Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ante o posíbel descenso

Que farías se foses o presidente do Celta?

Collemos a cinco personaxes populares, que ademais che son Celtistas até o fin, e fómoslles preguntando qué farían se fosen presidentes.

Redacción - 16:30 08/06/2007
Tags:

Por un lado Julián Hernández, o líder dos Siniestro Total; por outro Manuel Bragado, o director xeral de Xerais; tamén a escaladora Chus Lago; o humorista gráfico Gonzalo; e o colaborador de FútbolGalego.net, Xosé Rei, son celtistas dende sempre, e están algo apenados -algúns- porque pode ser que o Celta vaia descender...

Un a un cóntannos qué farían eles de ser agora mesmo os presidentes e presidentas da equipa galega, e qué farían, se se chegase a producir o descenso, para arranxar as cousas e mailo futuro dos celestes, que, matematicamente, téñeno ben negro.

Julián Hernández: "Non sería presidente do Celta ni gharto de..."



Gonzalo Vilas: "Hai que comprar partidos... eu primaría a terceiros e mesmo a cuartos e vendería a maior parte dos xogadores"



Manuel Bragado: "O Celta xa está descendido e chegou a isto polo descoñecemento por parte da directiva, do equipo que tiñan"



Xosé Rei Otero: "Non sabe máis de fútbol Stoitchkov que Fernando Vázquez"



Chus Lago: "Ao haber moita xente de fóra, falta no equipo a paixón por xogar e gañar"


4,25/5 (4 votos)


Comentarios (15)

Barcelos #1 8/Xuño/2007 Barcelos

DIMITIR

Maeloc-do-Rouco #2 8/Xuño/2007 Maeloc-do-Rouco

Folgos ao Celta dum deportivista DE SEMPRE (nom sei se estamos nos moito milhor ca vos)...Por certo, ao que escreveu o artigo que repasse a colocazom pronominal "(...) que ademais son-CHE celtistas ate o fin (...)"...Desculpade a ausencia de tiles (escrevo dende Gales)...FORZA DEPOR! HALA CELTA! ADIANTE GALIZA!

OBSERVADOR #3 8/Xuño/2007 OBSERVADOR

Eu demitiria a todos os jogadores e contrataria só a galegofalantes que jogassem bem.

Barcelos #4 8/Xuño/2007 Barcelos

Só unha cousiña para o presidente do Celta. Probablemente, se non botase a Fernando Vázquez o Celta non estaría en Segunda.
Digo probablemente. En calquera caso, co mesmo resultado saíulle máis barato.

Xeonllo #5 8/Xuño/2007 Xeonllo

Bótase en falta que algunha vez houbese no Celta un presidente que fose de ideas máis ou menos nacionalistas ou de esquerdas. O habitual é que sexan empresarios e xente de dereitas, e xa sabemos que en Galiza de momento case toda a dereita é antinacionalista.

Se eu fose presidente do Celta faría un equipo baseado na canteira, fundamentalmente xogadores galegos e do norte de Portugal, deixando outras fichaxes para xogadores realmente interesantes e que aportasen o que non temos aquí, en Galiza. A base, da canteira, do país. Noutras palabras: xusto o contrario do que se ten feito ata agora e dende hai moitos anos.

O idioma oficial do clube sería o galego, ao xeito do Barça nese sentido. Unha cousa positiva si que se observa agora no Celta, aínda que pequena, e é que o director xeral do clube ou un nome parecido é galegofalante, fala galego polo menos sempre en público ou diante dos medios de comunicación, aínda que é un galego malo, ao estilo semicastrapo.

Xeonllo #6 8/Xuño/2007 Xeonllo

Mais ese é un problema que existe practicamente igual en todos os principais equipos galegos: Deportivo sobre todo.

Barcelos #7 8/Xuño/2007 Barcelos

Se lestes a entrevista que lle fixeron a Arsenio Igrexas en La Voz de Galicia do domingo pasado día 3, veredes que tíos como este son os que se botan en falta nos equipos galegos. E a entrevista saíu en castelán aínda que Arsenio contestase en galego.
Como bo raposo de Arteixo que é, dio todo aínda que pareza que non di nada.

xoca #8 9/Xuño/2007 xoca

Metelos a todos nun barco e a faenar bacallao

eugalego #9 9/Xuño/2007 eugalego

Eu som socio do Celta dende os 12 anos (1992). Habia que botar a pancadas nom a esses presidentes, a esses mafiosos e especuladores. O ex-alcalde de Nigrao, Rodriguez Millares, esta envolto em causas xudicias por especulaçom, e empresarios achegados a el participarm em actos de violencia terrorista contra concelleiros do BNG (queima da casa, destruiçom do carro...).
Som todos um atalho de fachas. Eu sufrim ameazas por parte de "gorilas' de Horacio Gomez.
Falando desportivamente, o Celta B leva varias tempadas consecutivas em Segunda B, e um autentico Arsenal pra primeira equipa, e nom esse atalho de folgazans, monicreques e perdedores que formam o plantel.
Habia que botar a: Pinto, Placente, Tamas, Nene, Canobbio, Pablo Garcia, Iriney e mais.
E umha vergonha que a direcçom sexa espanholista, cando os siareiros somos nacionalistas.

POR GALIZA, POLO CELTA.

serbia #10 9/Xuño/2007 serbia

como afecionado do Celta non me preocupa tanto o descenso (porque son cousas que poden pasar) senón que teñamos un adestrador sen experiencia adestrando (agás ao equipo nacional de Bulgaria por ser quen é)e organizando o equipo en Segunda....
Porén, o Celta é un club que usa o galego (na megafonía do estadio eu nunca escoitei castelán)pero quizais debería investir máis na canteira e iso leva un tempo e uns esforzos que parte dos siareiros (os mesmos que criticaban a Vázquez por ser de Castrofeito) non darían aturado.

Xeonllo #11 9/Xuño/2007 Xeonllo

O problema no fútbol igual que noutros aspectos da vida hai falta de preparación na xente. A xente entende pouco de fútbol. Os directivos tamén.

En xeral, a actitude da xente e irreflexiva e aborregada, mais no fútbol galego xa está dabondo de practicaren unha política de parches, de remendos e de talonario, co cal se alimenta unha débeda e no deportivo non se pode soster un bo equipo máis alá de dúas ou tres temporadas.

Non viría mal poñer unha norma interna en equipos como o Celta e o Deportivo que consistise en que obrigatoriamente no plantel de xogadores tivese que haber como mínimo a metade máis un de xogadores galegos. Maioría absoluta.

Coido que sería moi san e beneficioso para eses clubes. Ao mellor non tanto para o medre económico persoal de máis de un directivo ou membro do consello de administración dos clubes...

Xeonllo #12 9/Xuño/2007 Xeonllo

Perdón, "aborregar", igual que "borrego", non é palabara galega.

chou #13 9/Xuño/2007 chou

Gardar a Fernando Vázquez, comezar a traballa-la canteira de verdade, e o cumio, facer un proxecto serio a longo prazo, pra voltar a primeira garantendo a estabilidade.

A2b2 #14 10/Xuño/2007 A2b2

Despedir aos mercenarios e facer unha equipa de xogadores galegos.

Gaviotero #15 12/Xuño/2007 Gaviotero

Pedirle subvenciones a la Xunta.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: