando llaman al servicio de atención al cliente de Telefónica.
Es tan foráneo, que por eso en aquellos lugares donde se puede elegir libremente el idioma se elige mayoritariamente el castellano.
Entre Castelao y Beiras ya hicieron mucho, diría yo. Muchas mentiras.
jajaja estás tarao!!!. jajaja tes unha gorda obsesión, pois a pasar de explicarche por activa e pasiva que o 63% dos galegos falan como primeira língua galego!!! e qeu é unha diferenza do 20% co castelán!!! e é a menor diferenza da historia (o que implica q o castelán NUNCA foi maioritario)...ti non entendes...
será q como falo galego non me entendes?, ou qeu non me queres entender...-coido que esto último-
O dos medios de comunicación coma xa dixo Barcelos, debese a falsa relación de "galego=inculto", e iso debeuse entre outras cousas a represión Franquista (iso sen contar tódolos séculos de poder impositor dos monarcas, especialmente Isabel a Católica).
Pero mira...se non queres non vas aprender...e mira que xa dixen 100000veces os datos (que ti descoñecias...iso demostra CANTO coñeces ti galiza...non tes nin puñetera idea de galiza)...ti non queres darte de conta que non dis mais que parvadas...
...cada un demostra o que é...e ti ou es parvo ou sordo!! (cego), así que prefiro que sexa q non te diches de conta...
un saúdo...e a ver se fas un esforzo por entender q aqui, po-lo menos eu, non é unha batalla...estmos a falar da mesma sociedade...
E por certo Gaviota, repito a pregunta que te fixen antes (que xa vexo que ti sáltaste o que máis te interesa).
Onde estabas ti queixandote cando a TODOS OS GALEGOFALANTES nos quitaban tódo-los dereitos ata fai ben pouquiños anos?, nin educación, nin administración..nin nada!. ONDE ESTABAS?...
.-REGODEANDOTE!!!!!-.
É horroroso. Agora para calquera traballo(banca, comercial, fileteador de peixe, peón de canteira, asistente de dirección, azafata de congresos) exíxente saber galego, esa lingua tan difícil. Ademais tamén as mulleres traballan, en vez de estar na casa cosendo, polo que o paro se duplica. Con Franco que bien estábamos. Menos mal que Rajoy va a hacer el inglés obligatorio y empezaremos a estudiar chino, según dijo. Espero que mande también a las mujeres para casa, que quieren imponen que puedan trabajar
jajaja...como "avanza" o mundo non arzaya?
Por certo, o listo de Rajoy (e mira q é da miña cidade), propón (como tb fixo Aznar), "liberalizar todo el suelo", pra baixa-lo prezo...
...e iso, que me toca no meu campo profesional, podo dicir que é UNHA BURRADA...
Soa moi ben, pero logo é un arma pra a "libre especulación" co chan...
Co ben qeu estabamos co caudilliño do Ferrol...
como era a frase?: "no seas bárbaro habla castellano" ou algo así non? e moitas outras q pra a nosa desgraza, durante 40 anos...se meteron na cachola da xente...
e estes señores da RAE teñen os ovos de dicir qeu isto e peor que aquilo, pq o galego non ten tantos falantes como o castelán????
(QUE OVOS!!!)
e dicir...a única língua lexítima de se impor é o Chino...é o unico que pode falarse tanto na china como no resto...pq é menos delito impoñer unha fala de 1500mill. que unha de 400mill...
(que burros que son!!!!)
Quixera comentar que o feito dos pais pediren que os seus fillos reciban as clases en castelán maioritariamente e cousas similares nas que expresan a súa vontade de preferir o castelán sobre o galego non é outra cousa que consecuencia da alfabetización que sempre tivo todo o mundo, e incluso os galegofalantes, en castelán, ademais da educación que sempre se deu da superioridade do castelán sobre o galego.
¿Decisión democrática a de eses pais? Non. Condicionada. Se esa pregunta se lles tivese feito no século XV, cando aínda o castelán non estaba implantado realmente en Galiza, aínda estando xa Galiza dependendo e formando parte do reino de Castela, a resposta houbese sido a contraria, o mesmo incluso que se esa dobre opción se houbese dado no século XIX eu penso que tamén os pais se decantarían polo galego. Xa sabemos que neses tempos a escolarización era só para unha minoría, mais eu dígoo para entendérmonos.
O caso é que nunca se deu a opción aos galegos para elixiren formar un país propio, coa súa personalidade, nin para decidiren como pobo se se quería formar parte do estado español, con orixe en Castela, ou non. A lingua castelá, que é hoxe a lingua nai de moitos galegos, ten a súa orixe na imposición. Os galegofalantes de hoxe, que seguen a ser maioría, elixen o castelán, forzando o que para eles sería o natural e máis fácil, que é falar, escribir e estudiar en galego, porque pensan que é a maneira de prosperar na vida. Por ignorancia inducida ao longo de anos e séculos.
O castelán fíxose lingua oficial en Galicia nun momento dado, desprazando ao galego cada vez máis, e iso nunca dependeu dunha decisión libre nin non libre dos galegos, que antes falaban exclusivamente galego.
Todo país ten dereito a que o seu pobo prospere na vida, se desenvolva con normalidade e viva sen complexos no seu propio idioma.
E, por certo, sabendo galego, sábese portugués, pódese un entender con moitos millóns de persoas, non só na península mais tamén noutros continentes.
coido q uns 250mill de habitantes...forman o mundo lusófono.
Pero se o tema é que se ten que impor o castelán por ser máis e ter máis poder...nese caso o castelán tamén estaría en vias de extinción. Pois o Inglés, ten máis falantes e sobretodo moitísimo máis poder. O chinés e o indio tamén teñen moitisimos máis falantes, e segundo van as cousas terán moito máis poder...
Asi que ese xogo "globalizador" e ultraliberal...soamente leva o ocaso das culturas...a unha tiranía mundial...etc