Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito do naval-metal

A patronal non acode á mesa de diálogo e os traballadores ocupan a Delegación da Xunta

ASIME escusou a súa ausencia da xuntanza da mañá alegando que os cortes no tráfico impediron aos seus representantes acceder ao centro de Vigo.

Redacción - 12:00 15/05/2007
Os manifestantes cortaron os accesos a Citroën, este luns

Os manifestantes cortaron os accesos a Citroën, este luns

Os traballadores do naval de Vigo, en folga dende o 3 de maio, ocuparon na mañá desta terza feira a Delegación da Xunta na cidade, logo de que a patronal escusase a súa presencia na xuntanza prevista para a mañá.

A razón esgrimida polos membros da Asociación de Industriais Metalúrxicos, ASIME, foi a imposibilidade de chegar ao lugar da reunión debido aos cortes no tráfico provocados polos folguistas.

A autoestrada AP-9, dende a última saída da cidade, rexistrou retencións de até seis quilómetros, segundo informaron fontes da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra.

Os traballadores en folga cortaron todos os accesos á Vigo procedentes da autoestrada, así como as entradas a Isaac Peral e á Avenida de Bos Aires. Ademais, tamén se rexistraron retencións na zona de Teis e de Beiramar.


4,83/5 (6 votos)

Comentarios (2)

Anxo #1 15/Maio/2007 Anxo

A esta nova faltalle un detalle, e que os manisfestantes entraron nas dependencias da Xunta, destrozando instalación e lanzando miles de papeis, e expedientes polas fiestras, incluso chegaron a prenderlles lume. Páreceme mal que non se informe de este detalle, e creo que os dirixentes sindicais deberían dar a cara ante este o outras manisfestacións que nada teñen que ver coas suas reivindicacións, e non se escuden en que son feitos aillados e que eles non poden controlar a xente, posto que este feito e moi grave posto que se eliminaron papeis oficiais que xa non son recuperables, e alguén debe de pagar as consecuencias, chámese traballador, representante sindical ou como queiran. Non creo que a radicalización das protestas lles dea nin máis razón, nin máis apoio, nin creo e penso que non deberían conseguir nada con ese tipo de actitud, ainda que por desgraza seguro que o consiguen. O meu apoio a todos os cidadans de Vigo e comarca que teñen que sufrir este tipo de manifestacións violentas e sen sentido algún.

Barcelos #2 15/Maio/2007 Barcelos

Hai que saber esperar Anxo. A túa noticia xa chegou. Con atraso. 5h30' pero chegou. É que cos cortes de tráfico foi imposible que chegase antes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: