Céntrase na vida de cinco menores de 30 anos que medraron aprendendo galego na escola e escoitándoo na televisión.
Coido que xa é tempo de que espallemos unha idea elemental sobre o noso idioma: a lingua galega, coma calquera outra, son cartos, é economía, é capital social e crematístico de presente e -como non!!- de futuro. A pervivencia, proliferación e expansión da lingua galega achegará máis beneficios económicos para a nación e os seus habitantes. Pero o caso é que aínda hai moito pequeno, mediano/a e grande empresario/a que segue coa súa asneira da castra e doma, de non querer entender o máis que obvio: o galego elimina a subsidiariedade e a dependencia e, xa que logo,outórganos máis poder económico e, en consecuencia, máis poder político e máis poder social. A ver logo? É util ou non sermos galegofalentes?