Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: fraude

30/Abril/2008 /

Emprego transfronteirizo: sinistralidade laboral e viaria, salarios fóra de convenio e longas xornadas

A iniciativa europea na que colaborarán Galiza e o Norte de Portugal, despregará un servizo de inspección conxunta que elimine a fraude actual no fluxo de traballadores.


7/Marzo/2008 /

Retiran do 'top' de YouTube un vídeo que se convertera no máis visto de xeito fraudulento

O clip, montado por un afeccionado, recibira máis de 4 millóns de visitas nun día.


15/Xaneiro/2008 /

A Irregular Certificación Forestal baixo estándares FSC de NORFOR, unha fraude que crece

A Asociación pola defensa da Ría ven de remitir á dirección executiva do sistema de certificación forestal do FSC (Forest Stewardship Council) o seu rexeitamento ao resumo público do informe da auditoría realizada pola súa propia entidade de certificación, ASI (Acreditation Service International) para comprobar as malas prácticas, opostas aos estándares do sistema, que realiza a empresa forestal filial de ENCE, NORFOR, que se atopa en posesión do certificado de xestión forestal sostible do FSC. Estas malas prácticas veñen sendo denunciadas por organizacións ecoloxistas dende que se concedeu o selo e supoñen unha xestión forestal claramente insostible a nivel ambiental, económico e social.


7/Xaneiro/2008 /

As grandes webs témenlle aos 'okupas' da rede

Os erros ortográficos dos usuarios ao escribir os nomes das páxinas fan que moitas webs suplanten os dominios dos grandes e tiren beneficio diso.


3/Decembro/2007 /

Putin mantén o control en Rusia entre denuncias de fraude

A formación Rusia Unida, de Vladimir Putin, conseguiu cando menos o 63% dos votos, segundo os primeiros datos. As eleccións son cualificadas desde a oposición como "as menos democráticas desde a desaparición da Unión Soviética".


2/Outubro/2007 /

As inmobiliarias deberán crear listaxes de clientes sospeitosos

Para que o goberno estatal poida perseguir mellor as prácticas de branqueo, as inmobiliarias identificarán e etiquetarán os seus clientes. Agora só o fan o 4%.


31/Maio/2007 /

Denuncias de carretaxes "casa por casa" no rural

Agnam responde que a oposición "asustaba a xente na porta dos colexios electorais". Este tipo de denuncias repítense en todas as eleccións, tal e como mostrara Hai que Botalos


23/Maio/2007 /

Análise do MpDC: "preocupante" calidade democrática nos comicios municipais

Uso partidista de cartos públicos, sospeitosos enriquecementos, censos inflados, mortos que van á urna... Así o avalía o Movemento polos Dereitos Civís.


23/Maio/2007 /

Medio cento de persoas censadas nunha estación de tren e en vivendas abandonadas de Ribadumia e Arbo

O PSdeG anunciou a presentación de denuncias na fiscalía por presunta fraude nos censos municipais destas localidades.


23/Maio/2007 /

O fillo do alcalde de Ourense e a súa secretaria tamén fixeron censos múltiples nos seus domicilios

Logo de facerse público que o propio alcalde censara 16 persoas na súa casa, coñécese agora que o seu fillo e secretaria persoal censaron cando menos sete persoas cada un.


2/Maio/2007 /

"Debería modificarse axiña a lei, porque o voto emigrante manipúlase con moita facilidade"

O fiscal responsábel da investigación sobre irregularidades avisa de que o sistema permite que se reproduzan "vellas fórmulas trasnoitadas, como o caciquismo".


22/Abril/2007 /

A violencia e a sombra da fraude marcan as eleccións en Nixeria

O observador da Unión Europea, Max van den Berg, asegura que a súa valoración da xornada electoral deste sábado é “claramente negativa”.


Axencia Tributaria
16/Abril/2007 /

Anticorrupción investiga unha fraude millonaria na Estrada

Unha empresa informática está acusada de estafar 300.000 euros a Facenda e de deixar débedas millonarias no municipio.


4/Abril/2007 /

Advirten dunha "trama" na Deputación de Ourense para o manexo de fondos da UE

O grupo local do BNG en Arnoia presentou denuncia contra o alcalde deste concello e vicepresidente da Deputación ourensá, Roxelio Martínez, por presunto delito de fraude.


3/Abril/2007 /

Facenda apañou 408 millóns co plan antifraude

A débeda tributaria atopada en Galiza no sector inmobiliario chegou aos 40,3 millóns de euros.