Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

O fillo do alcalde de Ourense e a súa secretaria tamén fixeron censos múltiples nos seus domicilios

Logo de facerse público que o propio alcalde censara 16 persoas na súa casa, coñécese agora que o seu fillo e secretaria persoal censaron cando menos sete persoas cada un.

EP - 09:00 23/05/2007

Segundo puido saber Europa Press, o fillo do alcalde e candidato do PPdeG na cidade de Ourense, Enrique Nóvoa Fernández, ten empadroados nunha vivenda que posúe na cidade de Ourense, situada no ámbito do Pavillón dos Remedios, a sete persoas. Pola súa banda, a secretaria do alcalde, Noelia Pérez López, que acaba de obter unha praza nas últimas oposicións convocadas polo Concello de Ourense, tamén ten censadas na súa casa na cidade de Ourense a outras sete persoas. Trátase nos dous casos de persoas cuxos apelidos non evidencian unha vinculación familiar de consaguinidade.

Enrique Novoa alegou que o seu fillo está empadroado na vivenda dos seus pais, situada na parroquia de Cudeiro, e que ten o piso alugado ás persoas que figuran como censadas no piso propiedade do mozo. Este martes, o diario El País publicaba que nesa casa que posúe Enrique Nóvoa en Cudeiro están censadas 16 persoas. O alcalde xustificouno dicindo que el "é moi familiar" e a súa é "unha familia moi tradicional", polo que todas esas persoas forman parte do seu núcleo máis íntimo. "Ningún deles é un okupa", ironizou.


4,36/5 (11 votos)


Comentarios (4)

rosinha #1 23/Maio/2007 rosinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

eu pensaba que isto só pasaba na arnoia e mira ti...

xoca #2 23/Maio/2007 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O problema non é que censen a milleiros de persoas nos seus domicílios, vamos que fagan trampas. O problema é que a xente sexa complice deles de xeito tan inocente, ten razón o alcalde de Xativa en chamarlles burros as narices e que lle aplaudan.
Non comprendo como non se penaliza xudicialmente este tipo de actuacións fraudulentas e non só a quen censa, senón a que se deixa censar.

xoca #3 23/Maio/2007 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ourensán, Espavila coño!

moledo #4 23/Maio/2007 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom, se os inquilinos esses fosem oKupas já estavam desalojados à força. Xoca leva toda a raçom.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: