Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Dende as 17.00 horas declara o patrón maior

O metaneiro chega a Reganosa e a tensión trasládase aos xulgados ferroláns

Máis de trescentos veciños e mariscadores concéntranse para apoiar a Bernardo Bastida, baixo un amplo dispositivo policial. O Mourad Didouche chega a Reganosa escoltado por terra, mar e aire.

Redacción - 17:30 30/05/2007

Finalmente, o buque metaneiro Mourad Didouche conseguiu entrar na ría de Ferrol no serán desta cuarta feira. Pasadas as 17.00 horas dispoñíase a amarrar no porto de Reganosa, namentres que uns trescentos veciños e mariscadores dirixíanse en manifestación cara aos xulgados.

A esa mesma hora estaba prevista a comparecencia de Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría de Ferrol, perante o xuíz. Un amplo cordón policial impediulles aos manifestantes achegárense até o lugar. Segundo a Radio Galega, houbo un amago de carga dos antidisturbios, e mesmo un cámara da TVE foi empurrado por un dos axentes.

O grupo de máis de trescentas persoas permanecen concentrados á espera de que ceiben a Bastida.

Por terra, mar e aire

O Mourad Didouche precisou dunha escolta marítima e aérea de tres patrulleiras, dúas lanchas e un helicóptero da Garda Civil para chegar o seu destino. Mentres, en terra, numerosos axentes da Policía impedíanlles aos mariscadores acceder ás súas embarcacións.


Ligazóns

5/5 (6 votos)

Comentarios (1)

baltar69 #1 30/Maio/2007 baltar69

qué fará esta nova clase política se hai un accidente algún día? tódolos que estén involucrados no asunto recoñeceranse culpabeis ou mirarán, como estamos sempre acostumados, cara outro lado. si a planta realmente non se acolle á legalidade, alguén debe respostar pola súa construcción e pola súa entrada en funcionamento. pero non respostar co caudal público, que ese tamén é meu; que o faga co séu propio.
eu ignoro os pormenores legais de este tipo de operacións, pero sí parece até certo punto perigoso que un producto tan volátil e de tanto poder calorífico se asente tan cerca das casas. parece que a anterior administración tirou para adiante e que esta non está por mollarse moito. de ahí que o máis sinxelo sexa darlle de paus os cidadáns. cambian as caras, pero non as formas. parafraseando a sánchez ferlosio, eu tamén empezo a estar xa hasta os huevos de estes políticos novos que o vello estado rezuma.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: